Lei de Dependencia: Solicitude e Valoración de Grao de Dependencia

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

A Lei 39/2006 de promoción da autonomía persoal e atención ás personas en situación de dependencia (Lei de Dependencia) ten por obxecto regular as condicións básicas que garantan a igualdade no exercicio do dereito subxetivo de cidadanía á promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, nos términos establecidos nas leis, mediante a creación dun Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, coa colaboración e participación de todas as Administracións Públicas e a garantía pola Administración Xeral do Estado dun contido mínimo común de dereitos para todos os cidadáns en calquera parte do territorio do Estado español.

O Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia responderá a unha acción coordinada e cooperativa da Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas, que contemplará medidas en todas as áreas que afectan ás persoas en situación de dependencia, coa participación, no seu caso, das Entidades Locais.

A quen está dirixido

1. Son titulares dos dereitos establecidos na presente Lei os españois que cumpran os seguintes requisitos:

a) Atoparse en situación de dependencia nalgún dos grados establecidos.

b) Para os menores de 3 anos estarase ao disposto na disposición adicional decimoterceira da Lei de Dependencia.

c) Residir en territorio español e habelo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Para os menores de cinco anos o periodo de residencia esixirase a quen exerza a súa garda e custodia.

2. As persoas que, reunindo os requisitos anteriores, carezan da nacionalidade española rexeranse polo establecido na Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Para os menores que carezan da nacionalidade española estarase ao disposto nas Leis do Menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.

3. O Goberno poderá establecer medidas de protección a favor dos españois non residentes en España.

4. O Goberno establecerá, previo acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, as condicións de acceso ao Sistema de Atención á Dependencia dos emigrantes españois retornados.

Como facelo

Presencialmente

Cubrindo a solicitude e entregándoa, xunto coa documentación requerida, nas seguintes direccións:

Delegación Provincial da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar:

S.A.A.D. (Servizo de Atención de Axuda a Dependentes)

Rúa Concepción Arenal nº 8, Vigo

Teléfonos: 986 817 648 ; 986 817 649

Traballadora social de referencia dos servizos públicos (Unidade de Traballo Social ou Centro de saúde correspondente)

Consulte que Unidade de Traballo Social (UTS) lle corresponde.

Direccións e Teléfonos das UTS

A solicitude pódese descargar nesta mesma páxina (na sección de documentación requerida) ou pedila na Unidade de Traballo Social (UTS) que lle corresponda por domicilio.

Prazos

Durante todo o ano.

Documentación requirida

  • Fotocopia compulsada do DNI / Pasaporte do solicitante
  • Fotocopia do libro de familia
    No caso de menores de idade.
  • Certificado de Empadroamento
    Acreditativo de residencia da persoa solicitante. No que conste a súa residencia en territorio español durante, alomenos, cinco anos, dous dos cales deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
  • No caso de que o solicitante actúe a través de representante legal, deberá achegarse:
    • Declaración xurada de gardador de feito no modelo que se xunta, se é o caso.
    • Copia compulsada da sentenza de incapacitación legal e nomeamento de tutor/representante legal (se é o caso)
    • Fotocopia compulsada do DNI/NIE/Pasaporte do representante legal ou gardador de feito
  • Certificado positivo ou negativo da pensión/s que percibe o/a solicitante
  • Copia compulsada da declaración da renda e patrimonio
    Ou documento acreditativo de non estar obrigado a facela (Certificado de imputacións).
  • Certificado de discapacidade
    Expedido pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, se é o caso.

Observacións

- No caso de que o solicitante actúe a través de representante legal deberá achegar acreditación da representación legal mediante fotocopia compulsada da sentenza que a declare, ou no seu caso modelo de declaración de gardador de feito.

- Durante o ano 2007 só se farán efectivas as axudas no grado de Gran Dependencia.

- Recoméndase ler detidamente a lei 39/2006 de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e concretamente os artigos:

Artigo 4. Dereitos e obrigacións das persoas en situación de dependencia.

Artigo 14. Prestacións de atención á dependencia.

Artigo 18. Prestacións económica para coidados na contorna familiar e apoio aos coidadores non profesionais.

Artigo 19. Prestación económica de asistencia persoal.

Artigo 26. Grados de dependencia.

Lexislación relacionada

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.