Xunta de Galicia

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 23/01/2016 - 22/02/2016.

    Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Xunto co formulario de solicitude, deberá anexarse a seguinte documentación:
      a) Memoria explicativa do proxecto, no modelo que se publica como anexo II, e que deberá facer referencia, de xeito obrigatorio, aos seguintes aspectos:
      Descrición do proxecto, que inclúa unha enumeración detallada de cada unha das accións que o compoñen e atenda aos distintos tipos de programas onde se enmarcan as ditas accións.
      Cronograma completo do proxecto indicando a data de inicio e fin prevista de cada unha das accións propostas.
      Actividades, sectores e ámbito territorial nos que se pretende actuar. Para o caso de que o programa inclúa a atención de colectivos procedentes de expedientes de regulación de emprego de carácter extintivo, deberán detallarse a/as empresas afectadas e a forma de selección e perfil do colectivo a atender.
      Relación actual de medios materiais e recursos humanos, propios, dos que dispón o solicitante, na que se especifiquen as condicións daqueles, o seu historial formativo e laboral, e as súas capacidades, con indicación dos que se van afectar para levar a cabo as accións propostas.
      Cando os medios materiais destinados ao proxecto non sexan propiedade da entidade promotora, deberá acreditarse, no momento de formalizar a solicitude, a súa disposición de uso.
      Experiencia da entidade solicitante en actuacións de acompañamento da inserción laboral e mellora da ocupabilidade das persoas demandantes de emprego.
      b) Documentación acreditativa da personalidade xurídica da entidade solicitante. No suposto de tratarse dunha agrupación de concellos, constituída a traves dun convenio de colaboración, deberán achegar unha copia do dito convenio.
      c) Acreditación do apoderamento suficiente e subsistente da persoa que actúe en nome e representación da entidade solicitante.
      d) Copia do NIF da entidade solicitante no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
      e) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: copia do convenio de colaboración, memoria explicativa da realización conxunta do proxecto con indicación das achegas económicas e doutra índole dos concellos agrupados, o importe da subvención a aplicar a cada un deles, así como o nomeamento do representante ou apoderado único da agrupación, de acordo co esixido no artigo 8.3 in fine da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
      Forma parte da solicitude a declaración responsable que se conten na mesma e que fai constar os extremos seguintes:
      Cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, incluído o de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou non ter pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
      Conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
      A veracidade da documentación presentada xunto coa solicitude e que a entidade solicitante se obriga a presentar ante a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, previa petición da mesma, a documentación acreditativa dos extremos a que se refire a presente declaración responsable.
    • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites más comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN LABORAL
    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545292Fax: 981545765

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
    15008Coruña, A
    Teléfono: 881881597Fax: 881881576

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, 79, 6º
    32071Ourense
    Teléfono: 988386828Fax: 988386829

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª
    36201Vigo
    Teléfono: 986817685 / 986817632Fax: 986817010

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70
    27071Lugo
    Teléfono: 982294241Fax: 982294282

    Versión en formato PDF

    As subvencións reguladas na presente orde terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego con intermediación laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante un período de 12 meses, facilitándolle as ditas persoas os recursos e ferramentas que melloren a súa empregabilidade, os active laboralmente e lles proporcione competencias transversais que incrementen as súas posibilidades de inserción laboral.
    Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral aqueles proxectos que combinen accións de diferente natureza, tales como:
    a) Información, orientación e asesoramento.
    b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
    c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
    d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
    e) Fomento da capacidade emprendedora.
    f) Prospección empresarial.
    g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
    h) Formación para o emprego, distinta á prevista na letra b).
    i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico práctico das accións formativas.
    l) Mobilidade laboral.
    m) Todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.
    Nestes programas incluiranse de xeito obrigatorio accións de carácter formativo e de intermediación laboral e estableceranse obxectivos cuantitativos de inserción laboral das persoas demandantes de emprego participantes neles.
    Distínguense dous tipos de programas.
    A) Programas integrados para o emprego, en xeral:
    Todas as persoas participantes neste tipo de programas deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
    O número mínimo de persoas a atender será de 60 e o máximo de 120. O obxectivo de inserción laboral deberá ser, polo menos, do 30 por cento das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do programa.
    B) Programas integrados específicos para persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia (RISGA).
    Todas as persoas participantes neste tipo de programas deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e ademais beneficiarias titulares da renda de integración social de Galicia.
    O número mínimo de persoas desempregadas a atender será de 50 e máximo de 100. O obxectivo de inserción laboral deberá ser, polo menos, do 25 por cento das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do programa.
    O Servizo Público de Emprego de Galicia seleccionará, coa participación da entidade beneficiaria, e mediante un procedemento de selección específico para estes programas regulado mediante instrución, ás persoas demandantes de emprego dispoñibles para a súa incorporación aos mesmos, tendo en conta que non poderán ser seleccionadas aquelas persoas que xa participaran nun programa integrado de emprego ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2014 (convocatoria 2015-2016).
    As persoas finalmente seleccionadas serán identificadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e non poderán participar noutras medidas activas de emprego que se consideren incompatibles coa participación en programas integrados para o emprego.
    Con carácter xeral, consideraranse persoas atendidas aquelas nas que se acredite a súa participación en, cando menos, cinco sesións individuais e outras tres accións de distinta natureza, das previstas no proxecto. As ditas sesións, deberán ser distribuídas regularmente ao longo do período de desenvolvemento das accións do programa.
    Con carácter xeral, considerarase inserción laboral das persoas atendidas cando, durante o prazo de 12 meses de execución do programa, sexan contratadas por conta allea por unha duración non inferior a tres meses ou inicien, durante este mesmo prazo ou dentro dos tres meses inmediatamente posteriores, unha actividade por conta propia ou formando parte como socios traballadores ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, por unha duración non inferior a seis meses. Non obstante, na correspondente resolución de concesión poderase adecuar a definición desta inserción por conta allea, en función de circunstancias como a actividade profesional que desenvolverá a persoa inserida ou a súa pertenza a colectivos de persoas desempregadas con especiais dificultades de inserción.
    Non computarán como inserción laboral:
    a) As contratacións que se produzan en calquera administración pública con cargo a subvencións de programas de políticas activas de emprego.
    b) A contratación das persoas participantes nos programas da propia entidade beneficiaria da subvención.

    Beneficiarios:

    As entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local, cuxa titularidade corresponda integramente á mesma, sempre que por si soas ou asociadas, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2015 superior a 500 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou a dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
    As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:
    a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención de acordo co previsto nesta orde e nos documentos de instrucións operativas que se porán a disposición das entidades beneficiarias na páxina web institucional da Xunta de Galicia no enlace (http://ceei.xunta.es/programas-integrados).
    b) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e pola Inspección de Traballo e Seguridade Social, e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Consello de Contas. Neste sentido deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
    c) Dispoñer de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específico da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións realizadas, para garantir a rastrexabilidade dos pagos e o seguimento da pista de auditoría. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
    d) Comunicarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
    e) Comunicar á Consellería de Economía, Emprego e Industria e á oficina de emprego correspondente os datos básicos das persoas desempregadas que se incorporan ao programa integrado, así como as baixas e as novas incorporacións a el, de acordo coas instrucións para a posta en marcha dos programas publicadas na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://ceei.xunta.es/programas-integrados).
    f) Asegurar os participantes contra accidentes, tanto para as accións formativas como no caso de realización de prácticas profesionais non laborais, quedando a Consellería de Economía, Emprego e Industria exonerada de calquera responsabilidade ao respecto. Será sempre sen franquía ou no seu defecto a carta de garantías deste, e terá polo menos a seguinte cobertura:
    ? Asistencia médica, farmacéutica e hospitalaria para calquera accidente acontecido durante o horario de desenvolvemento da formación ou das prácticas, incluíndo o tempo necesario para o desprazamento do participante desde a súa residencia habitual ao lugar de impartición ou desenvolvemento (o desprazamento deberá cubrir calquera medio de locomoción).
    ? Indemnización mínima de 30.000 euros por falecemento e mínima de 60.000 euros por invalidez permanente, derivadas ambas as dúas situacións dun accidente na empresa onde se realicen as prácticas e no desprazamento.
    O incumprimento total ou parcial de calquera das obrigas, condicións ou finalidades establecidas nesta orde, así como a falsidade comprobada en relación cos datos achegados para a súa obtención, orixinará, á vista da natureza e causas do incumprimento, a perda do dereito ao cobro ou o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora, nas condicións e de conformidade co establecido no título II (artigos 32 e seguintes) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do establecido no título IV (artigos 50 e seguintes) da citada lei e no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

    Requisitos:

    - Unha mesma entidade non poderá presentar máis dunha solicitude para cada tipo de programa dos regulados no artigo 3.1 desta orde.
    - Todas elas deberán acreditar experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento ás persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.
    - Non poderán ser entidades beneficiarias aquelas en que concorra algunha das causas expresadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia durante os anos 2016 e 2017 (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2016).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia durante os anos 2016 e 2017 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    1. As subvencións reguladas na presente orde terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de Lanzadeiras de emprego de Galicia no ámbito da Comunidade Autónoma e durante un período de 12 meses, facilitándolles ás ditas persoas os recursos e ferramentas que melloren a súa empregabilidade, as activen laboralmente e lles proporcionen competencias transversais que incrementen as súas posibilidades de inserción laboral.

    2. Enténdese por lanzadeiras de emprego aqueles proxectos con intermediación laboral que combinen accións de diferente natureza, tales como:

    a) Información, orientación e asesoramento.

    b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.


    c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.

    d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

    e) Fomento da capacidade emprendedora.

    f) Prospección empresarial.

    g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

    h) Formación para o emprego, distinta á prevista na letra b).

    i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico práctico das accións formativas.

    l) Mobilidade laboral.

    m) Todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.

    Nestes programas incluiranse de xeito obrigatorio accións de carácter formativo e de intermediación laboral e estableceranse obxectivos cuantitativos de inserción laboral das persoas demandantes de emprego participantes neles.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento das Lanzadeiras de emprego reguladas nesta orde as entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.

    Todas elas deberán acreditar experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento ás persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.

    Non poderán ser entidades beneficiarias aquelas en que concorra algunha das causas expresadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Requisitos

    1. Todas as persoas participantes neste tipo de programas deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

    O número mínimo de persoas que se van atender será de 60 e o máximo de 120. O obxectivo de inserción laboral deberá ser, polo menos, do 30 % das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do programa.

    2. O Servizo Público de Emprego de Galicia seleccionará, coa participación da entidade beneficiaria, e mediante un procedemento de selección específico para estes programas regulado mediante instrución, as persoas demandantes de emprego dispoñibles para a súa incorporación a eles tendo en conta que non poderán ser seleccionadas aquelas persoas que xa participasen nun programa integrado de emprego ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2014 (convocatoria 2015-2016) ou que participen ou participasen nun programa integrado de emprego ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015 (convocatoria 2016-2017).


    As persoas finalmente seleccionadas serán identificadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e non poderán participar noutras medidas activas de emprego que se consideren incompatibles coa participación no programa Lanzadeiras de emprego.

    3. Con carácter xeral, consideraranse persoas atendidas aquelas en que se acredite a súa participación en, cando menos, cinco sesións individuais e outras tres accións de distinta natureza, das previstas no proxecto. As ditas sesións deberán ser distribuídas regularmente ao longo do período de desenvolvemento das accións do programa.

    4. De xeito xenérico, considerarase inserción laboral das persoas atendidas cando, durante o prazo de 12 meses de execución do programa, sexan contratadas por conta allea por unha duración non inferior a tres meses ou inicien, durante este mesmo prazo ou dentro dos tres meses inmediatamente posteriores, unha actividade por conta propia ou formando parte como socios traballadores ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, por unha duración non inferior a seis meses.

    5. Non computarán como inserción laboral:

    a) As contratacións que se produzan en calquera Administración pública ou empresa pública con cargo a subvencións de programas de políticas activas de emprego.

    b) A contratación das persoas participantes nos programas da propia entidade beneficiaria da subvención.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN LABORAL

    SERVIZO DE PROGRAMAS MIXTOS

    Programas Integrados de Emprego

    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545945 / 881999629

    Órgano responsable

    Programas Integrados de Emprego

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 18 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de Lanzadeiras de emprego de Galicia durante os anos 2016-2017. (DOG nº 144 do 1 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Poderán ter a consideración de iniciativas de emprego os proxectos empresariais innovadores e xeradores de emprego promocionados e apoiados pola Xunta de Galicia ou por administracións locais de carácter territorial desta Comunidade Autónoma.
    As iniciativas de emprego poderán ser de dúas clases:
    -Iniciativas de Emprego Local (ILES).
    -Iniciativas de Emprego Rural (IER).

    A quen vai dirixido?

    Poderán solicitar a cualificación como iniciativa de emprego os promotores de proxectos empresariais e as empresas constituídas dentro dun prazo máximo de seis meses anteriores ao momento no que se formule a solicitude de cualificación, sempre que non iniciasen a actividade.

    Requisitos

    a) Proxectos empresariais, que reúnan condicións de viabilidade técnica, económica e financeira e xeren postos de traballo estables.

    b) Proxectos apoiados pola Xunta de Galicia ou por administracións locais de carácter territorial desta Comunidade Autónoma e que vaian ter a sede social e fiscal no seu respectivo territorio. Entenderase que unha Administración apoia o proxecto cando poña á disposición do promotor a achega de recursos económicos e/ou materiais tales como infraestructura ou servizos que favorezan a posta en práctica e/ou a xestión do negocio.
    Para o caso de que colaboren varias administracións nun mesmo proxecto, debe constar a forma de participación de cada unha delas, e a sede social e fiscal da empresa resultante terá que fixarse no territorio dalgunha das administracións colaboradoras.


    c) Proxectos nos que o cadro de persoal previsto, ao constituírse en empresa, non sexa superior a vintecinco traballadores.
    Excepcionalmente, cando concorran razóns de interese social para o desenvolvemento dunha actividade en zona determinada, poderán ser cualificadas como iniciativas de emprego proxectos que prevexan un cadro de persoal superior.

    d) Que se trate de empresa privada de nova creación.

    e) Que a producción de bens e servicios estea relacionada con actividades económicas emerxentes ou que, dentro dunha actividade tradicional na zona, cubra necesidades non satisfeitas na estructura existente.

    Cualificaranse como iniciativas locais de emprego (ILES) os proxectos empresariais innovadores que reúnan os requisitos establecidos no punto 1

    E cualificaranse como iniciativas de emprego rural (IER), aqueles proxectos empresariais innovadores nos que, ademais de reuni-los ditos requisitos, concorran as seguintes características: estar integrados nun plan de actuación conxunto elaborado por un departamento sectorial da Xunta de Galicia e esta Consellería, dirixido a dinamizar e consolidar o emprego e a actividade económica no medio rural galego, e apoiados polo departamento sectorial correspondente.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

    Edificios Administrativos San Lázaro, s/n

    15871 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545625 / 981957590

    Fax: 981544678

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881582 / 981185893

    Fax: 981881581

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla nº 70 baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294385

    Fax: 982294258

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, nº 79 - 6º

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386196 / 988386839

    Fax: 988386838

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817008 / 986817016

    Fax: 986817010

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como o procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral (DOG nº 18 do 27 de xaneiro de 2000).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros.-Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como o procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral (DOG nº 24 do 4 de febreiro de 2000).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    O programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica configúrase como un instrumento para impulsar o espíritu emprendedor no trinomio investigación, tecnoloxía e emprego, mediante o aproveitamento intensivo e na colaboración coas diferentes estruturas que xa existen tanto na Consellería de Traballo e noutros departamentos da Xunta de Galicia, como coas tres universidades galegas e con outras entidades vinculadas á innovación, á tecnoloxía e a iniciativa emprendedora.

    A quen vai dirixido?

    Poderán solicitar a cualificación como IEBT os promotores dos proxectos empresariais e as empresas constituídas dentro dun prazo máximo dun ano anterior á data da presentación da solicitude de cualificación, sempre que non iniciasen a actividade. Os promotores, e no seu caso as empresas poderán iniciar a súa actividade unha vez presentada a solicitude de cualificación, sempre que no iniciasen a actividade.
    Os promotores, e no seu caso as empresas poderán inciar a súa actividade unha vez presentada a solicitude de cualificación.

    Requisitos

    Para que un proxecto poida ser cualificado como IEBT e inscribirse no rexistro correspondente deberá reunir os seguintes requisitos:
    a) Viabilidade técnica, económica, financeira e comercial.
    b) A actividade, producto ou servizo debe ter carácter innovador e contido científico ou base tecnolóxica. Os proxectos poderán desenvolver a súa actividade en calquera sector económico sempre que se trate dun negocio intensivo en coñecemento que precise actividades I+D e/ou de innovación.
    c) Que se trate dunha empresa privada de nova creación, incluíndo autónomos e autónomas, con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
    d) Que se prevexa, no primeiro ano de actividade, a creación de emprego estable para persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, respectando a proporción dunha persoa titulada por cada catro postos de traballo.

    e) Que o cadro de persoal no momento de iniciar a súa actividade produtiva estea constituído nun 25%,como mínimo, por persoas con titulación universitaria.
    Para facilitar a materialización do proxecto innovador en empresa e para a súa cualificación como IEBT, establécense medidas de acompañamento, asesoramento e avaliación técnica: rede de axentes de emprego especializados en IEBT, consultores de apoio e un comité consultivo integrado por un grupo de expertos para a avaliación técnica dos proxectos.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE EMPREGO POR CONTA ALLEA

    San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957726 / 981544610

    Fax: 981544678

    Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

    Órgano responsable

    SERVIZO DE EMPREGO POR CONTA ALLEA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (DOG nº 65 do 2 de abril de 2007).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros.-Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (DOG nº 78 do 23 de abril de 2007).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Positivo

    Versión en formato PDF

    • Soilicitude segundo o Anexo I.
    • Documento acreditativo da representación.
    • Copia do DNI da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta
    • Memoria tecnica e económica explicativa do proxecto ou plan de emprego.
    • Informe do axente de emprego sobre o proxecto.
    • Copia do NIF de persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE EMPREGO POR CONTA ALLEA
    San Lázaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981957726 / 981544610Fax: 981544678
    Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

    Versión en formato PDF

    O programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica configúrase como un instrumento para impulsar o espíritu emprendedor no trinomio investigación, tecnoloxía e emprego, mediante o aproveitamento intensivo e na colaboración coas diferentes estruturas que xa existen tanto na Consellería de Traballo e noutros departamentos da Xunta de Galicia, como coas tres universidades galegas e con outras entidades vinculadas á innovación, á tecnoloxía e a iniciativa emprendedora.

    Beneficiarios:

    Poderán solicitar a cualificación como IEBT os promotores dos proxectos empresariais e as empresas constituídas dentro dun prazo máximo dun ano anterior á data da presentación da solicitude de cualificación, sempre que non iniciasen a actividade. Os promotores, e no seu caso as empresas poderán iniciar a súa actividade unha vez presentada a solicitude de cualificación, sempre que no iniciasen a actividade.
    Os promotores, e no seu caso as empresas poderán inciar a súa actividade unha vez presentada a solicitude de cualificación.

    Requisitos:

    Para que un proxecto poida ser cualificado como IEBT e inscribirse no rexistro correspondente deberá reunir os seguintes requisitos:
    a) Viabilidade técnica, económica, financeira e comercial.
    b) A actividade, producto ou servizo debe ter carácter innovador e contido científico ou base tecnolóxica. Os proxectos poderán desenvolver a súa actividade en calquera sector económico sempre que se trate dun negocio intensivo en coñecemento que precise actividades I+D e/ou de innovación.
    c) Que se trate dunha empresa privada de nova creación, incluíndo autónomos e autónomas, con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
    d) Que se prevexa, no primeiro ano de actividade, a creación de emprego estable para persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, respectando a proporción dunha persoa titulada por cada catro postos de traballo.
    e) Que o cadro de persoal no momento de iniciar a súa actividade produtiva estea constituído nun 25%,como mínimo, por persoas con titulación universitaria.
    Para facilitar a materialización do proxecto innovador en empresa e para a súa cualificación como IEBT, establécense medidas de acompañamento, asesoramento e avaliación técnica: rede de axentes de emprego especializados en IEBT, consultores de apoio e un comité consultivo integrado por un grupo de expertos para a avaliación técnica dos proxectos.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (DOG nº 65 do 2 de abril de 2007).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Corrección de erros.-Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (DOG nº 78 do 23 de abril de 2007).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    ORDE do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG Núm. 146 do 4 de agosto de 2015)

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    1. Coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2019 dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

    2. As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade, que se produzan e realicen entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan neste programa para cada modalidade.

    As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:

    a) Subvención á creación directa de emprego estable.

    b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.

    c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

    Requisitos

    1.Para poder acceder ás distintas liñas de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.

    2. Non poderán obter a condición de beneficiario das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

    a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

    b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, agás que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

    c) Dar lugar, por causa de que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

    d) Estar incursa a persoa física, as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

    e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

    f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

    g) Non estar ao día do pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

    h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

    3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE EMPREGO POR CONTA ALLEA

    San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544610 / 981957731

    Fax: 981957748

    Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019 (Programa II) (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2019 coa finalidade da promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

    2. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

    3. Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019, ambos inclusive.

    A quen vai dirixido?

    Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

    Son obrigas das persoas beneficiarias das subvencións, ademais das recollidas con carácter xeral no artigo 15 de esta orde, as seguintes:

    a) Manter a alta no RETA ou mutualidade durante un tempo mínimo de dous anos se se concede a subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o cal deberá acreditar fidedignamente.

    b) No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da condición de persoa traballadora a que se refire a alínea a), as persoas beneficiarias deberán presentar os indicadores de resultado inmediatos a que se refire os anexo I do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013 modificado polo Regulamento (UE, EURATOM) núm. 2018/1046, a través da aplicación Participa 1420 ou segundo o modelo que estará á súa disposición na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalicen os citados períodos de mantemento da actividade laboral, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

    c) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

    d) Facilitar a información necesaria relativa ao desenvolvemento da actividade, que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.

    e) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os tres anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comenzo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

    f) Cumprir coas medidas de comunicación e información establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro de 2013 modificado polo Regulamento (UE, EURATOM) núm. 2018/1046. En particular, as acción de información e comunicación contarán co emblema da Unión Europea e a referencia ao Fondo Social Europeo e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

    g) Informar a persoa beneficiaria, no caso de ser unha entidade xurídica, de que a aceptación da axuda comunitaria do Fondo Social Europeo implicará a súa aparición na lista pública cos nomes das persoas ou entidades beneficiarias, das operacións e a cantidade de fondos públicos asignada a cada operación, así como a outra información prevista no anexo XII en relación co artigo 115.2 do Regulamento (UE) 1303/2013.

    h) As persoas físicas beneficiarias de calquera axuda deste programa deberán manter durante o período dun ano a forma xurídica elixida pola que se lles concederon as subvencións.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.

    b) Ter iniciada a actividade segundo definición do artigo 5-2 con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

    c) Que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).

    d) Que non percibisen subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade. Este prazo computarase desde a data de notificación da resolución de concesión da anterior subvención.

    e) Que non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará cando a actividade desenvolvida fose realizada por persoas autónomas colaboradoras.

    2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

    3. Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

    4. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

    a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

    b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

    c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

    d) Estar incursa a persoa física, as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aquelas que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

    e) Non acharse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

    f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

    g) Non acharse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

    h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

    i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.

    j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das que se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.

    5. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    6. A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 4 e 5 anteriores para obter a condición de persoa beneficiaria realizarase mediante declaración responsable, a excepción do recollido no punto 4.e), que se xustificará de conformidade co disposto no artigo 24.1.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

    San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545625 / 981957590

    Fax: 981544678

    Email: autónomos.emprego@xunta.gal

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881582

    Fax: 981881581

    Email: axudasautonomos.traballo@xunta.gal

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla nº 70 baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294912/982294910

    Fax: 982294258

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, nº 79 - 7ª

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386822 / 988386818

    Fax: 988386770

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817695 / 986817073

    Fax: 986817010

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2019 (Programa de emprego autónomo) (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Extracto da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2019 (Programa de emprego autónomo) (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2019)..

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual das subvencións aos centros especiais de emprego establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través dos seguintes programas:

    - Programa II: axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica para os CEE, regulado no capítulo III (procedementos TR341E e TR341N).

    O obxecto deste programa é incentivar a creación de postos de traballo estables, financiar as adaptacións dos postos de traballo e as asistencias técnicas que precisen os CEE no seu proceso de creación ou de mellora e diversificación produtiva

    Neste programa establécese unha axuda á creación de postos de traballo de carácter estable calculada en función do investimento en activo fixo que se realice, excluídos os impostos que graven a adquisición. Subvencionarase:

    – A creación de novos postos de traballo indefinidos para persoas con discapacidade inscritas como demandantes de emprego non ocupadas no servizo público de emprego.

    – A transformación en indefinidos dos contratos temporais.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda nos capítulos II a IV desta orde. Igualmente, os centros de traballo para os que se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do devandito decreto.

    2. Así mesmo, poderán ser beneficiarios aqueles CEE que na data de presentación da solicitude de axudas, teñan solicitada a súa cualificación como centro especial de emprego ou a ampliación de novos centros de traballo.

    Do mesmo xeito, para os programas en que se teña en consideración a condición de CEE sen ánimo de lucro, poderán ser beneficiarios os CEE que na data de presentación da solicitude de axudas teñan solicitada a súa cualificación en tal sentido.

    Consideraranse accións ou gastos subvencionables os realizados desde a data da solicitude de cualificación dentro do período que se estableza na convocatoria.

    En todo caso, para o pagamento das axudas será necesario acreditar a dita cualificación e a inscrición da entidade no Rexistro de Centros Especiais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a condición de CEE sen ánimo de lucro cando proceda.

    3. Non poderán obter a condición de beneficiarios:

    a) Os CEE en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    b) Os CEE excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    c) Os CEE que non cumpran coa porcentaxe mínima do 70 % de persoas con discapacidade contratadas respecto do total do cadro de persoal. Nesta porcentaxe non se inclúe o persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social.

    d) Os CEE que, carecendo de personalidade xurídica propia, non teña unha xestión diferenciada da súa entidade titular. Para os efectos de ter unha xestión diferenciada deberán levar unha contabilidade separada da dita entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.

    e) Os CEE que non estean ao día coas obrigas rexistrais, segundo o establecido no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento.

    4. A acreditación, por parte das entidades solicitantes, de que cumpren as condicións sinaladas nas letras a), b) c) e d) do punto 3 deste artigo para poder obter a condición de beneficiarias das axudas, realizarase mediante declaracións responsables que se inclúen nos anexos de solicitude de cada procedemento (anexos I, II, III e IV).

    O órgano xestor poderá comprobar en calquera momento a veracidade das ditas declaracións.

    Para ser beneficiarios das axudas deste programa, os CEE deberán estar cualificados (ou ter solicitada a cualificación) como «sen ánimo de lucro» polo Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co artigo 10 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, na data de presentación da solicitude.

    Exceptúanse do anterior as axudas recollidas no artigo 40.d) para o informe sobre a conta xustificativa, da cal poderán ser beneficiarios todos os CEE inscritos ou que teñan solicitada a inscrición.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Nas axudas por creación de emprego estable, engádense ás obrigas xerais as seguintes obrigas específicas:

    a) Destinar a subvención ao plan de investimento polo que se concedeu a axuda. No caso de que se dea un destino distinto ás axudas concedidas procederá o reintegro do 100 % da subvención concedida.

    b) Manter os postos de traballo creados con carácter indefinido un mínimo de 2 anos. No caso de cesamentos da actividade laboral por baixa voluntaria da persoa traballadora ou despedimento procedente, deberá substituírse a vacante polo tempo que reste ata completar os dous anos conservando as mesmas características polas que se lle concedeu a axuda (tipo de xornada e contrato), tendo en conta os incentivos sinalados no artigo 38.6. De non facelo, procederá o reintegro da parte proporcional. A substitución farase nun prazo máximo de 3 meses e deberá comunicarse ao órgano xestor da axuda no mesmo prazo.

    c) O despedimento improcedente das persoas traballadoras obxecto de subvención antes de que transcorran dous anos dará lugar ao reintegro do 100 % da axuda.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ECONOMÍA SOCIAL

    Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social

    San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544716 / 981957727

    Fax: 981544678

    Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.es

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2019-2020 (DOG nº 164 do 30 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2019-2020. Programa II: axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica para os CEE (DOG nº 164 do 30 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do programa de promoción do emprego autónomo de persoas novas desempregadas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e proceder á súa convocatoria para o ano 2017.

    A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas novas desempregadas que figuren inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da Garantía Xuvenil e que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.


    Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.

    As bases do programa regulado nesta orde establecen un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva.

    A concesión das subvencións previstas nesta orde está suxeita á existencia de crédito orzamentario. Se é o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no Imposto de Actividades Económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037), sempre que cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda.

    Requisitos

    a) Estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

    b) Non ter traballado no día anterior á data de inicio de actividade actividade laboral.

    c) Ter solicitada a alta como persoa traballadora autónoma no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.

    d) Terse dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

    e) Non percibir subvencións ao abeiro dos distintos programas de promoción do emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade. Este prazo computarase desde a data de notificación de concesión da resolución da anterior subvención.

    f) Non desenvolver como persoa traballadora autónoma a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivese de alta como persoa traballadora autónoma en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará a persoa traballadora autónoma colaboradora.

    As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que a solicite a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

    Quedan excluídos deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

    Non poderán obter a condición de beneficiarios do programa regulado nesta orde as persoas en que concorran as circunstancias sinaladas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño:
    a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
    b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
    c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa administración.
    d) Estar incursa a persoa física nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
    e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
    f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
    g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
    h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, de 13 de xuño, ou a Lei xeral tributaria.

    Non poderá obter a condición de persoa beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme ao establecido nos artigos 46º e 46º bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións, contidas nos apartados 4 e 5 anteriores, para obter a condición de beneficiaria realizarase mediante declaración responsable.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881597

    Fax: 881881576

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla nº 70 baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294385

    Fax: 982294258

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, nº 79 - 7ª

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386810

    Fax: 988386770

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817678 / 986817755

    Fax: 986817010

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (DOG nº 148 do 4 de agosto de 2017).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 3 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas polo Programa I (emprego autónomo) ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto de 2017) (DOG nº 98 24 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 17 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas polo Programa II (fomento da contratación por conta allea) ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto) (DOG nº 125 do 3 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 26 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto) (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual das subvencións aos centros especiais de emprego establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través dos seguintes programas:

    - Programa I: subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos CEE regulado no capítulo II (procedemento TR341K).

