Convocatoria para a presentación de proxectos para o Programa Municipal de Escolas Deportivas 2019-2020
Resolución: Durante o mes de Xullo comunicarase a todas as entidades a resolución definitiva da sua solicitude.
A quen está dirixido
A quen está dirixido A todas as entidades que queiran introducir as suas escolas deportivas no Programa Municipal de Escolas Deportivas.Requisitos mínimos dos Proxectos Educativos: Identificación da Entidade Deportiva SolicitanteNome da Entidade. Domicilio, teléfono, e-mail, cif.Datos do presidente e cargos responsables da entidae.Datos de referencia da Entidade (ano de creación, nº de deportistas, equipos e póliza de responsabilidade civil da entidade) Proxecto da Escola Deportiva na modalidade deportiva que pretende desenvolver, cos seguintes apartados: Obxectivos a desenvolver na escola deportiva. Especificación dos contidos a desenvolver ó longo do curso, distribuídos por idades e categorías. Metodoloxía de traballo, procesos de avaliación, etc.Solicitude de instalacions, horarios e días para a actividade ou descripción da dispoñibilidade de medios propios.Persoal titulado que desenvolverá o programa docente, e que asina o proxecto docenAtoparse ó corrente coas obrigas tributarias da Seguridade Social, Axencia Tributaria, a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Enviando a documentación requirida a través do rexistro xeral do Concello.
Prazos
Todas as solicitudes deben de presentarse no Rexistro do Concello dende o 20 de maio ata o 10 de xuño (inclusive).
Documentación requirida
- Solicitude para o Programa Municipal de Escolas Deportivas 2019-2020 É obrigatorio presentar todos os anexos cubertos. O anexo 1.2 pódese sustituir por un proxecto propio da Entidade deportiva que inclúa todos os aspectos básicos.
Oficinas
- Servizo Municipal dos Deportes
Avda. de Castrelos 1
Horario: De 8:30 a 13:00 horas do 1 de Xuño ata o 31 de Agosto.
De 9:00 a 14:30 horas o resto do ano.
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo