Xunta de Galicia

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de cofinanciamento e concorrencia competitiva, a concesión de subvencións a proxectos de prevención de condutas adictivas que se desenvolvan en Galicia nos anos 2017, 2018 e 2019, en consonancia coas áreas de actuación prioritarias establecidas pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Esta orde regula o procedemento recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    De acordo co establecido na carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre drogas:

    1. Serán programas básicos os seguintes:

    a) Ámbito escolar: «PPCDE/Saúde na escola» e «Non pasa nada, pasa algo?».

    b) Familiar: «Máis que un teito», «En familia todos contan» e «Entre todos».

    c) Xuvenil: «Activa» e «Cambio de sentido».

    2. Serán programas complementarios:

    a) Os seguintes programas da carteira de servizos: «Ao alcance», «Cine e saúde», «Odisea», «Creative», «Acais», «Información-sensibilización» e «Formación de mediadores».

    b) Calquera outro que a entidade solicitante considere oportuno desenvolver.

    Poderanse presentar ata un máximo de 5 programas complementarios.

    Os programas da carteira de servizos «Alternativa», «Itínere» e «Penélope» non serán valorados nesta convocatoria de axudas. O programa «Sísifo» soamente será valorado para as entidades que opten á clase 2.

    3. Serán programas e actividades de diminución de riscos e redución de danos dirixidos a drogodependentes en situación de emerxencia social (programa Sísifo), os seguintes:

    a) Programa de captación activa e intervención en medio aberto.

    b) Programa de centro de encontro e acollida.

    c) Programa de intercambio de material de inxección, dispensa e distribución de kits hixiénicos, preservativos, etc.

    d) Programa de información-formación ás persoas destinatarias do proxecto.

    4. Todos os programas e actividades que se planifiquen deberán prever necesariamente a perspectiva de xénero.

    Conceptos subvencionables.

    1. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido no artigo 8.5. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

    En particular, subvencionaranse os seguintes conceptos de gasto:

    a) Gastos de persoal. Ás retribucións en nómina sumaranse os gastos de seguridade social correspondentes á empresa e o seu total constituirá o gasto subvencionable por custos de persoal.

    b) Axudas de custo, sempre que garden relación co proxecto e sexan debidamente xustificadas.

    c) Gastos materiais. Neste sentido admitiranse gastos derivados da difusión e visualización do proxecto, así como gastos de material preventivo ou divulgativo.

    d) Gastos xerais derivados do mantemento do servizo tales como os correspondentes aos alugamentos dos locais, asesoría, electricidade, gas, auga, telefonía, lixo ou comunidade.

    e) Custos indirectos, sempre que sexan imputados á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda.

    f) Gastos financeiros, de asesoría xurídica ou financeira, gastos notariais e rexistrais e gastos periciais se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a súa preparación ou execución.

    g) Os tributos consideraranse gastos subvencionables cando a/s entidade/s beneficiaria/s desta axuda os aboe/n efectivamente e sempre que, no caso dos impostos indirectos, non sexan pola súa parte susceptible de recuperación ou compensación.

    h) En ningún caso terán a consideración de gastos subvencionables os xuros debedores de contas bancarias, así como os xuros, recargas ou sancións administrativas ou os gastos de procedementos xudiciais.

    2. Considerarase gasto realizado o que fose efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de xustificación correspondente. Exceptuaranse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior, por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente) no cal se reflicta o importe de retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación, quedando obrigada a entidade subvencionada a presentar os documentos acreditativos da súa liquidez nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario; en todo caso, esta presentación terá como data límite o derradeiro día do mes seguinte ao último trimestre do exercicio da convocatoria.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán concorrer á concesión destas subvencións todas aquelas entidades privadas sen ánimo de lucro de Galicia que desenvolvan o seu labor no eido da prevención das condutas adictivas que pretendan desenvolver, individualmente ou agrupadas, un proxecto de prevención obxecto da presente orde.

    A asignación económica da subvención terá carácter individual para cada entidade privada, agás no caso das agrupacións de entidades, en que se asignará unha única subvención para realizar un proxecto común. Nestes casos, as entidades privadas integrantes da agrupación nomearán unha representante única do proxecto conxunto, que actuará como coordinadora e interlocutora ante a Consellería de Sanidade.

    Ningunha entidade privada poderá figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual. De darse o caso, prevalecerá a solicitude realizada de forma conxunta.

    Obrigas dos beneficiarios, compatibilidade e reintegro.

    1. As entidades beneficiarias quedan obrigadas a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Sanidade, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, a achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    2. As subvencións serán compatibles con calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.

    3. Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. A creación ou existencia dunha unidade ou servizo de prevención de condutas adictivas. Este requisito non será de aplicación no caso das entidades privadas que pretendan desenvolver programas e actividades de diminución de riscos e redución de danos na rúa e espazos abertos, aos cales se refire o artigo 5.3.

    2. Esa unidade ou servizo estará constituída, polo menos, por un/unha profesional con titulación universitaria e formación específica en condutas adictivas, que actuará como representante técnico/a do proxecto ante a Consellería de Sanidade.

    3. Contar coa infraestrutura física e de medios axeitada para o desenvolvemento das funcións, os programas e as actividades que deberá levar a cabo.

    4. A presentación dun proxecto de actuación para os anos 2017, 2018 e 2019 orientado á prevención das condutas adictivas.

    5. O proxecto de prevención incluirá os seguintes programas:

    a) Clases 1, 3 e 4: os programas definidos nos números 1 e 2 do artigo 5 que a entidade solicitante considere oportunos (ata un máximo de 12), dentro dos cales necesariamente se incluirá como mínimo un do ámbito escolar, outro do familiar e outro do xuvenil.

    b) Clase 2: os 4 programas enumerados no artigo 5.3.

    6. Estar inscrita, no momento da solicitude de subvención, no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas regulado no Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese, modificado polo Decreto 58/2005, do 24 de febreiro. No caso das solicitudes presentadas por agrupacións de entidades será suficiente con que este requisito sexa cumprido por unha das entidades privadas.

    7. O proxecto presentado deberá abranguer unha área de actuación mínima de 10.001 habitantes, podendo ser de carácter municipal ou abarcar varios concellos para os cales se presenta un proxecto común. As entidades pertencentes ás clases 1 e 2 quedarán exentas de cumprir este requisito. A acreditación da poboación destinataria dos proxectos da clase 3 farase mediante certificado municipal da poboación que abrangan. Para a acreditación da clase 4 revisarase o padrón municipal que figure no Instituto Galego de Estatística na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

    8. A entidade solicitante deberá manifestar de xeito expreso a clase a que opta, segundo o indicado no artigo 9. Se unha entidade privada se asocia con outra co fin de desenvolver un proxecto común nun mesmo ámbito territorial de actuación, deberán determinar cal delas será a interlocutora coa Consellería de Sanidade e receptora da subvención.

    9. As intervencións que se desenvolverán neste proxecto preventivo non poderán dirixirse á poboación que xa sexa beneficiaria de intervencións similares desenvoltas por outras institucións ou entidades, de carácter público ou privado, ao mesmo tempo.

    10. Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    11. Presentar a solicitude no prazo e forma que establece o artigo 12.

    12. Todos os materiais e publicacións (en formatos físicos ou electrónicos) que se elaboren no contexto das axudas reguladas por esta orde deberán ser revisados e aprobados polo Servizo de Prevención de Condutas Adictivas. Os materiais que utilicen a imaxe corporativa da Consellería de Sanidade deberán cumprir, ademais, cos criterios oficiais de identidade corporativa da Xunta de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    Dirección Xeral de Saúde Pública

    S.X.DE PROGRAMAS DE FOMENTO DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES

    Servizo de Prevención de Condutas Aditivas

    San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881541859 / 881541862

    Fax: 881546571

    Órgano responsable

    Servizo de Prevención de Condutas Aditivas

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 26 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 129 do 7 de xullo de 2017).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 26 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 129 do 7 de xullo de 2017)

    Ligazón á normativa

    Resolución do 20 de marzo de 2018 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas e denegadas en virtude da Orde do 26 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 66 do 5 de abril de 2018)

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Regulación tanto da autorización como do traslado das oficinas de farmacia é o de establecer os principios xerais para a ordenación das oficinas de farmacia dada a súa condición de establecementos sanitarios de interese público e a necesidade de lle garantir á poboación da Comunidade Autónoma de Galicia unha atención farmacéutica conveniente.

    A quen vai dirixido?

    Somentes os farmacéuticos poderán ser propietarios e titulares das oficinas de farmacia, cada farmacéutico somentes poderá ser propietario ou cotitulare dunha única farmacia. Estes deberán de acreditar a propiedade ou os dereitos da natureza real ou personal que legitimen a utilización de local para a instalación da oficina de farmacia.

    Requisitos

    Personal: Licenciado en farmacia.
    Local:
    a) Deberá ter acceso directo, libre e permanente á vía pública, exenta de barreras arquitectónicas, debendo de reunir as condicións hixiénico-sanitarias precisas para o servizo farmacéutico.
    b) Ademáis deberán de:
    - Dispoñer dunha superficie útil de 70 metros
    - Contar coas seguintes zonas: de atención ao usuario; de recepción, revisión e almacenamento de medicamentos e productos sanitarios; de laboratorio para a elaboración de fórmulas maxistrais e preparados oficinais; de toma de mostras, en caso de realizar análises clínicas; de atención individualizada; de descanso para gardas; aseo para uso persona da oficina de farmacia.

    - Cun equipamento informático axeitado para o desenvolvemento das súas funcións.
    c) Para o establecemento dunha oficina de farmacia, sexa por nova autorización ou traslado, non poderá facerse a unha distancia inferior a 250 metros doutras oficinas de farmacia ou doutro centro público de asistencia sanitaria.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA CORUÑA

    S. DE PLANIFICACIÓN, ASEGURAMENTO E ORDENACIÓN SANITARIA DA CORUÑA

    R/Durán Loriga, 3

    15003 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981155817 / 981155823

    Fax: 981155869

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE LUGO

    S. PLANIFICACIÓN, ASEGURAMENTO E ORDENACIÓN SANITARIA LUGO

    Montevideo, 9

    27001 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982292107

    Fax: 982292115

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE OURENSE

    S.PLANIFICACIÓN,ASEGURAMENTO,ORDENACIÓN SANITARIA OURENSE

    Avda. Zamora, 13

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988066321

    Fax: 988386302

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    S.PLANIFICACIÓN,ASEGURAMENTO,ORDENACIÓN SANITARIA PONTEV.

    Fernández Ladrera, nº 43, 1º

    36071 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986885880

    Fax: 986814186

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    Delegación Territorial de Sanidade en Vigo

    Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817624

    Fax: 986817627

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica (DOG nº 99 do 26 de maio de 1999).

    Ligazón á normativa

    Lei 4/2005, do 17 de marzo, de modificación da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica (DOG nº 62 do 1 de abril de 2005).

    Ligazón á normativa

    Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 125 do 28 de xuño de 2001).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros.-Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 66 do 5 de abril de 2002).

    Ligazón á normativa

    Decreto 193/2005, do 30 de xuño, polo que se modifica o Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 133 do 12 de xullo de 2005).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará ou día 24 de agosto de 2016.

    Prazo de resolución: Seis meses/Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude segundo o Anexo I.
    • PARA TODO TIPO DE TRASLADOS (VOLUNTARIO E FORZOSO):
      • Xustificación do pagamento da taxa.
      • Xustificación documental da dispoñibilidade xurídica do local.
      • Croquis que mostre a localización do local.
      • Certificación redactada por tecnico competente e visada polo seu correspondente colexio profesional relativa ao local onde se pretende instalar a oficina de farmacia, axeitada ao disposto no artigo 16 da Lei 5/1999, do 21 de maio, de Ordenación Farmaceutica e Normativa de Desenvolvemento e na que se especifique o estado de construción do local designado, superficie útil dispoñible, distribución, plantas que ocupa e características para o seu acceso dende a vía pública, que terán en consideración a normativa sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas que lle sexan de aplicación. Así mesmo, especificará a situación e distancias en relación coas oficinas de farmacia máis próximas e os centros sanitarios públicos.
      • Plano a escala 1:2000 do local proposto en relación co edificio do que forma parte, realizado por un tecnico competente.
    • DOCUMENTACIÓN A MAIORES NO SUPOSTO DE TRASLADOS FORZOSOS
      • Documentación acreditativa da causa que impide a continuación da actividade de atención farmaceutica no local onde se viña exercendo.
      • Compromiso de retorno a ubicación de orixe, coa indicación do prazo para o que se solicita o traslado, cun máximo de tres anos para o caso de traslados forzosos provisionais.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE OURENSE

    S.PLANIFICACIÓN,ASEGURAMENTO,ORDENACIÓN SANITARIA OURENSE

    Avda. Zamora, 13
    32071Ourense
    Teléfono: 988066321Fax: 988386302

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE LUGO

    S. PLANIFICACIÓN, ASEGURAMENTO E ORDENACIÓN SANITARIA LUGO

    Montevideo, 9
    27001Lugo
    Teléfono: 982292107Fax: 982292115

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA CORUÑA

    S. DE PLANIFICACIÓN, ASEGURAMENTO E ORDENACIÓN SANITARIA DA CORUÑA

    R/Durán Loriga, 3
    15003Coruña, A
    Teléfono: 981155817 / 981155823Fax: 981155869

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    S.PLANIFICACIÓN,ASEGURAMENTO,ORDENACIÓN SANITARIA PONTEV.

    Fernández Ladrera, nº 43, 1º
    36071Pontevedra
    Teléfono: 986885880Fax: 986814186

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE SANIDADE EN VIGO

    S. ASEGURAMENTO, PLANIFICACIÓN E ORDENACIÓN SANITARIA VIGO
    Concepción Arenal, 8
    36201Vigo
    Teléfono: 986817624Fax: 986817627

    Versión en formato PDF

    Regulación tanto da autorización como do traslado das oficinas de farmacia é o de establecer os principios xerais para a ordenación das oficinas de farmacia dada a súa condición de establecementos sanitarios de interese público e a necesidade de lle garantir á poboación da Comunidade Autónoma de Galicia unha atención farmacéutica conveniente.

    Beneficiarios:

    Somentes os farmacéuticos poderán ser propietarios e titulares das oficinas de farmacia, cada farmacéutico somentes poderá ser propietario ou cotitulare dunha única farmacia. Estes deberán de acreditar a propiedade ou os dereitos da natureza real ou personal que legitimen a utilización de local para a instalación da oficina de farmacia.

    Requisitos:

    Personal: Licenciado en farmacia.
    Local:
    a) Deberá ter acceso directo, libre e permanente á vía pública, exenta de barreras arquitectónicas, debendo de reunir as condicións hixiénico-sanitarias precisas para o servizo farmacéutico.
    b) Ademáis deberán de:
    - Dispoñer dunha superficie útil de 70 metros
    - Contar coas seguintes zonas: de atención ao usuario; de recepción, revisión e almacenamento de medicamentos e productos sanitarios; de laboratorio para a elaboración de fórmulas maxistrais e preparados oficinais; de toma de mostras, en caso de realizar análises clínicas; de atención individualizada; de descanso para gardas; aseo para uso persona da oficina de farmacia.
    - Cun equipamento informático axeitado para o desenvolvemento das súas funcións.
    c) Para o establecemento dunha oficina de farmacia, sexa por nova autorización ou traslado, non poderá facerse a unha distancia inferior a 250 metros doutras oficinas de farmacia ou doutro centro público de asistencia sanitaria.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade. (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Corrección de erros.-Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 66 do 5 de abril de 2002).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Lei 4/2005, do 17 de marzo, de modificación da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica (DOG nº 62 do 1 de abril de 2005).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 125 do 28 de xuño de 2001).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Decreto 193/2005, do 30 de xuño, polo que se modifica o Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 133 do 12 de xullo de 2005).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica (DOG nº 99 do 26 de maio de 1999).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Regular o procedemento de autorización de funcionamento de pisos protexidos, vivendas de transición e unidades residenciais, que teñan carácter sanitario, para persoas con trastornos mentais persistentes.

    A quen vai dirixido?

    Entidades locais, entidades públicas ou privadas, fundacións ou asociacións sen ánimo de lucro que teñan, entre outros, o fin da atención a persoas con trastorno mental persistente.

    Requisitos

    Tanto os pisos protexidos como as vivendas de transición e as unidades residenciais deberán estar situados no ámbito comunitario, ben comunicadas e cunha estructura diferenciada de calquera outro dispositivo ou centro sanitario.
    Os pisos protexidos e as vivendas de trnasición deben cumprir cunhas condicións materiais e arquitectónicas así como cuns requisitos de persoal específicos. Asemade, as unidades residenciais teñen que adecuarse a requisitos materiais e de persoal determinados.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA CORUÑA

    S. DE PLANIFICACIÓN, ASEGURAMENTO E ORDENACIÓN SANITARIA DA CORUÑA

    R/Durán Loriga, 3

    15003 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981155817 / 981155823

    Fax: 981155869

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE LUGO

    S. PLANIFICACIÓN, ASEGURAMENTO E ORDENACIÓN SANITARIA LUGO

    Montevideo, 9

    27001 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982292107

    Fax: 982292115

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE OURENSE

    S.PLANIFICACIÓN,ASEGURAMENTO,ORDENACIÓN SANITARIA OURENSE

    Avda. Zamora, 13

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988066321

    Fax: 988386302

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    S.PLANIFICACIÓN,ASEGURAMENTO,ORDENACIÓN SANITARIA PONTEV.

    Fernández Ladrera, nº 43, 1º

    36071 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986885880

    Fax: 986814186

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    Delegación Territorial de Sanidade en Vigo

    Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817624

    Fax: 986817627

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 389/1994, do 15 de decembro, polo que se regula a saúde mental en Galicia (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 1995).

    Ligazón á normativa

    Decreto 347/2002, do 5 de decembro, polo que se regulan os pisos protexidos, vivendas de transición e unidades residenciais para persoas con trastornos mentais persistentes (DOG nº 245 do 20 de decembro de 2002).

    Ligazón á normativa

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións a proxectos de saúde pública, relacionados coa infección polo VIH, a sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS), que realicen en Galicia entidades privadas sen ánimo de lucro ao longo do período comprendido entre o 1 de xuño de 2019 e o 30 de xuño de 2022.

    O código do procedemento regulado a través desta orde é o SA645A. Este código facilita a identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia dos formularios desta orde.

    Os proxectos subvencionados deben desenvolver as súas actividades un mínimo de 3 meses no período comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de decembro de 2019, un mínimo de 6 meses entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020, un mínimo de 6 meses entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2021, xunto cun mínimo de 3 meses entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2022.

    Como máximo subvencionaranse os dez proxectos que resulten máis valorados, en función dos criterios de valoración establecidos no artigo 14 desta orde.

    Conceptos subvencionables .

    1. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada, en particular:

    a) Gastos de persoal. Subvencionarase ata un máximo de 2.500,00 € mensuais por importe bruto de nómina.

    b) Axudas de custo por desprazamento (debidamente xustificadas en relación co proxecto) cun máximo de 1.000,00 € por proxecto e ano.

    c) Gastos de vehículos, cuxa titularidade corresponda á entidade privada que reciba a subvención, empregados para desenvolver o proxecto: imposto de circulación, ITV, seguro, mantemento, reparacións, consumo de combustible, peaxe, garaxe e aparcamento. As facturas incluirán a matrícula do vehículo.

    d) Gastos de material de oficina, preventivo, divulgativo e de visualización social do proxecto.

    e) Gastos vinculados ao local: alugueiro, electricidade, gas, auga, lixo, comunidade, limpeza, seguros, imposto sobre bens inmobles. Os gastos en reparacións e mantemento do local ata un máximo de 1.000,00 € por proxecto e ano. Quedan excluídos os gastos de investimento inmobiliario.

    f) Telefonía e tecnoloxías da información e comunicación (TIC), correos e mensaxería.

    g) Gastos de xestoría e gastos financeiros derivados do proxecto.

    h) Gastos de publicidade e xestión de redes sociais e/ou app de contactos.

    i) Gastos de formación continuada do persoal que participa no proxecto en áreas relacionadas co obxectivo do proxecto. Inclúense gastos de cursos de formación continuada, xornadas e congresos cun máximo de 1.000 € por proxecto e ano.

    2. Considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación, debendo acreditarse os pagamentos a través de xustificantes de pago. En todo caso a forma de xustificación deberá atender o previsto no artigo 28, números 1, 2, 3 e 4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán solicitar e ser beneficiarias destas subvencións as entidades privadas sen ánimo de lucro que presenten un único proxecto e que cumpran co obxecto e normas desta orde, sempre e cando non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, que imposibilitan obter a condición de beneficiaria das subvencións.

    Obrigas das entidades beneficiarias.

    Tendo en conta o artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, son obrigas das entidades beneficiarias:

    a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

    b) Xustificar ante o órgano concedente, se é o caso, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.

    c) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    d) Comunicarlle ao órgano concedente ou á entidade colaboradora a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

    e) Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na normativa que resulte de aplicación.

    f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ás entidades beneficiarias en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

    g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

    h) Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 23 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

    i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. O proxecto deberá realizarse integramente na Comunidade Autónoma de Galicia e deberá ter como área xeográfica de actuación, polo menos, unha das seguintes áreas sanitarias:

    a) Área sanitaria da Coruña e Cee.

    b) Área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza.

    c) Área sanitaria de Ferrol.

    d) Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

    e) Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

    f) Área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

    g) Área sanitaria de Vigo.

    2. Para desenvolver o proxecto, a entidade beneficiaria deberá dispor en Galicia como mínimo de:

    a) Un local con capacidade para levar a cabo o proxecto.

    b) Unha persoa contratada para desenvolver o proxecto.

    3. O proxecto recollerá obrigatoriamente a promoción do uso de preservativos e a súa distribución.

    4. Para o cumprimento dos obxectivos do proxecto, poderase empregar material divulgativo editado pola Consellería de Sanidade ou polo departamento ministerial do Estado con competencias en materia de sanidade. Calquera outro material divulgativo que se pretenda usar e/ou distribuír, deberá presentarse previamente no Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles da Dirección Xeral de Saúde Pública, para que neste servizo se valore a súa idoneidade e se proceda á validación e autorización previa do seu uso e/ou distribución.

    5. Así mesmo, as entidades colaboradoras deberán cumprir a normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal no desenvolvemento do proxecto subvencionado.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    Dirección Xeral de Saúde Pública

    S.X. DE INFORMACIÓN SOBRE SAÚDE E EPIDEMIOLOXÍA

    SERVIZO DE CONTROL DE ENFERMIDADES TRANSMISIBLES

    San Lázaro s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881542960

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Saúde Pública

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 6 de xuño de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro (DOG nº 117 do 21 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 6 de xuño de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro (DOG nº 117 do 21 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar un premio á mellor investigación científica realizada na Comunidade Autónoma de Galicia no eido do VIH e doutras ITS publicada en 2015.

    A través desta convocatoria preténdese fomentar e difundir a investigación galega sobre o VIH e outras ITS, así como recompensar publicamente o labor que as persoas investigadoras veñen realizando a prol da mellora da esperanza e calidade de vida das persoas afectadas.

    A quen vai dirixido?

    A persoa destinataria deste premio é a primeira persoa asinante dun artigo científico publicado en 2015 (aínda que deberá pedir autorización do resto dos/das autores/as para presentarse a esta convocatoria) que describa unha investigación que verse sobre o VIH ou outra ITS no ámbito das ciencias da saúde, sociais, xurídicas, da educación ou da comunicación en Galicia, sen prexuízo de que todas as persoas autoras do artigo reciban cadanseu certificado acreditativo da concesión do premio ao artigo gañador.

    Requisitos

    1. Versarán sobre a investigación científica en calquera eido da infección polo VIH e/ou outras ITS como a prevención, asistencia sanitaria, asistencia social, investigación básica, comunicación, etc.

    2. Soamente se aceptarán artigos publicados en revistas científicas en 2015.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    Dirección Xeral de Saúde Pública

    S.X. DE INFORMACIÓN SOBRE SAÚDE E EPIDEMIOLOXÍA

    SERVIZO DE CONTROL DE ENFERMIDADES TRANSMISIBLES

    Edificio Administrativo - San Lázaro s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881542996

    Fax: 881542996

    Órgano responsable

    SERVIZO DE CONTROL DE ENFERMIDADES TRANSMISIBLES

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 23 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o Premio de investigación sobre o VIH e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) (DOG nº 174 do 13 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Regular o procedemento de inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias daquelas explotacións agrarias que elaboren productos lácteos a base de leite crú de vaca.

    A quen vai dirixido?

    Propietarios de explotacións agrarias elaboradores de productos lácteos tradicionais.

    Requisitos

    As explotacións agrarias deberán cumprir unha serie de condicións referentes á sanidade animal aplicables ó leite cru de vaca, á hixiene da explotación, á hixiene da muxidura, locais, materiais e utensilios e hixiene do persoal. Asemade establécense condicións xerais de autorización para as explotacións gandeiras, así como condicións xerais de hixiene. Determínanse criterios microbiolóxicos, condicións do etiquetado e do control sanitario e vixilancia das produccións.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    Dirección Xeral de Saúde Pública

    S.X. PROGRAMAS DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS PARA A SAÚDE

    SERVIZO DE SEGURIDADE ALIMENTARIA

    San Lázaro s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881542937

    Fax: 881542970

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA CORUÑA

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DA CORUÑA

    R/ Durán Loriga, 3-7ª

    15003 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981155832

    Fax: 981155813

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE LUGO

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE LUGO

    Montevideo, 9

    27001 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982292087

    Fax: 982292128

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE OURENSE

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE OURENSE

    Avda. Zamora, 13

    32005 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988066325

    Fax: 988066331

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE PONTEVEDRA

    R/Fernández Ladreda, 43-1º

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986885878

    Fax: 986505610

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE SEGURIDADE ALIMENTARIA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 125/1995, de 10 de maio, polo que se regula a elaboración de productos lácteos a base de leite cru de vaca, considerados como productos tradicionais e se crea o Rexistro de Explotación Agrarias Elaboradoras de Productos Lácteos Tradicionais (DOG nº 91 do 12 de maio de 1995).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros.-Decreto 125/1995, do 10 de maio, polo que se regula a elaboración de productos lácteos a base de leite cru de vaca, considerados como productos tradicionais e se crea o Rexistro de Explotacións Agrarias Elaboradoras de Productos Lácteos Tradicionais (DOG nº 93 do 16 de maio de 1995).

    Ligazón á normativa

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    O obxecto do presente decreto é regular :

    a) O transporte sanitario terrestre que transcorra integramente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

    b) As características técnicas, equipamento sanitario e dotación de persoal, dos vehículos de transporte sanitario por estrada.

    c) As certificacións técnico-sanitarias dos vehículos de transporte sanitario por estrada.

    d) Os requisitos mínimos de formación do persoal que preste servizos en vehículos de transporte sanitario.

    e) O procedemento de expedición de certificacións nos supostos de habilitación por experiencia profesional acreditada.

    f) O réxime xurídico do Rexistro de Transporte Sanitario.

    Obrigatoriedade .

    1. Os vehículos de transporte sanitario a que se refire o presente decreto deberán contar coa correspondente certificación técnico-sanitaria, expedida pola xefatura territorial da consellería competente en materia de sanidade, tendo en conta o lugar en que se domicilie a autorización de transporte sanitario na cal pretendan ampararse.

    2. Para a expedición da citada certificación, os vehículos deberán reunir as características técnicas e as dotacións previstas neste decreto. As certificacións estarán referidas a un vehículo concreto, e deberán presentarse no momento da inspección do vehículo na entidade concesionaria da Inspección Técnica de Vehículos (ITV).

    3. A citada certificación non exime nin substitúe a obtención doutras autorizacións ou permisos, para cuxo outorgamento sexan competentes outras consellerías da Xunta de Galicia, ou outras administracións, segundo o previsto na normativa vixente en materia de transporte.

    Expedición das certificacións técnico-sanitarias .

    1. As certificacións outorgadas documentaranse mediante a expedición dun certificado en que conste:
    a) Titularidade e domicilio indicado no permiso de circulación do vehículo.
    b) Matrícula.
    c) Número de bastidor.
    d) Clase e antigüidade do vehículo.
    e) Data de expedición e renovación da certificación técnico-sanitaria.

    2. A certificación técnico-sanitaria deberá ir, en todo momento, xunto coa documentación do vehículo.

    3. O órgano concedente remitirá copia das certificacións técnico-sanitarias expedidas ao Rexistro de Transporte Sanitario.

    Vixencia e renovación .
    1. As certificacións técnico-sanitarias outorgaranse por un prazo de duración de dous anos para vehículos novos e anual a partires do segundo ano de antigüidade, ata os 10 anos que fixa como antigüidade máxima o artigo 32.a) da Orde PRE/1435/2013, do 23 de xullo, que desenvolve o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres en materia de transporte sanitario por estrada.

    2. Con independencia da duración da certificación, o órgano competente para o seu outorgamento poderá, cando o considere oportuno, comprobar o cumprimento das condicións que o xustificaron e proceder ás inspeccións pertinentes.

    3. Os/as titulares de vehículos de transporte sanitario deberán solicitar a renovación da certificación técnico-sanitaria correspondente a cada un destes con, polo menos, un mes de antelación ao remate do prazo de vixencia da anterior; para tal efecto presentará a documentación prevista para a solicitude de outorgamento da certificación.

    A renovación poderase solicitar mentres o vehículo non cumpra o prazo de antigüidade máxima indicado no parágrafo 1 do artigo 12 deste decreto.

    4. De non solicitarse a renovación en prazo, a certificación perderá a súa validez.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Os propietarios de vehículo destinado a realizar desprazamentos de persoas enfermas, accidentadas, ou por outra razón sanitaria.

    Requisitos

    Para a obtención da certificación técnico-sanitaria será necesario acreditar o cumprimento dos seguintes requisitos :

    a) O vehículo deberá estar matriculado e habilitado para circular e non poderá superar a antigüidade de 10 anos, contados desde a súa primeira matriculación.

    b) Deberá estar vixente a última inspección técnica periódica que, segundo as normas vixentes en materia de industria, legalmente corresponda realizar en relación co vehículo.

    c) O vehículo deberá cumprir as condicións técnico-sanitarias que para cada clase de vehículo se exixen no presente decreto e no Real decreto 836/2012, do 25 de maio.

    d) A empresa certificará que dispón do persoal adecuado e coa cualificación ou habilitación que, segundo o especificado no Real decreto 836/2012, do 25 de maio, e no presente decreto ou normativa que o desenvolva, resulten necesarias para o servizo do tipo de vehículo de que se trate, para o cal presentará a documentación xustificativa destes requisitos.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA CORUÑA

    S. DE PLANIFICACIÓN, ASEGURAMENTO E ORDENACIÓN SANITARIA DA CORUÑA

    R/ Durán Loriga, 3

    15003 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981155817 / 981155823

    Fax: Teléfono: 981155817

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE LUGO

    S. PLANIFICACIÓN, ASEGURAMENTO E ORDENACIÓN SANITARIA LUGO

    Montevideo, 9

    27001 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982292107

    Fax: 982292115

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE OURENSE

    S.PLANIFICACIÓN,ASEGURAMENTO,ORDENACIÓN SANITARIA OURENSE

    Avda. Zamora, 13

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988066321

    Fax: 988386302

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    S.PLANIFICACIÓN,ASEGURAMENTO,ORDENACIÓN SANITARIA PONTEV.

    Fernández Ladrera, nº 43, 1º

    36071 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986885880

    Fax: 986814186

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    Delegación Territorial de Sanidade en Vigo

    Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria en Vigo

    Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817624

    Fax: 986817627

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

    Normativa

    Ámbito Estatal

    Orde PRE/1435/2013, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres en materia de transporte sanitario por estrada (BOE nº 180 do 29 de xullo de 2013).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 22/2014, do 17 de xaneiro, polo que se modifica o Real Decreto 836/2012, do 25 de maio, polo que se establecen as características técnicas, o equipamento sanitario e a dotación de persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada (BOE nº 22 do 25 de xaneiro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Autonómico

    Real Decreto 836/2012, do 25 de maio, polo que se establecen as características técnicas, o equipamento sanitario e a dotación de persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada (BOE nº 137 do 8 de xuño de 2012).

    Ligazón á normativa

    Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario (DOG nº 69 do 14 de abril de 2015).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario (DOG nº 73 do 20 de abril de 2015).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Regular as condicións de autorización a aquelas industrias que desexen transformar a especie de molusco bivalvo denominada acanthocardia tuberculatum.

    A quen vai dirixido?

    Industrias transformadoras de esta especie de molusco.

    Requisitos

    As industrias terán que cumprir cos requisitos establecidos relativos ao tratamiento térmico aplicable aos moluscos bivalvos Acanthocardia tuberculattum co fin de reduci-la toxina PSP.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    Dirección Xeral de Saúde Pública

    S.X. PROGRAMAS DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS PARA A SAÚDE

    SERVIZO DE SEGURIDADE ALIMENTARIA

    San Lázaro s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881542937

    Fax: 881542970

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA CORUÑA

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DA CORUÑA

    R/ Durán Loriga, 3-7ª

    15003 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981155832

    Fax: 981155813

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE LUGO

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE LUGO

    Montevideo, 9

    27001 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982292087

    Fax: 982292128

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE OURENSE

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE OURENSE

    Avda. Zamora, 13

    32005 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988066325

    Fax: 988066331

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE PONTEVEDRA

    R/Fernández Ladreda, 43-1º

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986885878

    Fax: 986505610

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE SEGURIDADE ALIMENTARIA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 29 de febreiro de 1996 pola que se regulan as condicións de autorización ás industrias transformadoras da especie Acanthocardia tuberculatum (DOG nº 48 do 7 de marzo de 1996).

    Ligazón á normativa

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    O obxecto desta orde é establecer o procedemento para a tramitación e xestión das solicitudes de formación práctica de alumnos/as de universidades non pertencentes ao sistema universitario de Galicia en centros asistenciais adscritos ao Servizo Galego de Saúde.

    A quen vai dirixido?

    Estudantes das titulacións universitarias correspondentes as profesións definidas na Lei 44/2003, do 21 novembro, de ordenación das profesións sanitarias, que no momento da solicitude superasen o 50% dos créditos da súa titulación nos plans renovados ou se encontren nos dous últimos cursos dos plans non renovados.

    Requisitos

    A presente orde será de aplicación cando a solicitude de colaboración emitida por un centro universitario teña un carácter ocasional, non sendo previsible que dita colaboración perdure no tempo.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    AXENCIA GALEGA PARA A XESTIÓN DO COÑECEMENTO EN SAÚDE

    Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

    ÁREA DE XESTIÓN DO COÑECEMENTO E DO TALENTO

    Servizo de Docencia

    Avda. Fernando de Casas Novoa, 37 - Ed. CNL. Portal A 1º (San Lázaro)

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881542887

    Fax: 981554824

    Email: acis@sergas.es

    Órgano responsable

    Servizo de Docencia

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    Orde do 13 de novembro de 2007 pola que se establece o procedemento para tramitación e xestión das solicitudes de formación práctica de alumnos/as de universidades non pertencentes ao sistema universitario de Galicia en centros asistenciais adscritos ao Servizo Galego de Saúde (DOG nº 238, do 11 de decembro de 2007)

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.