Autorización Municipal do Servizo de Transporte Escolar para o curso 2016-2017
De conformidade co disposto no artigo 3 da Ordenanza Municipal reguladora do transporte regular especial de uso escolar, os titulares das empresas de vehículos dedicados á realización do servizo de transporte escolar dentro do casco urbano, antes do comezo do próximo curso 2016-2017 (setembro 2016), deberán dispoñer da oportuna autorización municipal.
A quen está dirixido
Titulares das empresas de vehículos dedicados á realización do servizo de transporte escolar dentro do casco urbano.
Como facelo
Presencialmente
Entregar a solicitude xunto coa documentación requerida no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Prazos
Ao fin de poder tramitar todas as autorizacións a tempo, antes do comezo do curso, concédese un prazo de 10 días desde a publicación do Bando correspondente.
Documentación requirida
- Impreso de Solicitude Xeral do Concello de Vigo Deberá incluir os seguintes datos:
- Datos identificativos do propietario do vehículo (razón social).
- Relación de centros escolares para os que desexe prestar o servizo.
- Relación de vehículos que, con carácter principal ou suplente, pretenda adicar á prestación do servizo, con indicación de marca, número de bastidor e matrícula de cada un dos vehículos obxecto da solicitude e permiso de circulación dos vehículos a nome do solicitante da autorización dos transportes, ou título que, segundo o establecido no art. 48.1 do Regulamento de Ordenación do Transporte Terrestre, outorgue a disponibilidade sobre este.
Todo isto de acordo co establecido no Real Decreto 443/2001, do 27 de abril, vixente na data deste bando.
- Fotocopia compulsada da Tarxeta de Inspección Técnica (ITV)
Acreditativa de que os vehículos teñen pasadas as revisións regulamentarias e cumpren as prescricións legais vixentes relativas ao transporte escolar.
- Fotocopia compulsada da Póliza de Seguros de Responsabilidade Civil Ilimitada e do Seguro Complementario e recibos actualizados
Polos danos e prexuízos que poidan chegar a sofrer as persoas transportadas, derivados do uso e circulación dos vehículos destinados a esa forma de transporte.
- Certificado da entidade contratante
Que acredite os itinerarios e paradas a realizar, que haberán de axustarse ás que foron aprobadas e figuran como Anexo I da devandita Ordenanza.
- Croquis esquemático nun plano a escala 7:500 (doblando o formato UNE A-4)
Onde se identifique o itinerario e as paradas propostas entre as contempladas no Anexo I da Ordenanza Municipal reguladora do transporte regular especial de uso escolar.
- Declaración xurada da empresa de transportes, asumindo o compromiso da presencia dun acompañante nos vehículos que transporten menores, nos casos que establece o Real Decreto
- No seu caso
- Certificado da Delegación de Transportes da Xunta
Poderá sustituirse a presentación da Tarxeta de ITV, da póliza de Seguros e do Permiso de circulación de cada vehículo, por un certificado da Delegación de Transportes da Xunta de Galicia, no que se faga constar que os vehículos (relacionando as matrículas) son aptos para realizar servizos de transporte escolar.
- Certificado da Delegación de Transportes da Xunta
Observacións
- O transporte deberá realizarse de conformidade co disposto no Real Decreto 443/2001, do 27 de abril, sobre Condicions de seguridade no transporte escolar e de cativos, na sua redacción de 6 de setembro de 2006, vixente na data deste Bando.
- Calquera dúbida pode ser consultada no Servizo de Transportes.
Oficinas
- Servizo de Transportes
Concello de Vigo Praza do Rei 1. 36202 Vigo. Teléfono: 986 810 353
Horario: De 9 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Lexislación relacionada
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo