Bonificación do 90% ou 50% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e Exención da Taxa de Recollida de Lixo Vivendas por Familia Numerosa

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Terán dereito a unha bonificación do 90% ou 50% da cota íntegra do imposto os suxeitos pasivos –pai, nai ou titor- titulares de familia numerosa, relativa á vivenda que constitúa a residencia habitual da familia.

A quen está dirixido

Pai, nai ou titor titulares de familia numerosa, respecto á vivenda que constitúa a residencia habitual da familia e sempre e cando cumpran a seguintes condicións:
a) Se os importes brutos anuais dos membros da familia numerosa, no exercicio fosen inferiores a 6.223 €, a bonificación será do 90%.
b) Se os ingresos estiveran entre 6.224 € e 7.955 €, a bonificación será do 50%.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Presencialmente

Cubrindo a solicitude en documento regulamentado e entregalo, xunto coa documentación requirida, nas oficinas do I.B.I.

Prazos

Esta bonificación concederase para cada exercicio, debendo solicitala os suxeitos pasivos antes do 31 de xaneiro do exercicio en que deba surtir efectos.

Documentación requirida

  • Fotocopia do DNI (do suxeito pasivo)
  • Título de Familia Numerosa
    Vixente a 1 de xaneiro do ano do que deba surtir efectos a bonificación. (Fotocopia).
  • Resolución da Xunta de Galicia respecto do grado de discapacidade, e caracter deste (provisional ou definitivo) dos menores de 25 anos (Fotocopia)

Oficinas

  • Oficina do I.B.I.

    Concello de Vigo
    Administración de Tributos - Departamento de I.B.I.
    Planta Baixa
    Praza do Rei 1
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 116

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.