    .O obxecto deste programa é subvencionar os custos salariais e de Seguridade Social por conta da empresa derivados da contratación indefinida do persoal traballador das unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos CEE, previstos no artigo 43 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, como instrumentos de modernización destes servizos de axuste.

    A finalidade deste programa é promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda nos capítulos II a IV desta orde. Igualmente, os centros de traballo para os que se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do devandito decreto.

    2. Así mesmo, poderán ser beneficiarios aqueles CEE que na data de presentación da solicitude de axudas, teñan solicitada a súa cualificación como centro especial de emprego ou a ampliación de novos centros de traballo.

    Do mesmo xeito, para os programas en que se teña en consideración a condición de CEE sen ánimo de lucro, poderán ser beneficiarios os CEE que na data de presentación da solicitude de axudas teñan solicitada a súa cualificación en tal sentido.

    Consideraranse accións ou gastos subvencionables os realizados desde a data da solicitude de cualificación dentro do período que se estableza na convocatoria.

    En todo caso, para o pagamento das axudas será necesario acreditar a dita cualificación e a inscrición da entidade no Rexistro de Centros Especiais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a condición de CEE sen ánimo de lucro cando proceda.

    3. Non poderán obter a condición de beneficiarios:

    a) Os CEE en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    b) Os CEE excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    c) Os CEE que non cumpran coa porcentaxe mínima do 70 % de persoas con discapacidade contratadas respecto do total do cadro de persoal. Nesta porcentaxe non se inclúe o persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social.

    d) Os CEE que, carecendo de personalidade xurídica propia, non teña unha xestión diferenciada da súa entidade titular. Para os efectos de ter unha xestión diferenciada deberán levar unha contabilidade separada da dita entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.

    e) Os CEE que non estean ao día coas obrigas rexistrais, segundo o establecido no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento.

    4. A acreditación, por parte das entidades solicitantes, de que cumpren as condicións sinaladas nas letras a), b) c) e d) do punto 3 deste artigo para poder obter a condición de beneficiarias das axudas, realizarase mediante declaracións responsables que se inclúen nos anexos de solicitude de cada procedemento (anexos I, II, III e IV).

    O órgano xestor poderá comprobar en calquera momento a veracidade das ditas declaracións.

    Obrigas e reintegros específicos do Programa I

    Son obrigas das entidades beneficiarias das subvencións previstas neste programa ademais das xerais recollidas no artigo 19, as seguintes:

    a) Manter os postos de traballo obxecto da subvención polo período subvencionable e manter a proporcionalidade exixida para a composición da unidade de apoio no artigo 31. Cando se produzan vacantes do persoal que integra as unidades de apoio á actividade profesional, deberán ser cubertas co fin de manter a dita proporcionalidade.

    A cobertura do novo posto terá que realizarse no prazo dun mes desde a data da baixa, feito que deberá ser comunicado pola entidade beneficiaria á Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria no mesmo prazo sinalado para a cobertura do posto.

    No suposto de non manter os postos de traballo obxecto da subvención polo total do período subvencionable ou de non manter a proporcionalidade establecida no artigo 31 desta orde, procederá a revogación parcial da subvención concedida e, de ser o caso, o reintegro das cantidades indebidamente percibidas.

    b) Manter no seu cadro de persoal o número de persoas con discapacidade, en función dos cales se concedeu a subvención, segundo o establecido no artigo 31 desta orde. No suposto de diminución deste número de persoas traballadoras con discapacidade, ou da duración dos contratos ou da súa xornada de traballo, procederá a revogación parcial da subvención concedida e, de ser o caso, o reintegro das cantidades indebidamente percibidas

    .

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan neste programa os CEE da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran, ademais dos requisitos sinalados no artigo 3, os seguintes:

    a) Que formen parte do seu cadro de persoal traballadores e/ou traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2 desta orde.

    b) Que dispoñan de unidades de apoio á actividade profesional, que teñan a composición establecida no artigo 31 desta orde.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ECONOMÍA SOCIAL

    Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social

    San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544716 / 981957727

    Fax: 981544678

    Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.es

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2019-2020 (DOG nº 164 do 30 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2019-2020. Programa I: subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional (DOG nº 164 do 30 agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.