Xunta de Galicia

  • Obxecto

    Información estatístico-contable, correspondente ao exercicio 2018, dos mediadores de seguros inscritos no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE FACENDA

    Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ENTIDADES FINANCEIRAS E CORPORACIÓNS LOCAIS

    Servizo de Supervisión e Inspección de Entidades e Mediadores de Seguros

    Edificio Administrativo San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544089 / 981545165 / 981545162

    Fax: 981957354

    CONSELLERÍA DE FACENDA

    Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (CIXTEC)

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co Centro de Atención a Usuarios do CIXTEC (cau@cixtec.es)

    Teléfono: 981 54 13 00

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 25 de marzo de 2014 sobre os libros-rexistro e o deber de información dos mediadores de seguros e reaseguros privados da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 66 do 4 de abril de 2014).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 25 de marzo de 2014 sobre os libros-rexistro e o deber de información dos mediadores de seguros e reaseguros privados da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 68 do 8 de abril de 2014).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica

    Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 01/03/2017 - 02/05/2017.

    Desde o mércores 1 de marzo ata o martes 2 de maio de 2017.

    Versión en formato PDF

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE FACENDA

    DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA FINANCEIRA E TESOURO

    S.X. SUPERVISIÓN DE CAIXAS DE AFORRO E ENTIDADES FINANCEIRA

    S. SUPERVISIÓN E INSPECCIÓN DE ENTIDADES E MEDIADORES SEGU
    Edificio Administrativo San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981544089 / 981545165Fax: 981957354

    Versión en formato PDF

    Información estatístico-contable, correspondente ao exercicio 2016, dos mediadores de seguros inscritos no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Corrección de erros. Orde do 25 de marzo de 2014 sobre os libros-rexistro e o deber de información dos mediadores de seguros e reaseguros privados da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 68 do 8 de abril de 2014).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 25 de marzo de 2014 sobre os libros-rexistro e o deber de información dos mediadores de seguros e reaseguros privados da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 66 do 4 de abril de 2014).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto regular o Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os procedementos para a tramitación das facturas presentadas polos provedores das entidades incluídas no seu ámbito de aplicación.

    O previsto nesta orde será de aplicación:
    a) Á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) Aos organismos autónomos.
    c) Ás axencias públicas autonómicas.
    d) Aos consorcios autonómicos.
    e) Ao resto de entidades dependentes da Xunta de Galicia en que concorran as circunstancias a que fai referencia o artigo 3.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

    A quen vai dirixido?

    Provedores en xeral.

    - Todos os provedores que entregasen bens ou prestasen servizos a calquera das entidades incluídas no ámbito de aplicación desta orde poderán expedir e remitir factura electrónica.

    - En todo caso, estarán obrigadas ao uso da factura electrónica e á súa presentación a través do Punto xeral de entrada as entidades seguintes:
    a) Sociedades anónimas.
    b) Sociedades de responsabilidade limitada.
    c) Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española.
    d) Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos termos que establece a normativa tributaria.

    e) Unións temporais de empresas.
    f) Agrupacións de interese económico, agrupacións de interese económico europeas, fondos de pensións, fondos de capital risco, fondos de investimentos, fondos de utilización de activos, fondos de regularización do mercado hipotecario, fondos de titulización hipotecaria ou fondos de garantía de investimentos.

    - Non obstante, quedan excluídas da obriga de facturación electrónica as facturas de importe igual ou inferior a 5.000,00 euros e as emitidas polos provedores de servizos prestados no exterior.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN DE FACTURAS ELECTRÓNICAS.

    Todas as facturas electrónicas emitidas contra calquera das entidades incluídas no ámbito de aplicación desta orde se presentarán no Sistema Electrónico de Facturación da Xunta de Galicia (SEF).

    A recepción da factura no Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e a súa anotación no Rexistro Contable de Facturas terá unicamente os efectos que, de conformidade coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deriven da súa presentación nun rexistro administrativo.

    A presentación destas facturas producirá un envío automático destas ao Rexistro Contable de Facturas que, en tempo real, asignará un número de asento rexistral único. O número servirá para identificar de xeito unívoco cada unha das facturas presentadas e permitirá identificar a entidade receptora delas e o ano de presentación da factura.

    O SEF proporcionará ao presentador un xustificante de recepción electrónico no cal constarán, cando menos, a data e hora da presentación, o órgano xestor destinatario e o número de asento rexistral da factura. Así mesmo, incluirá un código seguro de verificación que permita en calquera momento validar ante o sistema a exactitude do documento.

    Unha vez emitido o xustificante de recepción electrónico a que se refire o parágrafo anterior, o SEF porá a factura á disposición do órgano xestor destinatario dela para a súa tramitación.

    2. PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN DE FACTURAS EN SOPORTE PAPEL.

    1. As facturas emitidas en soporte papel contra algunha das entidades incluídas no ámbito de aplicación desta orde deberanse presentar ante un rexistro administrativo nos termos previstos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    2. O rexistro administrativo informará electronicamente o Sistema Electrónico de Facturación da Xunta de Galicia (SEF) sobre a entrada da factura, indicando, como mínimo, a data de entrada, o número de rexistro de entrada no rexistro administrativo e o órgano xestor a que vai dirixida. Xunto cos datos anteriores, remitirase unha copia dixitalizada das facturas presentadas.

    Cada factura debe ir nun número de entrada único. No caso de que no mesmo acto se presenten varias facturas ante o rexistro administrativo, este rexistro proporcionará un número de entrada diferente para cada unha das facturas.

    A recepción polo SEF da información a que se refire este punto producirá un envío automático ao Rexistro Contable de Facturas que, en tempo real, asignará un número de asento rexistral único. O número servirá para identificar de xeito unívoco cada unha das facturas presentadas e permitirá identificar a entidade receptora delas e o ano de presentación da factura.

    Unha vez realizada a anotación no Rexistro Contable de Facturas, o SEF porá a información relativa á factura á disposición do órgano xestor destinatario dela para a súa tramitación.

    3. O rexistro administrativo remitirá o orixinal da factura en soporte papel ao órgano xestor destinatario dela, que procederá á súa tramitación.

    No momento da recepción do orixinal en papel, o órgano xestor completará no SEF os datos relativos á factura a partir dos datos de entrada no rexistro administrativo que figuren no sistema.

    O órgano xestor poderá ir avanzando na captura dos datos e na tramitación da factura á vista da copia dixitalizada que figura no sistema. Cando a copia dixitalizada fose realizada nos termos previstos no artigo 30 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, o órgano xestor poderá proceder á tramitación da factura sen agardar á recepción física do orixinal en soporte papel. Non será necesario remitir a factura en soporte papel no caso de que o proceso de dixitalización na oficina de rexistro dea lugar a unha copia auténtica en soporte electrónico a partir do documento en papel.

    Cando o órgano xestor receptor das facturas observe que figuran varias facturas asociadas a un mesmo número de entrada ou que a factura corresponde a outras administracións públicas, procederá a devolver a factura ao rexistro administrativo de procedencia con indicación da causa do dito rexeitamento, para os efectos da súa correcta tramitación.

    4. A Intervención Xeral da Comunidade autónoma determinará o contido que con carácter obrigatorio deba ser trasladado ao SEF. A información de cada factura debe incluír, como mínimo, os datos seguintes:
    a) Data de expedición da factura.
    b) Data de presentación da factura no rexistro administrativo.
    c) Número de identificación fiscal ou número de identificación equivalente do expedidor da factura.
    d) Nome, apelidos e razón ou denominación social completa do obrigado a expedir factura.
    e) Número de factura e, de ser o caso, serie.
    f) Importe total da factura, incluíndo o IVE.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE FACENDA

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DA CONSELLERÍA DE FACENDA

    Edificio Administrativo San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881999057 / 981545519

    Fax: 881999555

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DA CONSELLERÍA DE FACENDA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 26 de febreiro de 2015 pola que se regulan o Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2015).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica

    Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Versión en formato PDF

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE FACENDA

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DA CONSELLERÍA DE FACENDA

    Edificio Administrativo San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 881999057 / 981545519Fax: 881999555

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto regular o Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os procedementos para a tramitación das facturas presentadas polos provedores das entidades incluídas no seu ámbito de aplicación.
    O previsto nesta orde será de aplicación:
    a) Á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) Aos organismos autónomos.
    c) Ás axencias públicas autonómicas.
    d) Aos consorcios autonómicos.
    e) Ao resto de entidades dependentes da Xunta de Galicia en que concorran as circunstancias a que fai referencia o artigo 3.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

    Beneficiarios:

    Provedores en xeral.
    - Todos os provedores que entregasen bens ou prestasen servizos a calquera das entidades incluídas no ámbito de aplicación desta orde poderán expedir e remitir factura electrónica.
    - En todo caso, estarán obrigadas ao uso da factura electrónica e á súa presentación a través do Punto xeral de entrada as entidades seguintes:
    a) Sociedades anónimas.
    b) Sociedades de responsabilidade limitada.
    c) Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española.
    d) Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos termos que establece a normativa tributaria.
    e) Unións temporais de empresas.
    f) Agrupacións de interese económico, agrupacións de interese económico europeas, fondos de pensións, fondos de capital risco, fondos de investimentos, fondos de utilización de activos, fondos de regularización do mercado hipotecario, fondos de titulización hipotecaria ou fondos de garantía de investimentos.
    - Non obstante, quedan excluídas da obriga de facturación electrónica as facturas de importe igual ou inferior a 5.000,00 euros e as emitidas polos provedores de servizos prestados no exterior.

    Requisitos:

    1. PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN DE FACTURAS ELECTRÓNICAS.
    Todas as facturas electrónicas emitidas contra calquera das entidades incluídas no ámbito de aplicación desta orde se presentarán no Sistema Electrónico de Facturación da Xunta de Galicia (SEF).
    A recepción da factura no Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e a súa anotación no Rexistro Contable de Facturas terá unicamente os efectos que, de conformidade coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deriven da súa presentación nun rexistro administrativo.
    A presentación destas facturas producirá un envío automático destas ao Rexistro Contable de Facturas que, en tempo real, asignará un número de asento rexistral único. O número servirá para identificar de xeito unívoco cada unha das facturas presentadas e permitirá identificar a entidade receptora delas e o ano de presentación da factura.
    O SEF proporcionará ao presentador un xustificante de recepción electrónico no cal constarán, cando menos, a data e hora da presentación, o órgano xestor destinatario e o número de asento rexistral da factura. Así mesmo, incluirá un código seguro de verificación que permita en calquera momento validar ante o sistema a exactitude do documento.
    Unha vez emitido o xustificante de recepción electrónico a que se refire o parágrafo anterior, o SEF porá a factura á disposición do órgano xestor destinatario dela para a súa tramitación.
    2. PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN DE FACTURAS EN SOPORTE PAPEL.
    1. As facturas emitidas en soporte papel contra algunha das entidades incluídas no ámbito de aplicación desta orde deberanse presentar ante un rexistro administrativo nos termos previstos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    2. O rexistro administrativo informará electronicamente o Sistema Electrónico de Facturación da Xunta de Galicia (SEF) sobre a entrada da factura, indicando, como mínimo, a data de entrada, o número de rexistro de entrada no rexistro administrativo e o órgano xestor a que vai dirixida. Xunto cos datos anteriores, remitirase unha copia dixitalizada das facturas presentadas.
    Cada factura debe ir nun número de entrada único. No caso de que no mesmo acto se presenten varias facturas ante o rexistro administrativo, este rexistro proporcionará un número de entrada diferente para cada unha das facturas.
    A recepción polo SEF da información a que se refire este punto producirá un envío automático ao Rexistro Contable de Facturas que, en tempo real, asignará un número de asento rexistral único. O número servirá para identificar de xeito unívoco cada unha das facturas presentadas e permitirá identificar a entidade receptora delas e o ano de presentación da factura.
    Unha vez realizada a anotación no Rexistro Contable de Facturas, o SEF porá a información relativa á factura á disposición do órgano xestor destinatario dela para a súa tramitación.
    3. O rexistro administrativo remitirá o orixinal da factura en soporte papel ao órgano xestor destinatario dela, que procederá á súa tramitación.
    No momento da recepción do orixinal en papel, o órgano xestor completará no SEF os datos relativos á factura a partir dos datos de entrada no rexistro administrativo que figuren no sistema.
    O órgano xestor poderá ir avanzando na captura dos datos e na tramitación da factura á vista da copia dixitalizada que figura no sistema. Cando a copia dixitalizada fose realizada nos termos previstos no artigo 30 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, o órgano xestor poderá proceder á tramitación da factura sen agardar á recepción física do orixinal en soporte papel. Non será necesario remitir a factura en soporte papel no caso de que o proceso de dixitalización na oficina de rexistro dea lugar a unha copia auténtica en soporte electrónico a partir do documento en papel.
    Cando o órgano xestor receptor das facturas observe que figuran varias facturas asociadas a un mesmo número de entrada ou que a factura corresponde a outras administracións públicas, procederá a devolver a factura ao rexistro administrativo de procedencia con indicación da causa do dito rexeitamento, para os efectos da súa correcta tramitación.
    4. A Intervención Xeral da Comunidade autónoma determinará o contido que con carácter obrigatorio deba ser trasladado ao SEF. A información de cada factura debe incluír, como mínimo, os datos seguintes:
    a) Data de expedición da factura.
    b) Data de presentación da factura no rexistro administrativo.
    c) Número de identificación fiscal ou número de identificación equivalente do expedidor da factura.
    d) Nome, apelidos e razón ou denominación social completa do obrigado a expedir factura.
    e) Número de factura e, de ser o caso, serie.
    f) Importe total da factura, incluíndo o IVE.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 26 de febreiro de 2015 pola que se regulan o Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    A presente orde ten por obxecto a regulación da forma do cumprimento das obrigas tributarias concernentes ao imposto sobre a contaminación atmosférica.

    A quen vai dirixido?

    As aplicacións informáticas do imposto sobre a contaminación atmosférica poderán ser empregadas polos usuarios que se relacionan deseguido, sempre que sexan autorizados previamente pola dirección da Atriga:

    a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios tributos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda.

    b) Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, que tivesen subscrito coa Comunidade Autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados nel.

    Requisitos

    Os usuarios anteriores, para poder empregar as aplicacións informáticas do imposto sobre a contaminación atmosférica, deberán presentar ante a dirección da Atriga, unha solicitude de autorización xunto cunha ficha de usuario, axustadas aos modelos que contén o anexo I, con anterioridade ao primeiro prazo en que deban cumprir as obrigas tributarias referidas ao imposto sobre a contaminación atmosférica. Outorgarase a autorización a todos aqueles que reúnan as condicións establecidas no punto anterior.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE FACENDA

    AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (ATRIGA)

    P/ Pastoriza, 8

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544189

    Fax: 981544169

    Email: xestion.centralizada@atriga.es

    Órgano responsable

    AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (ATRIGA)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre a contaminación atmosférica (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2015).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica

    Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación e será de aplicación para os feitos impoñibles realizados desde o 1 de xaneiro de 2015.

    Versión en formato PDF

    • Apróbanse os modelos en formato electrónico que figuran nos anexos II, III e IV desta orde e que se relacionan a continuación, para os efectos da aplicación do imposto sobre a contaminación atmosferica:
      • Modelo 004. Modelo de declaración de alta/modificación de datos no Censo electrónico de focos emisores de substancias contaminantes.
      • Modelo 002. Modelo de autoliquidación dos pagamentos mensuais á conta do imposto sobre a contaminación atmosferica.
      • Modelo 003. Modelo de autoliquidación anual do imposto sobre a contaminación atmosferica.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE FACENDA

    AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (ATRIGA)

    P/ Pastoriza, 8
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981544189Fax: 981544169
    Email: xestion.centralizada@atriga.es

    Versión en formato PDF

    A presente orde ten por obxecto a regulación da forma do cumprimento das obrigas tributarias concernentes ao imposto sobre a contaminación atmosférica.

    Beneficiarios:

    As aplicacións informáticas do imposto sobre a contaminación atmosférica poderán ser empregadas polos usuarios que se relacionan deseguido, sempre que sexan autorizados previamente pola dirección da Atriga:
    a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios tributos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda.
    b) Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, que tivesen subscrito coa Comunidade Autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados nel.

    Requisitos:

    Os usuarios anteriores, para poder empregar as aplicacións informáticas do imposto sobre a contaminación atmosférica, deberán presentar ante a dirección da Atriga, unha solicitude de autorización xunto cunha ficha de usuario, axustadas aos modelos que contén o anexo I, con anterioridade ao primeiro prazo en que deban cumprir as obrigas tributarias referidas ao imposto sobre a contaminación atmosférica. Outorgarase a autorización a todos aqueles que reúnan as condicións establecidas no punto anterior.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre a contaminación atmosférica (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Forma presentación

    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano

    Prazo de resolución: 3 meses

    Sentido do silencio administrativo: NEGATIVO

    Versión en formato PDF

    • Solicitude
    • Documentación acreditativa de modificación solicitada

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE FACENDA

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DA CONSELLERÍA DE FACENDA

    Edificio Administrativo San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 881999057 / 981545519Fax: 881999555

    Versión en formato PDF

    Os contratistas inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, están obrigados a poñer inmediatamente en coñecemento do rexistro calquera alteración que se produza respecto dos documentos e datos rexistrados, e en particular:
    - Toda alteración sustancial, especialmente ás que se refiren ó obxecto social ou a personalidade xurídica do empresario e que afecte ó réxime de contratación.
    - As modificacións que afecten á representación conferida ou á personalidade do contratista.
    - A inclusión de calquera das causas de prohibición para contratar coa Administración.
    - As modificacións que se produzan en relación coa clasificación da empresa.
    Independentemente do anterior, estarán obrigados a formular anualmente declaración expresa responsable relativa á vixencia sen contradicción, das circunstancias referidas.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Decreto 262/2001, do 20 de setembro, polo que se refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas (DOG nº 200 do 16 de outubro de 2001).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Modificado pola Disposición final Primeira do Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula a factura electrónica e a utilización de medios electrónicos, informáticos e telemáticos en materia de contratación pública da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e entes do sector público dela dependentes (DOG nº 15 do 25 de xaneiro de 2010).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Considéranse accesos directos ás estradas ou ás súas vías de servizo todas aquelas entradas e saídas de vehículos a elas nas que a súa incorporación a ou desde a calzada se produce sen empregar as conexións da estrada con outras vías públicas que teñan a consideración de estradas ou de vías de servizo.

    Teñen a consideración de accesos ás estradas ou ás súas vías de servizo os das actuacións urbanísticas, vías urbanas e camiños públicos, instalacións de servizos e predios lindeiros.

    Inicio do procedemento de autorización

    O procedemento de outorgamento de autorizacións para o establecemento de novos accesos, cambio de uso e reordenación dun acceso existente como consecuencia da solicitude dun novo acceso nunha estrada de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciarase coa presentación dunha solicitude dirixida ao Servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas correspondente e axustada ao modelo normalizado do anexo que ten como código de procedemento IF205D.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Axencia Galega de Infraestruturas

    Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña

    R/ Vicente Ferrer, 2

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184870

    Fax: 981184888

    Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294446

    Fax: 982294216

    Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense

    Rúa Sáenz Díez, 1

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386247

    Fax: 988386240

    Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra

    Avda. María Victoria Moreno, 43,1º

    36071 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805639

    Fax: 886206505

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Axencia Galega de Infraestruturas

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2013).

    Ligazón á normativa

    Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Lei 6/2015, do 7 de agosto, pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203 do 25 de outubro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 247 do 28 de decembro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    Ligazón á normativa

    Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2016).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG nº 146 do 3 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    Orde do 23 de maio de 2019 pola que se regulan os accesos nas estradas de Galicia e nas súas vías de servizo (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Seis meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude segundo o Anexo I.
    • Copia do NIF, DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • Memoria explicativa con planos ou datos necesarios para localizar a actuación que se pretende realizar ou proxecto cando sexa necesario.
    • Outros (especificar).

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

    AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUCTURAS

    DELEGACIÓN PROVINCIAL DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS DE PONTEVEDRA

    Fernández Ladreda, 43 - 1º-4º
    Pontevedra
    Teléfono: 986805639Fax: 886206505

    CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

    AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUCTURAS

    DELEGACIÓN PROVINCIAL DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS DA CORUÑA

    R/ Vicente Ferrer, 2
    15008Coruña, A
    Teléfono: 981184870Fax: 981184888

    CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

    AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUCTURAS

    DELEGACIÓN PROVINCIAL DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70
    Lugo
    Teléfono: 982294446Fax: 982294216

    CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

    AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUCTURAS

    DELEGACIÓN PROVINCIAL DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS DE OURENSE

    Rúa Sáenz Díez, 1
    32071Ourense
    Teléfono: 988386247Fax: 988386240

    Versión en formato PDF

    Se vostede está interesado en executar obras, instalacións ou realizar calquera outra actividade na zona de dominio público ou no resto das zonas de protección dunha estrada de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia , deberá obter a correspondente autorización previa a través do Servizo Provincial de Estradas da provincia que corresponda.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2013).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Lei 6/2015, do 7 de agosto, pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    A Axencia Galega de Infraestruturas, a través do servizo provincial de estradas da provincia que corresponda, emitirá o informe vinculante ao que se refire a normativa vixente en materia de circulación e vehículos cando, segundo esta, requiran autorización previa ou autorización complementaria de circulación, así como para a realización de usos especiais das estradas autonómicas.

    Por outra banda, os Concellos que reciban solicitudes de autorización para a realización de obras, instalacións ou calquera outra actividade na zona de dominio público dos tramos urbanos distinta das calzadas e das súas beiravías das estradas de titularidade autonómica, deberán solicitar o informe vinculante da Xunta de Galicia a través do servizo provincial de estradas da provincia que corresponda, antes da súa autorización. Este informe será tamén preciso no caso de obras que vaia a realizar o propio Concello.

    Non están incluídas neste suposto as solicitudes de acceso ás estradas autonómicas que requiren autorización previa do servizo provincial de estradas, para o que existe un procedemento con formulario específico na sede (IF205D).

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Axencia Galega de Infraestruturas

    Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña

    R/ Vicente Ferrer, 2

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184870

    Fax: 981184888

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Axencia Galega de Infraestruturas

    Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294446

    Fax: 982294216

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Axencia Galega de Infraestruturas

    Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense

    Rúa Sáenz Díez, 1

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386247

    Fax: 988386240

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Axencia Galega de Infraestruturas

    Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra

    Avda. Mª Victoria Moreno, 43-1º

    36071 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805639

    Fax: 886206505

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Axencia Galega de Infraestruturas

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2013).

    Ligazón á normativa

    Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Lei 6/2015, do 7 de agosto, pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203 do 25 de outubro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 247 do 28 de decembro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2016).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG nº 146 do 3 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    Ligazón á normativa

    Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.