Xunta de Galicia

  • Obxecto

    É obxecto do presente decreto a regulación da sanidade mortuoria na Comunidade Autónoma de Galicia, que inclúe as seguintes materias:
    a) Toda clase de prácticas sanitarias sobre cadáveres, tales como as de tanatopraxia e tanatoestética.
    b) As condicións técnico-sanitarias que deben reunir as empresas funerarias, tanatorios, velorios e crematorios, de carácter público ou privado, nos traballos que realizan e medios que empregan para o transporte de cadáveres e restos humanos e restos cadavéricos.
    c) As condicións técnico sanitarias que teñen que cumprir os cemiterios e demais lugares de enterramentos.
    d) As normas sanitarias no tratamento dos restos cadavéricos.
    e) As infraccións e sancións en materia de sanidade mortuoria.

    A quen vai dirixido?

    Empresas do sector funerario.

    Requisitos

    - As entidades propietarias dos tanatorios, velorios e empresas funerarias, crematorios e cemiterios disporán dun libro oficial de rexistro de acordo co formato e cos datos que se especifican nos anexos VI a X respectivamente.

    - Os libros oficiais de rexistro permanecerán custodiados baixo a responsabilidade do titular do establecemento ou persoa designada por este.

    - Os libros oficiais de rexistro poderán ser controlados, en calquera momento, por requirimento das autoridades sanitarias competentes da Administración autonómica e da municipal.

    - As entidades propietarias estarán obrigadas a inscribir cada servizo que presten nos libros oficiais, cubrindo na súa totalidade os datos especificados en cada un dos seus puntos.


    - As entidades propietarias dos tanatorios, velorios e empresas funerarias, crematorios e cemiterios poderán utilizar follas en soporte informático, que terán que ser posteriormente dilixenciadas pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Sanidade da provincia correspondente, en substitución dos libros oficiais de rexistro citados no artigo anterior, ao rematar o exercicio correspondente.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    Dirección Xeral de Saúde Pública

    S.X. PROGRAMAS DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS PARA A SAÚDE

    SERVIZO DE SANIDADE AMBIENTAL

    San Lázaro s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881542955

    Fax: 881542943

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA CORUÑA

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DA CORUÑA

    R/ Durán Loriga, 3-7ª

    15003 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981155820

    Fax: 981155813

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE LUGO

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE LUGO

    Montevideo, 9

    27001 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982292087

    Fax: 982292128

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE OURENSE

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE OURENSE

    Avda. Zamora, 13

    32005 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988066325

    Fax: 988066331

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE PONTEVEDRA

    R/Fernández Ladreda, 43-1º

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986885878

    Fax: 986505610

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE SANIDADE AMBIENTAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia (DOG nº 237 do 11 de decembro de 2014).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Regular o procedemento para autorizar o funcionamento dunha industria alimentaria ou un establecemento de alimentación.

    A quen vai dirixido?

    Os representantes/titulares das industrias

    Requisitos

    Cumprir cos regulamentos técnico-sanitarios, incluíndo os relativos aos procesos de elaboración e productos terminados.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    Dirección Xeral de Saúde Pública

    S.X. PROGRAMAS DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS PARA A SAÚDE

    SERVIZO DE SEGURIDADE ALIMENTARIA

    San Lázaro s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881542937

    Fax: 881542970

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA CORUÑA

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DA CORUÑA

    R/ Durán Loriga, 3-7ª

    15003 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981155840

    Fax: 981155813

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE LUGO

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE LUGO

    Montevideo, 9

    27001 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982292087

    Fax: 982292128

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE OURENSE

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE OURENSE

    Avda. Zamora, 13

    32005 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988066325

    Fax: 988066331

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE PONTEVEDRA

    R/Fernández Ladreda, 43-1º

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986885878

    Fax: 986505610

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE SEGURIDADE ALIMENTARIA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Real Decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (BOE nº 57 do 8 de marzo de 2011).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 682/2014, da 1 de agosto, polo que se modifica o Real Decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos, e outros catro regulamentos sobre esta materia (BOE nº 208 do 27 de agosto de 2014).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Regular o procedemento de acreditación administrativa para desenvolver, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, actividades sanitario-asistenciais de programas de tratamento de mantemento con medicación agonista opiácea para persoas drogodependentes de sustancias opiáceas.
    Dacordo co sinalado no artigo 7 do RD 75/1990, do 19 de xaneiro, a Administración sanitaria autonómica só pederá outorgar acreditación cunha vixencia non superior a dous anos.

    A quen vai dirixido?

    a) Centros ou servizos sanitario-asistenciais públicos e privados sen ánimo de lucro.
    b) Centros ou servizos dependentes de institucións penitenciarias ou doutras entidades que teñan por finalidade principal unha función non estrictamente sanitaria.
    c) Con carácter excepcional e unicamente para a prescrición de tratamentos regulados nesta orde, profesionais facultativos médicos on integrados en centros ou servizos acreditados para o efecto.
    d) Oficinas de farmacia que pretendan levar a cabo actividades de elaboración ou, cando proceda, conservación, dispensación ou administración.
    Nos supostos a) e b) poderase solicitar acreditación para o desenvolvemento de actividades de prescrición, formulación, elaboración, conservación distribución, dispensación ou administración, sempre e cando conten cos requisitos de persoal esixidos pola lexislación vixente e o equipamento necesario para o desenvolvemento das actividades.

    Requisitos

    - Desenvolver as actividades sanitario-asistenciais sen perseguir ánimo de lucro, en concordancia co disposto no artigo 2.1º do RD 75/1990, do 19 de xaneiro.
    - No caso de centro ou servizos sanitarios, contar coa correspondente autorización administrativa sanitaria de apertura e posta en funcionamento.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

    Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

    San Lázaro s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981542814

    Fax: 981542897

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 15 de maio de 2000, pola que se aproba o procedemento de acreditación administrativa para o desenvolvemento de actividades de tratamentos de mantemento con substancias opiáceas (DOG nº 105 do 31 de maio de 2000).

    Ligazón á normativa

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    - Antes de que remate o período de vixencia da acreditación outorgada, terá que solicitarse a renovación dela, mediante instancia conforme o modelo que recolle o anexo IV da Orde do 15 de maio de 2000.

    - As resolucións de outorgamento ou denegación da renovación de acreditación deberán contar co informe previo da Comisión Galega de Acreditación, Avaliación e Control do Programa de Tratamento con Opiáceos.

    - Se no derradeiro día do prazo de dous anos contado desde a data de resolución de concesión dunha acreditación os seus beneficiarios non solicitasen a súa renovación, a acreditación concedida entenderase caducada.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

    Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

    San Lázaro s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981542814

    Fax: 981542897

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 15 de maio de 2000, pola que se aproba o procedemento de acreditación administrativa para o desenvolvemento de actividades de tratamentos de mantemento con substancias opiáceas (DOG nº 105 do 31 de maio de 2000).

    Ligazón á normativa

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro, para a realización de programas de incorporación social desenvoltos en vivendas segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social destinados a persoas afectadas por distintos tipos de adiccións que estean participando nun programa terapéutico de rehabilitación nas unidades de atención a drogodependencias incluídas no Circuíto de Asistencia Sanitaria aos Trastornos Adictivos en Galicia.

    A súa finalidade é apoiar as persoas a tratamento de deshabituación de trastornos adictivos para facilitar a súa incorporación social e promover unha vida autónoma en ámbito residencial.

    Gastos subvencionables .

    1. Consideraranse gastos subvencionables os que cumpran as seguintes características:

    a) Que correspondan exclusivamente aos xerados na realización do programa de apoio social aos procesos terapéuticos.

    b) Que se efectúen desde o 1 de decembro do ano 2018 ata o 30 de novembro do 2019 e sexan efectivamente pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. Exceptuaranse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior, por axustáranse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente) no cal se reflicta o importe de retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación, quedando obrigada a entidade subvencionada a presentar os documentos acreditativos da súa liquidez nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario; en todo caso, esta presentación terá como data límite o derradeiro día do mes seguinte ao último trimestre do exercicio da convocatoria.

    c) Que respondan de xeito indubidable á natureza da actividade subvencionada, e resulten estritamente necesarios.

    d) Que teñan a seguinte natureza:

    1º. Gastos de persoal: contratación de persoal necesario para a realización de actividades e programas específicos da vivenda onde se desenvolva o programa de incorporación social. Terá a dita consideración o persoal que execute funcións inequivocamente relacionadas coa actividade subvencionada.

    As retribucións estarán limitadas polas contías determinadas para os diferentes grupos de cotización á Seguridade Social, referidos a catorce pagas anuais para unha xornada semanal de corenta horas.

    Para xornadas inferiores ás corenta horas realizarase o cálculo proporcional.

    2º. Gastos correntes: ata un máximo do 30 % da contía concedida.

    a) Gastos correntes de mantemento da vivenda en que se desenvolve o programa.

    b) Axudas de custo e gastos de viaxe, en función das contías fixadas para o grupo 2 no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns do servizo ao persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non superen no seu conxunto o 3 % do importe total subvencionable do programa, agás que, en atención á súa natureza, sexa autorizada outra porcentaxe na resolución de concesión da axuda.

    c) Gastos de xestión e administración directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa, incluíndo os custos xerais de estrutura necesarios e indispensables para a súa axeitada preparación ou execución. Poderán imputarse os derivados de auditorías externas sobre a xestión do programa/s por parte da entidade.

    d) Outros gastos correntes directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa.

    e) Tamén son subvencionables os gastos financeiros, de asesoría xurídica ou financeira, notariais e rexistrais e os gastos periciais para a realización do proxecto subvencionado e os de administración específicos directamente relacionados coa actividade subvencionada, se son indispensables para a súa axeitada preparación ou execución, así como os gastos de garantía bancaria. Non obstante, en ningún caso serán subvencionables os xuros debedores das contas bancarias.

    2. Non serán subvencionables os gastos orixinados polas actividades realizadas na condición de integrantes das xuntas directivas ou consellos de dirección das entidades.

    3. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde por propia iniciativa ou por petición de calquera das entidades solicitantes.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Entidades privadas sen ánimo de lucro.

    Obrigas das entidades beneficiarias.

    As entidades beneficiarias das axudas terán as seguintes obrigas:

    a) Cumprir o obxectivo, executar o programa e realizar as actividades que fundamentan a concesión da subvención.

    b) Xustificar ante a Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actividades e o cumprimento da finalidade determinante da concesión da subvención.

    c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente para comprobar o cumprimento do fin para o que se destina esta subvención, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    d) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

    e) As entidades beneficiarias e os terceiros relacionados co obxecto da subvención ou coa súa xustificación estarán obrigados a prestar colaboración e facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións, así como aos órganos que, de acordo coa normativa comunitaria, teñan atribuídas funcións de control financeiro.

    f) Cumprir as directrices e instrucións de coordinación e programación dispostas polo Servizo Galego de Saúde a través da Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial.

    g) Manter debidamente actualizados todos aqueles rexistros que sexan precisos para remitir á Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial, de acordo coa periodicidade que se lle sinale, a información relativa á actividade das persoas usuarias, facendo constar o número de admisións e intervencións realizadas, as actividades realizadas nos dispositivos da asociación, unha relación do número de solicitudes de admisión que lle acheguen e un informe onde conste se foron admitidas ou, se é o caso, rexeitadas, indicando a razón do seu rexeitamento.

    h) Comunicar á Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial calquera modificación, suspensión ou vacante no cadro de persoal, os gastos derivados destas variacións nos cadros de persoal soamente serán considerandos subvencionables desde a data da comunicación efectiva, non tendo, en ningún caso, carácter retroactivo.

    i) Manter actualizados os sistemas de información que estean en funcionamento nos dispositivos.

    j) Coordinarse coas unidades asistenciais da rede do Plan de Galicia sobre drogas.

    k) Coordinarse con outros centros, servizos e programas recollidos dentro do Plan de trastornos adictivos de Galicia, co fin de asegurar a súa programación homoxénea.

    l) Someter á consideración técnica da Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial calquera programa ou intervención que, non estando recollido dentro do documento que estableza os instrumentos de planificación en materia de incorporación social de trastornos adictivos, vai poñer en marcha o equipo técnico responsable do desenvolvemento do programa.

    Para tal fin, a dirección técnica deste equipo presentará unha descrición do programa que se vai desenvolver e fará constar, como mínimo, a denominación do programa, a xustificación da actuación, a metodoloxía para o seu desenvolvemento, así como unha previsión para o seu desenvolvemento programático: obxectivos xerais e específicos, poboación destinataria, difusión prevista, recursos humanos e materiais, mecanismos de coordinación, detalle de actividades, cronograma, orzamento e avaliación prevista.

    m) Axustarse ás disposicións recollidas na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e ás instrucións que o Servizo Galego de Saúde puidese facer nesta materia.

    n) Engadir en todos os documentos e accións de difusión e información do programa subvencionado o logotipo da Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade) e do Servizo Galego de Saúde, en consoancia coa obriga de publicidade do carácter público do financiamento do programa. Segundo o establecido no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a entidade beneficiaria deberá dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento do programa subvencionado, nos termos regulamentariamente establecidos. En concreto deberán manter no espazo dedicado á realización das actividades, de xeito visible, un cartel coa lenda «Proxecto Cofinanciado» acompañado do logotipo da Xunta de Galicia e do Servizo Galego de Saúde.

    ñ) Remitir antes do día 5 de cada mes, a ocupación da vivenda, segundo o anexo VIII. No caso das altas deberase acompañar dos respectivos documentos de derivación das unidades asistenciais de drogas da rede do Plan de Galicia sobre drogas, a que recibe tratamento e seguimento o/a paciente.

    o) Cubrir o cadro de indicadores de actividade que remitirá a Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial con periodicidade anual.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Para ser beneficiaria das axudas publicadas nesta orde deberán acreditarse os seguintes requisitos:

    a) Ser unha entidade sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre drogas creado polo Decreto 74/2002, do 28 de febreiro.

    b) Ser titular ou responsable dunha vivenda de apoio á incorporación social de pacientes estabilizados/as nas unidades asistenciais de drogodependencias.

    c) Acreditar o desenvolvemento de programas de incorporación social dirixidos ao colectivo de persoas drogodependentes durante os dous anos anteriores á anualidade desta convocatoria, achegando as memorias de actividade de cada ano. A dita memoria deberá axustarse ao indicado no artigo 8 punto c do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galicia.

    d) Axustarse ao establecido pola Orde do 25 de xaneiro de 2008, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, para os centros de acollida e inclusión que desenvolven programas de apoio social a procesos terapéuticos e estar inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) regulado na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

    e) Estar autorizada, desde dous anos antes á anualidade desta convocatoria, polo servizo correspondente da Consellería de Política Social segundo o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, como centro de acollida-apoio social a procesos terapéuticos.

    f) Dispoñer dunha sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou, de ser o caso, contar con domicilio social nela, comprometéndose a desenvolver as actividades subvencionadas en vivendas próximas á poboación onde exista unidade asistencial de drogodependencias.

    2. As entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas que lles sexan exixibles de acordo co artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    3. Todos os requisitos deberán acreditarse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

    Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

    SUBD. XERAL DE PLANIFICACIÓN E PROGRAMACIÓN ASISTENCIAL

    Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881 541824

    Fax: 881542897

    Órgano responsable

    SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 17 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 122 do 28 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 17 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 122 do 28 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Regular o procedemento relativo ao reintegro de gastos derivados de asistencia sanitaria cando se empreguen medios alleos ao Servizo Galego de Saúde.

    A quen vai dirixido?

    Os usuarios e usuarias con asistencia sanitaria a cargo do Servizo Galego de Saúde teñen dereito ao reintegro dos gastos derivados dela, cando esta se producise en centros e servizos alleos, de conformidade co disposto no artigo 2 desta orde.

    Requisitos

    Considerarase como única causa para a solicitude de reintegro dos gastos ocasionados por asistencia sanitaria con medios alleos ao Servizo Galego de Saúde a derivada dunha situación de urxencia, inmediata e de carácter vital.

    Neste suposto, comprobaranse as circunstancias en que se produciu a urxencia e a imposibilidade real de acudir a un centro do servizo público de saúde, que se deberá xustificar documentalmente, de ser posible, no informe do reintegro de gastos.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

    XERENCIA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

    Edificio Administrativo San Lázaro

    15703

    Teléfono: 881542892 / 881542891

    Fax: 881542897

    Email: Juan.Manuel.Gonzalez.Lorenzo@sergas.es

    Órgano responsable

    XERENCIA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 12 de marzo de 2014 pola que se regula o procedemento dos reintegros de gastos de asistencia sanitaria con medios alleos (DOG nº 59 do 26 de marzo de 2014).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Establecer o procedemento para a cancelación da inscrición no rexistro de entidades colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas.

    A quen vai dirixido?

    Entidades inscritas no rexistro de entidades colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas.

    Requisitos

    Producirse algunha das circunstancias seguintes respecto da entidade:
    - Extinción da súa personalidade xurídica.
    - Disolución.
    - Incumprimento das condicións e obrigas esixidas polo Decreto que máis adiante se refire.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA CORUÑA

    SERVIZO DE XESTIÓN DA CORUÑA

    R/ Durán Loriga 3

    1507 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981155863

    Fax: 981155801

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE LUGO

    SERVIZO DE XESTIÓN DE LUGO

    Montevideo, 9

    27001 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982292089

    Fax: 982294088

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE OURENSE

    SERVIZO DE XESTIÓN DE OURENSE

    Avda. Zamora, 13

    32005 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988066373

    Fax: 988066302

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE XESTIÓN DE PONTEVEDRA

    R/Fernández Ladreda, 43-1º

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986885862

    Fax: 986885802

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    Delegación Territorial de Sanidade en Vigo

    Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817624

    Fax: 986817627

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese (DOG nº 54 do 15 de marzo de 2002).

    Ligazón á normativa

    Decreto 58/2005, do 24 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese (DOG nº 64 do 5 de abril de 2005).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Establecer o procedemento para a cancelación da inscrición no rexistro de entidades colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas.

    A quen vai dirixido?

    Entidades inscritas no rexistro de entidades colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas.

    Requisitos

    Producirse algunha das circunstancias seguintes respecto da entidade:
    - Extinción da súa personalidade xurídica.
    - Disolución.
    - Incumprimento das condicións e obrigas esixidas polo Decreto que máis adiante se refire.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA CORUÑA

    SERVIZO DE XESTIÓN DA CORUÑA

    R/ Durán Loriga 3

    1507 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981155863

    Fax: 981155801

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE LUGO

    SERVIZO DE XESTIÓN DE LUGO

    Montevideo, 9

    27001 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982292089

    Fax: 982294088

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE OURENSE

    SERVIZO DE XESTIÓN DE OURENSE

    Avda. Zamora, 13

    32005 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988066373

    Fax: 988066302

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE XESTIÓN DE PONTEVEDRA

    R/Fernández Ladreda, 43-1º

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986885862

    Fax: 986885802

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

    Delegación Territorial de Sanidade en Vigo

    Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817624

    Fax: 986817627

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese (DOG nº 54 do 15 de marzo de 2002).

    Ligazón á normativa

    Decreto 58/2005, do 24 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese (DOG nº 64 do 5 de abril de 2005).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Regular o procedemento de comunicación das variacións que afecten aos datos do Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas.

    A quen vai dirixido?

    Asociacións, fundacións, organizacións non gubernamentais e outras entidades públicas ou privads inscritas no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan Galicia sobre Drogas.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

    San Lázaro s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881542725

    Fax: 881542728

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese (DOG nº 54 do 15 de marzo de 2002).

    Ligazón á normativa

    Decreto 58/2005, do 24 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese (DOG nº 64 do 5 de abril de 2005).

    Ligazón á normativa

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará ou día 24 de agosto de 2016.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Positivo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude segundo o Anexo I.
    • Copia do DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE SANIDADE

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

    San Lázaro s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 881542725Fax: 881542728

    Versión en formato PDF

    Regular o procedemento de comunicación das variacións que afecten aos datos do Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas.

    Beneficiarios:

    Asociacións, fundacións, organizacións non gubernamentais e outras entidades públicas ou privads inscritas no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan Galicia sobre Drogas.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Decreto 58/2005, do 24 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese (DOG nº 64 do 5 de abril de 2005).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade. (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese (DOG nº 54 do 15 de marzo de 2002).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.