Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller
Servizo de información e asesoramento as mulleres no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral desde unha perspectiva de xénero, desenvolvendo ao mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás víctimas da violencia. O CMIDM é atendido por unha psicóloga, unha traballadora social, unha avogada e unha auxiliar administrativa. É a vía de entrada á Casa de Acollida para Mulleres Maltratadas de Vigo, así como ao Servicio de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI).
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Para acceder aos diferentes programas deberá poñerse en contacto co centro para solicitar unha cita.
Presencialmente
Para acceder aos diferentes programas deberá poñerse en contacto co centro para solicitar unha cita.
Observacións
Programas Xerais:
- Programas de información e asesoramento xurídico, social e psicolóxico.
Programas dirixidos a mulleres vítimas da violencia:
- Programa de asistencia psicolóxica especializada: Asesoramento, intervención en crise, terapia individual, terapia de parella, terapia grupal e terapia familiar.
- Programa de asesoramento e apoio social: Acollemento, busca de vivenda, asesoramento en recursos e solicitude de prestacións económicas, escolarización e coidados das fillas/os, recursos e apoio social, saúde.
- Programa de asistencia para a integración laboral: Dirixido ás usuarias e ex-usuarias da Casa de Acollida.
- Programa de asesoramento e asistencia xurídica: Asesoramento en todo tipo de consultas penais e de dereito e de familia. Asesoramento e seguimento nos procesos penais e de familia. Asistencia nas xestións xurídicas que procedan.
Oficinas
- Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller
C/ Romil 20
36203 Vigo
Teléfono: 986 293 963
Fax: 986 201 153
Email: info.muller@vigo.orgHorario: De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
O xoves ademáis de 17:00 20:00 horas.
Trámites relacionados
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo