Xunta de Galicia

  • Obxecto

    Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e convócase, baixo o réxime de concorrencia competitiva, o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas orientado aos nenos e nenas galegos, con idades comprendidas, segundo estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.

    A concesión dos premios rexerase por estas bases; pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, subsidiariamente, pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións.

    A quen vai dirixido?

    Poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.

    Requisitos

    - Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

    - Non poderán acceder a estes premios as persoas participantes cuxos representantes legais se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    - Os fillos e fillas de quen sexa integrante do xurado non poderán presentar textos a esta convocatoria.

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP)

    R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546044

    Fax: 981546337

    Email: egap@xunta.es

    http://egap.xunta.es

    Órgano responsable

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 19 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas (DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 19 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria do Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas (DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Anuncio do 7 de maio de 2019 polo que se fai pública a resolución da concesión dos premios do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas (DOG nº 91 do 14 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e efectuar a convocatoria das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación para o emprego promovidos polas entidades locais de Galicia no marco do Afedap.

    Gastos subvencionables .

    1. Serán subvencionables os gastos directamente destinados ao desenvolvemento da actividade formativa programada, incluíndo os desprazamentos da persoa que imparta a docencia.

    Terán, así mesmo, a consideración de gastos subvencionables os materiais didácticos e complementarios necesarios para o desenvolvemento da actividade formativa.

    Na memoria da actividade formativa incluirase a previsión do custo da actividade formativa, desagregado pola natureza do gasto, debendo ter en conta o seguinte:

    a) O custo dos gastos subvencionables non poderá superar o valor de mercado.

    b) Só serán subvencionables os gastos que se realicen entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 15 de novembro do ano 2019 e que se atopen efectivamente pagados o 5 de decembro de 2019 data de finalización do período de xustificación.

    c) Os tributos serán gasto subvencionable cando a beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos financiables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

    2. Poderán financiarse con cargo ás subvencións concedidas os gastos directamente imputables ás accións formativas e ás actividades complementarias, así como os gastos xerais imputables á totalidade das actividades que conforman o plan de formación aprobado.

    2.1. Gastos directamente imputables ás accións formativas:

    a) Gastos de formadores/as internos/as e externos/as no exercicio de actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación das persoas participantes.

    b) Gastos de medios e materiais didácticos, como textos e materiais dun só uso polo/a alumno/a (compra, elaboración, reprodución e distribución), e materiais de traballo funxibles utilizados para o desenvolvemento das actividades de formación.

    c) Gastos pola elaboración de contidos para a impartición de cursos a través da internet.

    d) Gastos de aloxamento, mantemento e desprazamento das persoas que interveñen nas accións formativas (alumnos/as, coordinadores/as, persoal de apoio e profesorado). As entidades beneficiarias a que lles sexa de aplicación o Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, axustaranse ás contías e condicións establecidas nel. Para as demais entidades beneficiarias, observaranse os principios xerais, os requisitos dos gastos e a forma de xustificación establecidos na devandita norma, limitándose as contías máximas subvencionables, con carácter xeral, ás establecidas para o grupo 2.

    e) Gastos de alugamento tanto de instalacións como de equipamento necesarios para o desenvolvemento das actividades formativas.

    2.2. Gastos xerais asociados á execución das actividades subvencionadas que non poidan ser imputados de forma directa, co límite máximo do 25 por cento do total dos gastos directos:

    a) Gastos de persoal de apoio, tanto interno como externo, para a xestión e execución do plan.

    b) Gastos de alugamento de instalacións e de equipamento non imputables directamente ás actividades previstas no plan de formación.

    c) Gastos de seguros, incluído, de ser o caso, o da cobertura de accidentes das persoas participantes, en coherencia coa disposición adicional terceira do Afedap.

    d) Gastos de publicidade e difusión.

    e) Gastos de avaliación e control.

    f) Outros gastos indirectos en concepto de auga, gas, electricidade, mensaxería, telefonía, material de oficina consumido, vixilancia e limpeza e outros non especializados imputables ao plan de formación, co límite máximo do 6 por cento do total dos gastos directos e sen que sexa precisa a súa xustificación documental.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias da liña en réxime de concorrencia competitiva das subvencións convocadas, os concellos, as deputacións provinciais e demais entidades locais recoñecidas no artigo 2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, que promovan plans de formación para o persoal empregado público, de carácter unitario ou agrupado, dentro do ámbito do Afedap

    De conformidade co establecido no artigo 6 desta Resolución, segundo parágrafo do Afedap, só poderá ser beneficiaria da liña en réxime de concorrencia non competitiva das subvencións convocadas a Federación Galega de Municipios e Provincias.

    Obrigas das beneficiarias.

    Serán obrigas das entidades beneficiarias os seguintes:

    a) Destinar os fondos percibidos ao obxecto para o cal foron concedidos e executar a actividade que fundamenta a concesión da axuda no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2019.

    b) Achegar a documentación requirida nesta convocatoria, así como xustificar ante a Egap o cumprimento dos requisitos e das condicións que determinen a súa concesión.

    c) Efectuar a selección das persoas que vaian participar nas accións formativas pola adecuación do seu perfil aos seus obxectivos e contidos.

    d) Xustificar, antes da data que se sinala no número 1.b) da base sétima, os gastos realizados no exercicio económico en que se concedeu a subvención nos termos fixados na convocatoria.

    e) Achegar a información sobre as accións formativas realizadas que sexa necesaria para a súa inclusión nunha memoria anual e para efectos estatísticos do seguimento das accións formativas desenvolvidas.

    f) Someterse ás actuacións de comprobación que realice a Egap, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeira, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, achegando a información requirida.

    g) Comunicar á Egap a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

    h) Expedir os correspondentes certificados de asistencia e/ou aproveitamento, de acordo cos requisitos previamente establecidos pola Comisión Xeral de Formación para o Emprego das Administracións Públicas.

    i) Garantir a calidade e gratuidade das accións formativas financiadas con estes fondos e cumprir con todas as obrigas previstas no Afedap.

    j) Conservar os documentos xustificativos dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

    k) Incorporar de forma visible no material de difusión das actividades formativas subvencionados o seu financiamento público.

    l) Reintegrar os fondos percibidos nos supostos recollidos no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia.

    m) Cumprir cas obrigas correspondentes previstas no Afedap e no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Para poder obter a condición de beneficiarias, as interesadas deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP)

    R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546255

    Fax: 981546336

    Email: xestión.egap@xunta.gal

    Órgano responsable

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 26 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2019, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (DOG nº 50 do 12 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 26 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2019, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (DOG nº 50 do 12 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Os formularios de solicitude están dispoñibles no enderezo https://fedap-galicia.inap.es

    Ligazón á normativa

    Os formularios de solicitude están dispoñibles na páxina web da EGAP (https://egap.xunta.gal)

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    1. O obxecto destas bases é a regulación da concesión de subvencións para a realización de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior que executarán as entidades recoñecidas como axentes de cooperación para o desenvolvemento pola Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, ben individualmente ben mediante unha agrupación de entidades (procedemento PR803D):

    – Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento.

    – Universidades.

    – Empresas e organizacións empresariais.

    – Sindicatos.

    – Comunidades galegas no exterior.

    – Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.

    2. Non se considerarán agrupación de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación ou federación a que pertenza a dita entidade, ou aquelas en que os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.

    3. Exclúense destas bases os proxectos que teñan como obxecto a acción humanitaria e os de carácter asistencial que non poidan asegurar a súa viabilidade cando cese o financiamento externo.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    – Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento.

    – Universidades.

    – Empresas e organizacións empresariais.

    – Sindicatos.

    – Comunidades galegas no exterior.

    – Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.

    Requisitos

    Non pasarán á fase de valoración as solicitudes presentadas que non cumpran os requisitos seguintes:

    1. Requisitos das entidades.

    a) Estaren inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento con, polo menos, un ano de antelación ao da publicación da convocatoria. As comunidades galegas no exterior que consten inscritas no Rexistro de Centros e Comunidades Galegas dependente da Secretaría Xeral da Emigración e as universidades quedan exentas de cumprir este requisito.

    b) Ter xustificadas, se é o caso, antes da data de presentación da solicitude para a presente convocatoria, as axudas recibidas para as anualidades 2016 e anteriores por parte da Xunta de Galicia a outros proxectos en materia de cooperación para o desenvolvemento subvencionados anteriormente. Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso nos casos en que sobre as entidades beneficiarias de axudas económicas recaese unha resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.

    c) Non estar incursa en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    d) No caso das universidades, deberán formar parte do Sistema universitario de Galicia segundo a Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do Sistema universitario de Galicia, e poderán optar a estas subvencións os seus departamentos e institutos que realicen actividades que poidan ser obxecto das axudas reguladas nestas bases.

    2. Requisitos xerais de todos os proxectos.

    a) Non estar iniciada a execución do proxecto antes do 1 de xaneiro de 2019, e será necesario que o inicio das actividades sexa no ano 2019. Nos supostos en que o proxecto teña carácter anual, os proxectos deberán executarse antes do 30 de decembro do ano en que se conceda a subvención. No caso de proxectos con carácter plurianual, os proxectos deberán executarse antes do 30 de novembro do ano seguinte ao da concesión da subvención.

    b) Que se identifiquen as contrapartes ou socios locais que participen responsablemente na execución material do proxecto e na xestión dos recursos, constando expresamente o seu compromiso no proxecto. Non terán a consideración de contrapartes ou socios locais as delegacións de entidades españolas distintas da entidade solicitante, aínda que estean legalizadas no país de execución do proxecto.

    c) Que as accións non teñan como obxectivo a substitución do Estado na prestación de servizos públicos de saúde, educación regulada ou investigación oficial.

    d) Que o proxecto redunde na ampliación das capacidades e liberdades das poboacións beneficiarias, é dicir, que conten coa participación das persoas beneficiarias no desenvolvemento do proxecto, non sexa discriminatorio por razón de cultura, raza, xénero, relixión ou orixe, fomente a igualdade entre homes e mulleres e sexa respectuoso coa protección do ambiente.

    e) Que teña unha repercusión práctica e cuantificable na satisfacción das necesidades básicas e intereses estratéxicos da poboación das zonas máis desfavorecidas do país en que se execute, atendendo de maneira prioritaria ás diferenzas derivadas das fendas de xénero e que sexa respectuoso cos obxectivos de desenvolvemento do país, da zona onde se leve a cabo a acción e das comunidades beneficiarias.

    f) Que o proxecto se axuste tanto á realidade como á capacidade de xestión da entidade solicitante e a da súa contraparte, co fin de asegurar a súa viabilidade.

    g) Os proxectos deberán estar vinculados de maneira directa á realización das prioridades transversais, segundo o establecido no IV Plan director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento.

    h) O orzamento dos proxectos deberá cumprir co que establece o artigo 7, «gastos do proxecto» desta convocatoria, en especial o relativo aos límites máximos establecidos nalgunha das partidas e á imputación adecuada dos gastos.

    i) O cofinanciamento do proxecto correspondente á entidade solicitante e a outros financiadores diferentes á Xunta de Galicia non pode ser o 100 % valorizado, ten que existir nalgún caso achega financeira ao proxecto.

    j) O emprego dos documentos de formulación normalizados (tanto o técnico como o económico) adaptados á presente convocatoria.

    3. Requisitos específicos dos proxectos presentados polos outros axentes de cooperación.

    Non serán valorados os proxectos presentados polos outros axentes da Cooperación Galega (exceptúanse os presentados polas ONGD) que non se enmarquen, cada un deles, dentro dos seguintes ámbitos:

    • Universidades:

    a) Actividades de cooperación interuniversitaria, como fortalecemento institucional das universidades dos países en desenvolvemento, asistencia para o deseño de títulos e currículos académicos, apoio á mobilidade do persoal investigador e docente, organización de pasantías de alumnado en prácticas, formación de redes para o traballo en común e outras.

    b) Actividades de apoio e asistencia ao resto dos axentes da Cooperación, tanto administracións públicas como entidades privadas (ONGD) no desenvolvemento científico e na transferencia de tecnoloxía.

    • Empresas e asociacións empresariais:

    a) Dotación de bens e servizos –materiais, obras e asistencia técnica– que os procesos de desenvolvemento demandan, así como achega libre de recursos humanos, materiais, técnicos ou financeiros a proxectos ou institucións de desenvolvemento.

    b) Actividades de fortalecemento no sector en que desempeña a súa actividade dos países en desenvolvemento, apoiando a participación no diálogo social, na transferencia da súa experiencia e recursos a institucións cun fin homólogo nos países en desenvolvemento, tales como tarefas de formación e de asistencia técnica en áreas profesionais definidas e no apoio á consolidación das organizacións empresariais.

    c) Promoción dos contactos previos e os estudos de identificación ou prefactibilidade que alenten a creación de oportunidades para a posta en marcha de iniciativas empresariais, que permitan xerar renda e emprego no país en desenvolvemento, fortalecendo o tecido produtivo do país, priorizando as actuacións das micro, pequenas e medianas empresas ou aquelas de economía social. Estas iniciativas deberán incluír unha especial atención ao respecto e defensa dos dereitos laborais, humanos, dereito ao territorio e atenderán ao impacto na loita pola equidade de xénero e a súa contribución á loita contra a pobreza.

    d) Actividades encamiñadas á promoción de prácticas de responsabilidade social corporativa.

    e) Desenvolvemento de proxectos de economía social e fortalecemento do tecido produtivo que favorezan o crecemento económico de base aproveitando o coñecemento do país, a implantación e a rede de relacións que as empresas crean.

    • Sindicatos:

    a) Actividades de apoio, a través dos seus recursos e capacidades humanas e técnicas, ás intervencións directas dos axentes de cooperación.

    b) Actividades de apoio á organización sindical nos países en desenvolvemento, potenciando a capacidade técnica e organizativa destas institucións e apoiando a súa participación no diálogo social nos seus respectivos países co obxectivo de contribuír a unha maior articulación e fortaleza da sociedade civil.

    c) Actividades de promoción da organización da produción a través da transferencia da experiencia dos sindicatos agrarios.

    d) Actividades encamiñadas á promoción de prácticas de defensa de dereitos laborais, cunha especial atención aos dereitos laborais das mulleres.

    • Comunidades galegas no exterior:

    a) Desenvolvemento de proxectos de economía social e fortalecemento do tecido produtivo que favorezan o crecemento económico de base, aproveitando o coñecemento do país, a implantación e a rede de relacións que as comunidades galegas crearan.

    b) Promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a defensa dos grupos de poboación máis vulnerables, con especial incidencia na infancia, terceira idade, persoas refuxiadas, desprazadas, inmigrantes, retornadas, minorías étnicas e comunidades indíxenas.

    • Outras entidades con fins sociais:

    Actuacións ou actividades de apoio a organizacións e institucións dos países socios que desempeñen ou estean relacionadas co fin principal que a entidade solicitante realice en Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES E COA UNIÓN EUROPEA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR

    Rúa do Horreo, 61, 2º andar

    15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Email: cooperacion.exterior@xunta.gal

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES E COA UNIÓN EUROPEA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se realiza a súa convocatoria (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se realiza a súa convocatoria (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 31/12/2014 - 30/01/2015.

    Un mes, contado desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • A solicitude de subvención presentarase de acordo co modelo que figura como anexo I destas bases reguladoras (no caso de presentarse por correo, o envío debera ser certificado e con o selo na 1ª folla deste anexo). De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e da súa publicación na páxina web www.cooperaciongalega.org.
    • Carpeta 1. Información relativa á entidade solicitante que en caso de agrupación de entidades se deberá aportar de cada unha das agrupadas:
    • Carpeta 2. Información relativa á contraparte ou socio local (no caso de ser varias entidades, se debera aportar de cada unha delas):
    • Carpeta 3. Información relativa ao proxecto.
    • A falta de documentación e/ou información nalgunha das carpetas 1, 2 e 3 impedirán a avaliación do proxecto, se non se procedera á súa emenda dentro do prazo establecido no artigo 17 da presente orde. Quedarán excluídos da posibilidade de emenda aqueles documentos que impliquen unha elaboración propia por parte da entidade solicitante, isto e, aqueles previstos nas letras e) e f) da carpeta 1 e os documentos normalizados do proxecto (carpeta 3).
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    Versión en formato PDF

    O obxecto destas bases é a regulación da concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais, ás universidades, ás empresas e organizacións empresariais, aos sindicatos e ás comunidades galegas no exterior que teñan a condición de axentes de cooperación, para a execución de proxectos no exterior.
    Exclúense destas bases os proxectos que teñan como obxecto a acción humanitaria e os de carácter asistencial que non poidan asegurar a súa viabilidade cando cese o financiamento externo.
    Requisitos xerais de todos os proxectos:
    a) Non estar iniciada a execución do proxecto antes do 1 de xaneiro de 2015, sendo necesario que o inicio das actividades sexa no ano 2015. Nos supostos nos que o proxecto teña carácter anual, os proxectos deberán executarse antes do 30 de decembro do ano en que se conceda a subvención. No caso de proxectos con carácter plurianual, os proxectos deberán executarse antes do 30 de novembro do ano seguinte ao de concesión da subvención.
    b) Que se identifiquen contrapartes ou socios locais que participen responsablemente na execución material do proxecto e na xestión dos recursos, constando expresamente o seu compromiso no proxecto.
    c) Que as accións non teñan como obxectivo a substitución do Estado na prestación de servizos públicos de saúde, a educación regulada ou a investigación oficial.
    d) Que o proxecto redunde na ampliación das capacidades e as liberdades das poboacións beneficiarias; é dicir, que conten coa participación das persoas beneficiarias no desenvolvemento do proxecto, non sexa discriminatorio por razón de cultura, raza, xénero, relixión ou orixe, fomente a igualdade entre homes e mulleres e sexa respectuoso coa protección do medio.
    e) Que teña unha repercusión práctica e cuantificable na satisfacción das necesidades básicas e os intereses estratéxicos da poboación das zonas máis desfavorecidas do país no que se execute, atendendo, de xeito prioritario ás diferenzas derivadas das brechas de xénero e que sexa respectuoso cos obxectivos de desenvolvemento do país, da zona onde se leve a cabo a acción e das comunidades beneficiarias.
    f) Que o proxecto se axuste tanto á realidade como á capacidade de xestión da entidade solicitante e á da súa contraparte, co fin de asegurar a súa viabilidade.
    g) Os proxectos deberán estar vinculados de xeito directo á realización das prioridades transversais, segundo o establecido no III Plan director da Cooperación Galega para o desenvolvemento.
    h) O orzamento dos proxectos debera cumprir co que establece o artigo 5 ?gastos do proxecto? desta convocatoria.
    i) O aporte do resto dos financiadores do proxecto (excluida á Xunta de Galicia) non pode ser ao 100% valorizados.

    Requisitos específicos dos proxectos presentados polos outros axentes de cooperación:
    Non serán valorados os proxectos presentados polos outros axentes da Cooperación Galega (exceptúanse os presentados polas ONGD) que non se enmarquen, cada un deles, dentro dos seguintes ámbitos:
    Universidades:
    a) Actividades de cooperación interuniversitaria, como fortalecemento institucional das universidades dos países en desenvolvemento, asistencia para o deseño de títulos e currículos académicos, apoio á mobilidade do persoal investigador e docente, organización de pasantías de alumnado en prácticas, formación de redes para o traballo en común e outras.
    b) Actividades de identificación con perspectiva de xénero e apoio e asistencia ao resto dos actores da cooperación, tanto administracións públicas como entidades privadas (ONGD) no desenvolvemento científico e na transferencia de tecnoloxía.
    Empresas e asociacións empresariais:
    a) Dotación de bens e servizos - materiais, obras e asistencia técnica - que os procesos de desenvolvemento demandan, así como achega libre de recursos humanos, materiais, técnicos ou financeiros a proxectos ou institucións de desenvolvemento.
    b) Actividades de fortalecemento no sector no que desempeña a súa actividade dos países en desenvolvemento, apoiando a participación no diálogo social, na transferencia da súa experiencia e recursos a institucións cun fin homólogo nos países en desenvolvemento, tales como tarefas de formación e de asistencia técnica en áreas profesionais definidas e no apoio á consolidación das organizacións empresariais.
    c) Promoción dos contactos previos e os estudos de identificación ou prefactibilidade que alenten a creación de oportunidades para a posta en marcha de iniciativas empresariais, que permitan xerar renda e emprego no país en desenvolvemento, fortalecendo o tecido produtivo do país, priorizando as actuacións das micro, pequenas e medianas empresas ou aquelas de economía social. Estas iniciativas deberán incluír unha especial atención ao respecto e defensa dos dereitos laborais, humanos, dereito ao territorio, e atenderán ao impacto na loita pola equidade de xénero e a súa contribución á loita contra a pobreza.
    d) Actividades encamiñadas á promoción de prácticas de responsabilidade social corporativa.
    e) Desenvolvemento de proxectos de economía social e fortalecemento do tecido produtivo que favorezan o crecemento económico de base aproveitando o coñecemento do país, a implantación e a rede de relacións que as empresas crean.
    Sindicatos:
    a) Actividades de apoio, a través dos seus recursos e capacidades humanas e técnicas, ás intervencións directas dos demandantes de cooperación.
    b) Actividades de apoio á organización sindical nos países en desenvolvemento, potenciando a capacidade técnica e organizativa destas institucións e apoiando a súa participación no diálogo social nos seus respectivos países co obxectivo de contribuír a unha maior articulación e fortaleza da sociedade civil.
    c) Actividades de promoción da organización da produción a través da transferencia da experiencia dos sindicatos agrarios.
    d) Actividades encamiñadas á promoción de prácticas de defensa de dereitos laborais cunha especial atención aos dereitos laborais das mulleres.
    Comunidades galegas no exterior:
    a) Desenvolvemento de proxectos de economía social e fortalecemento do tecido produtivo que favorezan o crecemento económico de base, aproveitando o coñecemento do país, a implantación e a rede de relacións que as comunidades galegas crearan.
    b) Promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a defensa dos grupos de poboación máis vulnerables, con especial incidencia na infancia, terceira idade, persoas refuxiadas, desprazadas, inmigrantes, retornadas, minorías étnicas e comunidades indíxenas.
    Outras entidades con fins sociais:
    Actuacións ou actividades de apoio a organizacións e institucións dos países socios que desempeñen ou estean relacionadas co fin principal que a entidade solicitante realice en Galicia.

    Beneficiarios:

    As organizacións non gobernamentais, as universidades, as empresas e organizacións empresariais, sindicatos e as comunidades galegas no exterior que teñan a condición de axentes de cooperación.

    Requisitos:

    Requisitos das entidades:
    a) Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento con, polo menos, un ano de antelación ao da publicación da convocatoria. As universidades e as comunidades galegas no exterior que consten inscritas no Rexistro de Centros e Comunidades Galegas dependente da Secretaría Xeral da Emigración quedan exentas de cumprir este requisito.
    b) Ter xustificadas, se é o caso, antes da data de presentación da solicitude para esta convocatoria, as axudas recibidas para as anualidades 2012 e anteriores, por parte da Xunta de Galicia a outros proxectos en materia de cooperación para o desenvolvemento subvencionados anteriormente. Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso, nos casos en que, sobre as beneficiarias de axudas económicas, recaese resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.
    c) Non estar incursa en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    d) No caso das universidades, haberán de formar parte do Sistema Universitario de Galicia segundo a Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do Sistema universitario de Galicia, podendo optar a estas subvencións, os seus departamentos e institutos que realicen actividades que poidan ser obxecto das axudas reguladas nestas bases.
    e) Tamén poderán acceder ás subvencións os proxectos presentados por unha entidade beneficiaria desta convocatoria, agrupada con calquera das entidades definidas como axentes de cooperación, segundo o artigo 23.1, letras b), c), d), e), f), g) da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, que, cumprindo os requisitos anteriores, se presenten agrupadas. Neste caso, cada unha das entidades deberá cumprir os requisitos sinalados anteriormente, debendo xuntar á solicitude a documentación á que se refire o artigo 3.2 ?carpeta 1? destas bases reguladoras, así como o contrato ou acordo de colaboración asinado entre as persoas que ostentan a súa representación legal polo que se obrigan solidariamente ante a Xunta de Galicia polas posibles responsabilidades derivadas da execución do proxecto e, se é o caso, ao reintegro total ou parcial das subvencións nos supostos de falsidade ou ocultación de datos ou incumprimento pleno ou parcial dos fins para os que se lle concedeu a subvención.
    No contrato ou acordo de colaboración entre as entidades agrupadas deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada entidade membro da agrupación, así como o importe da subvención a executar por cada unha delas. As entidades agrupadas asumen a responsabilidade solidaria do proxecto e designarán unha persoa responsable con poderes bastantes para cumprir as obrigas que como beneficiaria lle corresponderan a agrupación de entidades, e que necesariamente pertencerá á entidade solicitante. Así mesmo, designarán un enderezo único para os efectos de notificacións administrativas dos expedientes. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dende a finalización da execución do proxecto.
    Non se considerarán agrupación de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación ou federación a que pertenza a devandita entidade, ou aquelas nas cales os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.
    f) As entidades solicitantes poderán presentar un máximo de dous proxectos, ben sexan individuais ou ben en agrupación con outras entidades. Respecto das universidades, esta limitación aplicarase por departamento.
    g) As entidades que presenten solicitudes a esta convocatoria de proxectos no exterior non poderan presentar á convocatoria de microproxectos no exterior.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 22 de decembro de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos e de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Estas bases regulan a concesión de subvencións para proxectos desenvolvidos dentro dalgunha das catro dimensións seguintes (código de procedemento administrativo PR804A):

    a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.

    b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.

    c) Investigación sobre o desenvolvemento.

    d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.

    A quen vai dirixido?

    As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento que estean inscritas na sección A do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e as agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación definidos na Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.

    Non se considerarán agrupacións de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación ou federación a que pertenza a dita organización, ou aquelas en que os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.

    Requisitos

    Non pasarán á fase de valoración as solicitudes presentadas que non cumpran algún dos requisitos seguintes:

    1. Requisitos que deben reunir as entidades solicitantes :

    a) Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento con, polo menos, un ano de antelación ao día de publicación da convocatoria.

    b) Xustificar, se é o caso, e antes da data de presentación da solicitude para a presente convocatoria, as axudas recibidas para as anualidades 2016 e anteriores, por parte da Xunta de Galicia, a outros proxectos en materia de educación para o desenvolvemento. Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso nos casos en que, sobre as entidades beneficiarias de axudas económicas, se ditase resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.

    c) Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    2. Requisitos dos proxectos :

    a) Non estar iniciada a execución do proxecto antes do 1 de xaneiro de 2019; será necesario que o seu inicio sexa no propio ano 2019. Nos supostos en que o proxecto teña carácter anual, deberá executarse antes do 30 de decembro do ano de concesión da subvención. No caso de proxectos con carácter plurianual, deberán executarse antes do 30 de novembro do ano seguinte ao de concesión da subvención.

    b) Que se leven a cabo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os proxectos poderán considerar traballo fóra de Galicia (resto de España, Europa e países prioritarios) sempre que os gastos destas actividades sexan realizados para achegar ás intervencións información e perspectiva dos países do sur e/ou a participación en redes.

    c) O orzamento dos proxectos deberá cumprir co que establece o artigo 8 «gastos do proxecto» desta convocatoria, en especial o relativo aos límites máximos establecidos nalgunha das partidas e á imputación adecuada dos gastos.

    d) O cofinanciamento do proxecto correspondente á entidade solicitante e a outros financiadores diferentes á Xunta de Galicia non pode ser o 100 % valorizado, ten que existir nalgún caso achega financeira ao proxecto.

    e) O emprego dos documentos de formulación normalizados (tanto o técnico coma o económico) adaptados á presente convocatoria.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES E COA UNIÓN EUROPEA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR

    Rúa do Horreo, 61, 2º andar

    15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981541015 / 881999028

    Email: cooperacion.exterior@xunta.gal

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES E COA UNIÓN EUROPEA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 2 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 2 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 14/03/2015 - 13/04/2015.

    Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude normalizada segundo o Anexo I desta orde.
    • Carpeta 1: información relativa á entidade solicitante, que en caso de agrupación de entidades se deberá achegar de cada unha das agrupadas.
      • a) Certificación da Secretaría da entidade en Galicia acreditativa da vixencia dos datos depositados no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, con indicación do número de inscrición no devandito rexistro e onde deberá figurar expresamente o número de socios/as en Galicia.
      • b) Memoria da organización en Galicia na cal se inclúan as accións da entidade nos últimos dous anos. Farase especial mención aos proxectos de educación para o desenvolvemento realizados, así como aos proxectos levados a cabo no ano anterior financiados por entidades galegas, públicas ou privadas, a ser posible en formato dixital.
      • c) Plan/estratexia de educación para o desenvolvemento en Galicia e/ou plan/estratexia específica nas áreas de educación, formación, sensibilización, investigación ou incidencia e mobilización social da organización en Galicia para os seguintes anos (dous como mínimo), na cal se enmarca o proxecto presentado, a ser posible en formato dixital.
      • d) Declaración responsable da persoa que teña a representación legal da entidade en que se precisen outras axudas solicitadas de entidades públicas ou privadas para a mesma finalidade, segundo o modelo que figura como anexo III.
      • e) Copia das contas anuais da entidade (ingresos de carácter público e privado e gastos) da última liquidación do orzamento rendida e aprobada polo órgano competente da entidade, a ser posible en formato dixital. Desta obriga quedarán exceptuadas as universidades no caso das agrupacións de entidades.
      • f) No caso de agrupación de entidades deberán xuntar o contrato ou acordo de colaboración asinado entre as persoas que teñan a representación legal das entidades, polo que se obrigan solidariamente ante a Xunta de Galicia polas posibles responsabilidades derivadas da execución do proxecto e, se e o caso, ao reintegro total ou parcial das subvencións nos supostos de falsidade, ocultación de datos ou incumprimento pleno ou parcial dos fins para os cales se lle concedeu a subvención. Neste documento designarán unha persoa que teña a representación legal, que necesariamente pertencerá á entidade solicitante, e un enderezo único para os efectos de notificacións. Así mesmo, deberán detallar as actuacións en que colaboran conxuntamente e o grao de participación de cada unha delas no que se refire ao financiamento, ás actividades que se van desenvolver e á distribución da subvención prevista, mencionando expresamente o valor engadido que achegue cada un dos socios á agrupación.
      • g) No caso de agrupación de entidades en que participen as universidades, estas incluirán certificación, expedida pola persoa que teña a representación legal segundo o establecido ao respecto na normativa de universidades e nos respectivos estatutos, autorizando a participación no proxecto e autorizando, así mesmo, o compromiso de gasto correspondente.
    • Carpeta 2: información sobre o proxecto de educación para o desenvolvemento.
    • A falta de documentación relativa ás carpetas 1 e 2 e de información nalgunha delas impedirá a avaliación do proxecto, se non se procede á súa emenda dentro do prazo establecido no artigo 17 da presente orde. Quedarán excluídos da posibilidade de emenda aqueles documentos previstos nas letras b) e c) da carpeta 1 e os documentos normalizados do proxecto (carpeta 2).
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (rúa do Hórreo, 61, 2º andar, 15701 Santiago de Compostela), cubertas nos modelos que figuran como anexos destas bases reguladoras. Estas deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES E COA UNIÓN EUROPEA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR

    Rúa do Horreo, 61, 2º andar
    15701Santiago de Compostela
    Email: cooperación.exterior@xunta.es

    Versión en formato PDF

    Estas bases regulan a concesión de subvencións para proxectos desenvolvidos dentro dalgunha das catro dimensións seguintes:
    a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
    b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
    c) Investigación sobre o desenvolvemento.
    d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.

    Beneficiarios:

    As organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento que estean inscritas na sección A do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e as agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación definidos na Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.
    Obrigas da entidade beneficiaria, seguimento, avaliación e control dos proxectos.
    - As entidades beneficiarias deberán realizar a intervención para a cal se lles concedeu a axuda no período de tempo determinado no documento de formulación, e sempre dentro da anualidade pertinente. Para estes efectos considérase vinculante o orzamento e a documentación presentada no documento de formulación do proxecto e na solicitude ou, de ser o caso, da reformulación de terse efectuado.
    As entidades beneficiarias das axudas estarán obrigadas a xustificar a totalidade dos gastos do proxecto, non só a parte correspondente á axuda recibida.
    - As entidades beneficiarias de axudas deberán informar de xeito inmediato a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE sobre calquera acontecemento que altere ou dificulte notoriamente o adecuado desenvolvemento do proxecto subvencionado. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.
    - As entidades beneficiarias obríganse a facilitar ao órgano xestor toda canta información lles sexa requirida respecto dos proxectos subvencionados. Así mesmo, as entidades beneficiarias obríganse a conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
    - Así mesmo, as entidades beneficiarias obríganse a incorporar de forma visible en todas as accións derivadas do proxecto subvencionado (placas, letreiros, carteis, publicacións, material de difusión, publicidade, etc.) os logotipos oficiais da Xunta de Galicia e da Cooperación Galega, todo isto en formato duradeiro e material resistente, para a debida difusión da orixe da subvención, conforme o Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia.
    Cando a organización financiada exhiba o seu propio logotipo, o da Xunta de Galicia e o da Cooperación Galega deberán figurar co mesmo tamaño e en iguais condicións de seguridade. Ambos os dous logotipos poderán descargarse da páxina web da Cooperación Galega www.cooperaciongalega.org.
    - No proceso continuo de homoxeneizar os procedementos, metodoloxía e formularios de xestión do ciclo dos proxectos cos da Cooperación Oficial Española e da Unión Europea, o seguimento e avaliación dos proxectos rexerase polos criterios básicos de pertinencia, eficacia, eficiencia, impacto e sustentabilidade, seguindo a metodoloxía do marco lóxico e a xestión do ciclo do proxecto establecidos polo CAD e a propia Unión Europea.
    - A xestión dos proxectos poderá ser examinada durante a súa execución ou unha vez finalizada por representantes da Xunta de Galicia con competencias en materia de cooperación exterior ou por empresas avaliadoras contratadas para o efecto, para o que a entidade beneficiaria facilitará o acceso ás contas e documentos xustificativos requiridos, así como a calquera outra documentación relevante na execución do proxecto.
    O control financeiro interno correspóndelle á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

    Requisitos:

    Requisitos que deben reunir as entidades solicitantes:
    a) Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento con, polo menos, un ano de antelación ao día de publicación da convocatoria.
    b) Xustificar, se é o caso, e antes da data de presentación da solicitude para a presente convocatoria, as axudas recibidas para as anualidades 2013 e anteriores por parte da Xunta de Galicia a outros proxectos en materia de educación para o desenvolvemento. Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso nos casos en que, sobre as entidades beneficiarias de axudas económicas, se ditase resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.
    c) Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    d) Tamén poderán acceder ás subvencións os proxectos presentados pola entidade solicitante, agrupada con calquera das entidades definidas como axentes de cooperación segundo o artigo 23.1, letras b), c), d), e), f), g) da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento. Neste caso, cada unha das entidades deberá cumprir os requisitos sinalados anteriormente, e deberá xuntar á solicitude a documentación a que se refire o artigo 4.2 ?carpeta 1? destas bases reguladoras, así como o contrato ou acordo de colaboración asinado entre as persoas que teñen a súa representación legal, polo que se obrigan solidariamente ante a Xunta de Galicia polas posibles responsabilidades derivadas da execución do proxecto e, se é o caso, ao reintegro total ou parcial das subvencións nos supostos de falsidade ou ocultación de datos ou incumprimento pleno ou parcial dos fins para os cales se lle concedeu a subvención.
    Os axentes de cooperación que, pola súa natureza xurídica, posúan ánimo de lucro achegarán documento de compromiso de non obter ningún beneficio da operación, segundo o artigo 23.b) da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento. O devandito documento estará asinado pola persoa que teña a representación legal da entidade.
    No contrato ou acordo de colaboración entre as entidades agrupadas deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada entidade membro da agrupación, así como o importe da subvención que executará cada unha delas. As entidades agrupadas asumen a responsabilidade solidaria do proxecto e designarán unha persoa como responsable con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponderían á agrupación de entidades, e que necesariamente pertencerá á entidade solicitante. Así mesmo, designarán un enderezo único para os efectos de notificacións administrativas dos expedientes. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos desde a finalización da execución do proxecto.
    Non se considerará agrupación de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación ou federación a que pertenza a dita organización, ou aquelas en que os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.
    e) As entidades solicitantes poderán presentar un máximo de dous proxectos, ben sexan individuais ou ben en agrupación con outras entidades.
    Requisitos dos proxectos:
    a) Non estar iniciada a execución do proxecto antes do 1 de xaneiro de 2015, e será necesario que o seu inicio sexa no propio ano 2015. Nos supostos en que o proxecto teña carácter anual, deberá executarse antes do 30 de decembro do ano de concesión da subvención. No caso de proxectos con carácter plurianual, deberán executarse antes do 30 de novembro do ano seguinte ao de concesión da subvención.
    b) Que se leven a cabo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os proxectos poderán considerar traballo fóra de Galicia (resto de España, Europa e países prioritarios) sempre que os gastos destas actividades sexan realizados para achegar ás intervencións información e perspectiva dos países do sur e/ou a participación en redes.
    c) Que non vaian dirixidos exclusivamente aos membros (socios/as, traballadores/as, voluntarios/as, directivas) da propia organización.
    d) O orzamento dos proxectos deberá cumprir co que establece o artigo 6 «gastos do proxecto» desta convocatoria.
    e) A achega do resto dos financiadores (excluída a Xunta de Galicia) non pode ser ao 100 % valorizada.

    Versión en formato PDF

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    O presente decreto ten por obxecto a sistematización, regulación e actualización das disposicións normativas en materia de cooperación para o desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa Constitución española e co Estatuto de autonomía de Galicia así como coa Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, en consonancia coas respectivas competencias dá Administración xeral do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia.

    A quen vai dirixido?

    Axentes de cooperación.

    Requisitos

    a) Non ter ánimo de lucro.

    b) Que nos seus estatutos establézase entre os fins da entidade algún dos obxectivos e fins definidos no artigo 2 da Lei 3/2003.

    Así mesmo, as entidades inscritas no rexistro non poderán manter unha relación xurídica de dependencia con ningunha administración pública ou entidades do sector público. Presumirase esta relación de dependencia cando nos seus órganos de goberno estean formados en máis dun 30 por 100 por persoas que actúen en representación de administracións públicas ou entidades do sector público.

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES E COA UNIÓN EUROPEA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR

    Rúa do Horreo, 61, 2º andar

    15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Email: cooperacion.exterior@xunta.gal

    Órgano responsable

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento (DOG nº 58 do 23 de marzo de 2017).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Estas bases teñen por obxecto regular a convocatoria de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.

    Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ou no exterior, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

    As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

    A quen vai dirixido?

    Persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    As persoas beneficiarias das bolsas terán as seguintes obrigas:

    a) Achegar, xunto coa aceptación da bolsa no prazo sinalado na base décima, punto 1, a seguinte documentación:

    • Certificado médico oficial que acredite non padecer enfermidade nin estar afectada por limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles coas actividades formativas obxecto da bolsa.

    • Acreditación de dispor dun seguro de asistencia sanitaria, de accidentes e de repatriación en caso de accidente ou enfermidade, con cobertura internacional para as persoas bolseiras destinadas no exterior e vixencia polo período de duración da bolsa, ou ben acreditar por calquera medio admitido en dereito dispor da dita cobertura.

    • Declaración responsable de non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa, segundo o modelo do anexo III.

    b) Presentar antes do primeiro pagamento e de cada un dos pagamentos mensuais:

    • Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para un mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, segundo o modelo do anexo III.

    • Unha declaración responsable de que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade autónoma, segundo o modelo do anexo III.

    c) Obter, pola súa conta, o visado necesario para o acceso e permanencia no país de destino durante o período de gozo da bolsa, así como respectar a lexislación correspondente en materia de visados.

    d) Presentarse persoalmente ante o responsable da súa formación no destino adxudicado, no prazo máximo de dez (10) días naturais, para as persoas destinadas no exterior, e de tres (3) días naturais para as destinadas na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, a partir do día sinalado para o comezo da bolsa. No caso de atraso na súa incorporación, a mensualidade da bolsa poderá ser reducida proporcionalmente.

    e) Residir no lugar de destino durante o período de gozo da bolsa e non ausentarse del sen comunicación previa e autorización da persoa responsable da formación da persoa bolseira.

    f) Desempeñar as actividades de formación obxecto da bolsa, de luns a venres, en horario de mañá e/ou tarde, de acordo coa distribución que realice o responsable da formación.

    g) Entregar mensualmente ao responsable da formación na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea un informe da actividade realizada.

    h) Desprazarse, cando así o acorde o responsable da formación na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou no organismo onde realiza as prácticas.

    i) Utilizar os medios dispoñibles no lugar onde estea a desenvolver a bolsa para a realización das actividades formativas.

    j) Non desempeñar ningún traballo remunerado durante o período de vixencia da bolsa.

    k) Manter un comportamento que en ningún caso implique un prexuízo para os intereses da Xunta de Galicia nin para a imaxe exterior de Galicia e España.

    l) Non estar vinculado, durante o período de gozo da bolsa, a ningún axente de cooperación dos establecidos no artigo 23 da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.

    m) Presentar á persoa titular do Servizo de Formación e Coordinación Institucional da Cooperación para o Desenvolvemento, no prazo máximo dun mes desde a finalización do período de formación, unha memoria detallada das actividades realizadas no seu destino.

    n) Cumprir as demais obrigas que, con carácter xeral, se establecen no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

    a) Ter veciñanza administrativa en Galicia.

    b) Estar en posesión dun título universitario de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou equivalente. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2009 ou posterior.

    c) Non ter gozado anteriormente doutra bolsa de formación no eido da cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia, excepto que nalgunha convocatoria anterior fose chamado da lista de reserva e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.

    d) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa, calquera que sexa esta ou, no caso de ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, presentar un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade á aceptación da bolsa.

    e) Non padecer enfermidade nin estar afectada por limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles coas actividades formativas para as cales se convocan as bolsas.

    f) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 xuño).

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES E COA UNIÓN EUROPEA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR

    Rúa do Horreo, 61, 2º andar

    15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Email: cooperacion.exterior@xunta.gal

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES E COA UNIÓN EUROPEA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 14 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 100 do 28 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 14 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 100 do 28 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 26/05/2016 - 25/06/2016.

    Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Catro meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Xunto coa solicitude presentarase, ademais, a seguinte documentación, orixinal ou fotocopia compulsada:
      • a) Copia do DNI da persoa solicitante, só no caso de que non se autorice a súa consulta.
      • b) Certificado de empadroamento da persoa solicitante, só no caso de que non se autorice a súa consulta.
      • c) Título universitario, só no caso de que non se autorice a súa consulta, ou xustificación do pagamento dos dereitos de expedición. No caso de presentar un título estranxeiro, será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.
      • d) Certificación académica persoal de carácter oficial do titulo universitario co que se presenta á bolsa. Deberase presentar certificado expedido pola universidade en que conste a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no Real decreto 1125/2003 (ata 10 puntos).
      • e) Currículo da persoa solicitante, no cal se relacionen os estudos cursados e, se é o caso, a súa experiencia profesional, así como os documentos acreditativos dos méritos alegados. Os méritos alegados no currículo que non estean acreditados documentalmente non serán tidos en conta sen que proceda facer o requirimento a que se refire o parágrafo terceiro do punto oito da base terceira.
      • f) Memoria sobre os coñecementos na materia de cooperación para o desenvolvemento, a acción humanitaria e/ou o sistema galego de cooperación. A devandita memoria debe presentarse en formato A4, mecanografada cun interliñado de espazo e medio ou dobre espazo e un tamaño de letra non superior a 14 puntos para o corpo do texto e cunha extensión total de entre dez e vinte páxinas máis a portada. A non presentación desta memoria suporá a exclusión da persoa candidata, sen que proceda facer o requirimento a que se refire o parágrafo terceiro do punto oito da base terceira.
        Esta documentación deberá presentarse ordenada segundo o esquema de epígrafes anterior.
        Os documentos presentados en lingua distinta ao español, galego, inglés, francés ou portugués deberán ir acompañados dunha tradución xurada.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electronica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
      Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
      En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
    • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES E COA UNIÓN EUROPEA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR

    Rúa do Horreo, 61, 2º andar
    15701Santiago de Compostela
    Email: cooperación.exterior@xunta.es

    Versión en formato PDF

    Estas bases teñen por obxecto regular a convocatoria de seis bolsas para a formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento.
    Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (en adiante, Dirección Xeral) ou no exterior, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
    As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva.

    Beneficiarios:

    Titulados/as universitarios/as.
    Obrigas do persoal bolseiro.
    A aceptación da bolsa xera a obriga dos/as bolseiros/as seleccionados/as de subscribir un seguro de asistencia sanitaria, de accidentes e de repatriación en caso de accidente ou enfermidade, que terá cobertura internacional para o caso dos/as bolseiros/as destinados/as no exterior, e vixencia polo período de duración da bolsa, ou ben acreditar por calquera medio admitido en dereito dispor da devandita cobertura.
    Ademais, os/as bolseiros/as seleccionados/as deberán presentar un certificado médico oficial que acredite non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles coas actividades formativas obxecto da bolsa.
    Así mesmo, deberán presentar antes do primeiro pagamento e de cada un dos pagamentos mensuais:
    - Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes de resolución para un mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo III).
    - Unha declaración responsable de que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma (anexo III).
    Os/as bolseiros/as seleccionados/as tamén se obrigan pola aceptación a:
    - Cumprir as demais obrigas que, con carácter xeral, se establecen no artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia.
    - Obter pola súa conta o visado necesario para o acceso e permanencia no país de destino durante o período de desfrute da bolsa, así como respectar a lexislación correspondente en materia de visados.
    - Presentarse persoalmente ante o responsable da súa formación no destino adxudicado, no prazo máximo de dez días naturais para os/as bolseiros/as destinados/as no exterior e de tres días naturais para os/as bolseiros/as destinados/as na sede da Dirección Xeral, a partir do día sinalado para o comezo da bolsa. No caso de atraso na súa incorporación, a mensualidade da bolsa poderá ser reducida proporcionalmente.
    - Residir no lugar de destino durante o período da bolsa e non ausentarse deste sen comunicación previa e autorización do/a responsable da formación do/a bolseiro/a, no caso dos/as bolseiros/as destinados/as no exterior.
    - Desempeñar as actividades de formación obxecto da bolsa, de luns a venres, en horario de mañá e/ou tarde, de acordo coa distribución que realice a Dirección Xeral xunto co responsable do organismo/proxecto onde o/a bolseiro/a realice as súas prácticas.
    - Levar a cabo o plan de formación acordado polo responsable da Dirección Xeral e o responsable do organismo/proxecto onde realiza as prácticas e cumprir coas normas de funcionamento e actividades que sexan determinadas.
    - Entregar mensualmente ao responsable da formación na Dirección Xeral informe da actividade realizada e, ao finalizar a bolsa, a memoria explicativa correspondente ás actividades desenvolvidas durante o tempo de desfrute dela.
    - Desprazarse cando así se acorde co responsable da Dirección Xeral e do organismo/proxecto onde realiza a formación.
    - Utilizar os medios dispoñibles no lugar onde se estea a desenvolver a bolsa para a realización das actividades formativas.
    - Non desempeñar ningún traballo remunerado durante o período de vixencia da bolsa.
    - Manter un comportamento que en ningún caso implique un prexuízo para os intereses da Xunta de Galicia nin para a imaxe exterior de Galicia e España.
    - Mencionar a súa condición de bolseiro/a nas teses de doutoramento ou nos traballos de investigación en que participe.

    Requisitos:

    a) Ter veciñanza administrativa en Galicia.
    b) Nacer o 1 de xaneiro de 1985 ou con posterioridade a esa data.
    c) Estar en posesión dun título universitario de licenciado/a, diplomado/a, grao ou equivalente ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
    d) Non desfrutar anteriormente doutra bolsa de formación no eido da cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamada da lista de reserva e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a tres meses.
    e) Non manter relación laboral vixente co organismo que promove a bolsa nin coas entidades colaboradoras.
    f) Durante o período de desfrute da bolsa, non colaborar con ningún axente da cooperación dos establecidos no artigo 23 da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.
    g) Non padecer enfermidade nin estar afectada por limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles coas actividades formativas para as cales se convocan as bolsas.
    h) Non estar incursas en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 xuño).

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 6 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 98 do 25 de maio de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Aprobar o procedemento telemático que posibilita a solicitude de inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia para toda persoa física ou xurídica a través da Internet utilizando certificados dixitais.

    Créase o rexistro automatizado de autoridades e persoal facultado para enviar, mediante a sinatura electrónica prevista no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades da dependentes, a orde de inserción dos documentos destinados a ser publicados no DOG.

    A finalidade deste rexistro é dispor da relación de persoas facultadas para enviar, mediante a sinatura electrónica, as ordes de inserción no DOG.

    En cada asentamento débense facer constar os datos persoais identificativos das persoas facultadas para enviar as ordes de inserción, consistentes en nome, apelidos e número de documento nacional de identidade, así como os datos de contacto, a identificación do organismo, ente ou entidade que as facultou para enviar as ordes de inserción no DOG, e a data de alta e de baixa no rexistro.



    É requisito previo para publicar os anuncios liquidar os importes das taxas segundo o establecido na normativa sobre taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.


    No caso de que o anuncio estea incluído nun suposto de exención do pagamento da taxa de publicación, a persoa interesada deberao alegar e acreditar con carácter previo á publicación.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    VICESECRETARÍA XERAL

    SECCIÓN DE DIARIO OFICIAL DE GALICIA

    Edificio Administrativo San Caetano, s/n

    15071 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544267

    Fax: 981544273

    Órgano responsable

    SECCIÓN DE DIARIO OFICIAL DE GALICIA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia e se determina a súa posta en funcionamento (DOG nº 83 de 29 de abril de 2011).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.