Xunta de Galicia

  • Forma presentación

    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 17/05/2016 - 23/06/2016.

    Iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído). *Información do prazo de presentación de solicitudes no último parágrafo do apartado documentación.

    Prazo de resolución: Seis meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • As solicitudes do alumnado de EP e de ESO irán acompañadas da documentación acreditativa das circunstancias alegadas, concretamente:
      • a) Identidade. Achegará copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
      • b) Membros computables da unidade familiar. Achegará copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2014, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
        • 1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
        • 2º. Certificado ou volante de convivencia.
        • 3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
        • 4º. Certificado de defunción.
          Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no cal deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
      • c) Grao de discapacidade. Achegará o certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.
        O grao de discapacidade igual ao 33 % tamen se poderá acreditar coa resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social de recoñecemento dunha pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou coa resolución de recoñecemento dunha pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, cando non autorice a consulta telemática.
      • d) Renda familiar. Achegará copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2014, cando non autorice a consulta telemática.
      • e) Violencia de xenero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xenero.
      • f) Incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Acreditarase coa correspondente resolución xudicial.
    • As solicitudes do alumnado de EE irán acompañadas unicamente da documentación acreditativa da identidade da persoa solicitante, cando non autorice a consulta telemática.
    • As solicitudes do alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % irán acompañadas unicamente da documentación acreditativa da identidade da persoa solicitante, cando non autorice a consulta telemática e do certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.
    • As solicitudes do alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia irán acompañadas unicamente da documentación acreditativa da identidade da persoa solicitante, cando non autorice a consulta telemática, e da resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores.
    • Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
    • A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2016/17, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarse unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2016/17.
    • As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferiblemente no centro docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
      Este formulario (anexo I) tamen estará dispoñible:
      a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.es
      b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.
      Así mesmo, a aplicación informática permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.
    • A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
    • Cando a documentación se presente no centro docente, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade; cando se presente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a solicitude irá acompañada dos documentos orixinais ou copias cotexadas.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2014, agás no caso de violencia de xenero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • *Prazo para presentar solicitudes.
      1. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
      2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.
      3. O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamen poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE CENTROS

    SERVIZO DE XESTIÓN DE PROGRAMAS EDUCATIVOS
    SAN CAETANO S/N
    15771Santiago de Compostela
    Teléfono: 981546523 / 981546521

    Versión en formato PDF

    1. Esta orde ten por obxecto regular para o curso 2016/17 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos:
    a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO); cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16.
    b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial (en diante, EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira desta orde.
    c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
    2. O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2016/17 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Porén, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos nesta orde.

    Beneficiarios:

    Alumnado matriculado en niveis obrigatorios de ensino en centros sostidos con fondos públicos.
    Las personas beneficiarias de libros procedentes del fondo solidario del centro o de ayudas para adquirir libros de texto tendrán las siguientes obligaciones:
    1. Devolver los libros de texto y el material reutilizable adquirido con las ayudas para libros de texto o recibido del fondo solidario en el curso 2015/16.
    Está excluido de esta obligación el alumnado beneficiario de ayuda para adquirir libros de texto de 1º y 2º de EP y el alumnado de EE o con una discapacidad igual o superior a 65 %, siempre que los libros o el material adquirido no se puedan reutilizar.
    La falta de devolución será causa de exclusión de la participación en el fondo solidario y de las ayudas para adquirir libros de texto y material escolar en el curso 2016/17.
    2. Conservar en buen estado los libros de texto y el material reutilizable recibidos del fondo solidario o adquirido con las ayudas para libros de texto en el curso escolar 2016/17 y devolverlos al terminar éste, en junio o septiembre, según el caso.
    3. Destinar el importe del vale para libros a adquirir los libros de texto que indique el centro en el que esté matriculado el alumnado.
    4. Destinar el importe del vale para material a adquirir el material escolar que necesite.
    5. Respetar las obligaciones establecidas en el artículo 11 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia.

    Requisitos:

    1. Ao rematar o curso 2015/16, o alumnado beneficiario de libros de texto ou de material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2016/17.
    O prazo máximo para devolvelos será o 23 de xuño de 2016, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2016.
    2. O centro docente gravará a devolución na aplicación Fondolibros ou Axudaslibros, segundo corresponda, e integrará na aplicación Fondolibros a información da aplicación Axudaslibros cando se refira a libros dos cursos 4º e 6º de EP e 1º e 3º de ESO, para coñecer o número total de exemplares dispoñibles e útiles de cada materia ata o 1 de xullo de 2016 (este incluído).
    Os exemplares de ESO que devolva o alumnado despois dos exames de setembro gravaranse na aplicación ata o 12 de setembro de 2016 (este incluído).
    3. As aplicacións Fondolibros e Axudaslibros permitirán xerar un documento de «recollida» dos libros de texto efectivamente devoltos, que terá a sinatura da persoa titular da dirección, o selo do centro e a sinatura do representante legal do alumnado, cando este último así o solicite.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17 (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    ORDE do 27 de decembro de 2016 pola que se amplían os importes para o financiamento das axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2016/17. (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos universitarios conducentes á unha titulación oficial de grao no curso académico 2017/18, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

    2. Estes premios, ademais de ter asinada unha dotación económica, supoñen un recoñecemento de carácter oficial para o alumnado que conta co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes.

    Período e dotación do premio .

    1. Para os efectos desta orde, entenderase por curso académico o período comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.

    2. As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

    3. Só se poderá recibir un premio por persoa. Na simultaneidade de graos no caso de que unha persoa resulte seleccionada en máis dun grao deberá escoller en que grao dese-xa recibir o premio.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Alumnado universitario.

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:

    1. Informar o órgano que concede o premio da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.

    2. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, así como da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    3. Acreditar mediante certificación que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo II desta orde, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

    a) Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

    b) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

    c) Non poderán obter un premio fin de carreira aquelas persoas que xa obtiveron un en anteriores convocatorias.

    Período e dotación do premio .

    1. Para os efectos desta orde, entenderase por curso académico o período comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.

    2. As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

    3. Só se poderá recibir un premio por persoa. Na simultaneidade de graos no caso de que unha persoa resulte seleccionada en máis dun grao deberá escoller en que grao dese-xa recibir o premio.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

    Secretaría Xeral de Universidades

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE UNIVERSIDADES

    SERVIZO DE APOIO E ORIENTACIÓN AOS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544430 / 981545431/ 981545433

    Fax: 981545422

    Email: subdx.universidades@edu.xunta.es

    http://www.edu.xunta.es

    Órgano responsable

    Secretaría Xeral de Universidades

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 8 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2018 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (DOG nº 100 do 28 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 8 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2018 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (DOG nº 100 do 28 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, cento corenta e dúas (142) axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2019, do alumnado universitario matriculado no curso 2018/19 nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia.

    As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2019, ambos inclusive.

    A quen vai dirixido?

    Alumnado universitario matriculado no curso 2018/19 nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia.

    A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:

    a) Remitir á Secretaría Xeral de Universidades, unha vez finalizada a actividade, a documentación que se solicita no artigo 16.

    b) Comunicar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal), accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, a renuncia á axuda no caso de producirse.

    c) Informar o órgano que concede a axuda da obtención doutras subvencións ou axudas, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.

    d) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, así como da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1º.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    e) Acreditar mediante certificación que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I desta orde, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

    a) Estar matriculado no curso 2018/19, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2018, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.

    O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.

    b) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluídas as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

    2. Queda excluído desta convocatoria:

    a) O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.

    b) O alumnado que durante o curso 2018/19 sexa adxudicatario dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, sempre e cando a estadía que pretenda realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o dito programa.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

    Secretaría Xeral de Universidades

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE UNIVERSIDADES

    SERVIZO DE APOIO E ORIENTACIÓN AOS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544430

    Fax: 981545422

    http://www.edu.xunta.es

    Órgano responsable

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE UNIVERSIDADES

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 15 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese país (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 15 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese país (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Orde do 24 de maio de 2019 pola que se fai pública a resolución de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese país, convocadas pola Orde do 15 de novembro de 2018 (DOG nº 106 do 6 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 28/01/2017 - 14/03/2017.

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2017.

    Prazo de resolución: Catro meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
      • a) Certificación academica oficial completa emitida pola universidade correspondente, nun período non anterior a un mes á data de presentación da solicitude, na cal se farán constar as materias ou creditos en que está matriculado/a no curso academico 2016/17, así como a nota media do expediente academico, obtida de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito, o 27 de xuño de 2011, entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, para a valoración dos expedientes academicos, cuxa publicación no DOG foi acordada pola Resolución da Secretaría Xeral Tecnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG do 30 de setembro).
        O alumnado que estea cursando estudos de 2º ciclo (licenciatura, arquitectura e enxeñaría), por acceder desde unha titulación de 1º ciclo ou desde o 1º ciclo doutra titulación, deberá enviar ademais unha copia da certificación academica oficial relativa ao primeiro ciclo realizado. Igualmente, o alumnado que cursase estudos oficiais de grao, por acceder desde unha titulación de primeiro ciclo ou primeiro e segundo ciclo, deberá presentar unha copia da certificación academica oficial completa na cal se inclúa o recoñecemento dos creditos das materias cursadas neles.
      • b) Programa do curso de idiomas para o cal se solicita a axuda, no cal deberán figurar o centro e lugar de destino, o período de duración, as datas de realización do curso e o número de horas lectivas semanais.
        Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta e autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
        Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
    • A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado ED416A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
      (https://sede.xunta.gal/chave365).
    • As solicitudes serán subscritas electronicamente pola persoa interesada ou pola persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
    • Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades tecnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao telefono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal
      Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico orientacion.sug@edu.xunta.es
    • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE UNIVERSIDADES

    SERVIZO DE APOIO E ORIENTACIÓN AOS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS
    San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981544430Fax: 981545422
    Información web: http://www.edu.xunta.es

    Versión en formato PDF

    O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 150 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2017 do alumnado universitario matriculado no curso 2016/17 nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2017, ambos os dous inclusive.

    Beneficiarios:

    Alumnado universitario matriculado no curso 2016/17 nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:
    a) Remitir á Secretaría Xeral de Universidades, unha vez finalizada a actividade, a documentación que se solicita no artigo 16.
    b) Comunicar por escrito a renuncia á axuda, no caso de producirse, e a causa que determine a dita renuncia.
    c) Informar o órgano que concede a axuda da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.
    d) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    e) Acreditar mediante certificación que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo desta orde, segundo se regula no artigo 11 do regulamento da Lei 9/2007.

    Requisitos:

    1. Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
    a) Estar matriculado no curso 2016/17, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data de publicación da orde na titulación que está a realizar.
    O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
    b) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
    2. Queda excluído desta convocatoria:
    a) O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
    b) O alumnado que durante o curso 2016/17 sexa adxudicatario dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, sempre e cando a estadía que pretenda realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o devandito programa.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 15 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2017, co obxecto de coñecer a lingua dese país (DOG nº 19 do 27 de xaneiro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus estudos durante o curso 2018/19.

    A quen vai dirixido?

    Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

    Requisitos

    a) Estar matriculado no curso 2018/19 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

    b) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.

    c) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

    Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.

    A onde acudir

    Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

    Secretaría Xeral de Universidades

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE UNIVERSIDADES

    SERVIZO DE APOIO E ORIENTACIÓN AOS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544430

    Fax: 981545422

    http://www.edu.xunta.es

    Órgano responsable

    Secretaría Xeral de Universidades

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 27 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/19 (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 27 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/19 (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Orde do 22 de abril de 2019 pola que se fai pública a resolución da orde de convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/19 (DOG nº 87 do 8 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 16/09/2016 - 15/10/2016.

    Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Xunto coa solicitude (anexo I, modelo normalizado ED421A) deberase achegar:
      • a) Documento acreditativo da matricula nun máster universitario oficial dos ofertados polas universidades do Sistema universitario de Galicia en que deberá de figurar o importe deste, as materias e o número de creditos en que está matriculado/a no curso 2016/17.
      • b) Certificado da vida laboral actualizada á data de publicación da convocatoria.
      • c) No caso de que a persoa solicitante non autorice a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para realizar as comprobacións e verificacións incluídas no anexo I desta orde deberá achegar ademais:
        • 1º. Copia do DNI ou do NIE da persoa solicitante.
        • 2º. Copia da autorización de estadía ou residencia no caso de que a persoa solicitante sexa extracomunitaria.
        • 3º. Copia do título universitario oficial español ou documento que legalmente o substitúa que lle dá acceso ao máster.
        • 4º. Copia do certificado municipal de residencia.
        • 5º. Un informe de períodos de inscrición como demandante de emprego expedido pola correspondente oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia, que determinará o número de días de inscrición exclusivamente no ano inmediatamente anterior á data de presentación da solicitude.
      • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado ED421A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
        Opcionalmente tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
      • As solicitudes serán subscritas directamente pola persoa interesada ou pola persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
      • Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades tecnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao telefono de información 012 ou ao enderezo electrónico: 012@xunta.es.
        Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es.
      • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
        A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
        As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que son autenticas.
        Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
      • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
      • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE UNIVERSIDADES

    SERVIZO DE APOIO E ORIENTACIÓN AOS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS
    San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981544430Fax: 981545422
    Información web: http://www.edu.xunta.es

    Versión en formato PDF

    O obxecto desta orde é convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula no curso 2016/17 de persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Contía da axuda.
    1. A contía da bolsa cubrirá o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario segundo os prezos públicos establecidos no anexo do Decreto 80/2016, do 23 de xuño, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2016/17 (DOG núm. 131, do 12 de xullo).
    Para os incluídos no punto 1.3 do anexo do decreto, a contía máxima asignada será de 1.788,6 euros para os da epígrafe A) e de 1.215 euros para os da epígrafe B).
    Para os incluídos no punto 1.4 do anexo do decreto, a contía máxima asignada será de 1.881,6 euros para os da epígrafe A) e de 1.296,6 euros para os da epígrafe B).
    2. A axuda só alcanzará para a realización dun único máster universitario.
    3. Quedan excluídas do importe da axuda as exencións e bonificacións do pagamento das taxas a que tiver dereito o/a beneficiario/a.

    Beneficiarios:

    Persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.
    A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:
    a) Informar o órgano que concede a axuda da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.
    b) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como da Intervención xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    c) Acreditar mediante certificación que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I desta orde, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007.
    d) Seguir durante o curso académico, con carácter presencial, os estudos en que se atope matriculado e non anular a matrícula.
    e) Concorrer a exame e superar, como mínimo, 30 créditos dos matriculados en convocatoria ordinaria e extraordinaria.
    f) Remitir á Secretaría Xeral de Universidades antes do 15 de agosto de 2017, unha vez rematado o curso, unha certificación ou extracto do expediente académico dos estudos cursados.

    Requisitos:

    a) Estar en situación de desemprego na data de publicación desta orde.
    b) Estar en posesión dun título universitario, expedido con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2014, que dá acceso aos estudos de máster universitario.
    c) Estar matriculado/a no curso 2016/17 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos.
    d) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia polo menos nos dous últimos anos anteriores á data da publicación desta convocatoria.
    e) Estar inscrito/a como demandante de emprego durante un período igual ou superior a 180 días no ano inmediatamente anterior contado de data a data desde a data de presentación da solicitude.
    f) Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 11 do Decreto 80/2016, do 23 de xuño (DOG núm. 131, do 12 de xullo), polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2016/17.
    g) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 1 de setembro de 2016 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2016/17 (DOG nº 176 do 15 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos no anexo I - Modalidade A.

    a) As universidades do SUG.

    b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

    c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos Institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do SERGAS que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.

    d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Ser un grupo de investigación recoñecido pola entidade solicitante que cumpra os criterios seguintes:

    a) Ter, na data de publicación da convocatoria, polo menos 5 investigadores/as. Cada investigador/a unicamente poderá formar parte da composición dun grupo no ámbito desta convocatoria.

    b) Cumprir como mínimo un dos seguintes requisitos:

    b.1.Ter polo menos 3 proxectos competitivos activos, cun importe superior a 15.000 euros cada un, ou ter polo menos 1 proxecto competitivo activo, cun importe superior a 75.000 euros, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2018.

    b.2.Ter ingresos medios anuais por actividades de I+D superiores a 150.000 euros (ou superior a 80.000 euros cando se trate de grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas), no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2018.

    b.3 Para as solicitudes do SUG: Ter sido beneficiario das axudas a Grupos de referencia competitiva do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG na convocatoria do ano 2015.

    b.4 Para as solicitudes alleas ao SUG: Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados no programa FEDER-INTERCONECTA, CONECTA- PEME ou noutras actividades financiadas pola Gain entre os anos 2015 e 2018.

    c) Cumprir polo menos dous dos seguintes criterios de produción científica no período do 1 de xaneiro de 2016 ao 31 de decembro de 2018:

    c.1 Artigos en publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science: polo menos 10 publicacións. No caso dos grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas consideraranse artigos en publicacións ERIH, IN-REC, IN-RECJ, DICE e LATINDEX.

    c.2 Libros publicados: polo menos 3 (só para grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que sexa autor/a individual ou coautor/a entre un máximo de 3 autores/as).

    c.3 Teses dirixidas/codirixidas e lidas: polo menos 3 teses para os grupos do SUG e polo menos 2 para o resto de entidades alleas ao SUG.

    c.4 Patentes en explotación nas que a entidade solicitante sexa titular: polo menos 1 patente (ou 4 rexistros de propiedade intelectual de software ou 4 rexistros de variedades vexetais).

    c.5 Acordos de explotación ou empresas (EBTs) xerados a partir de resultados obtidos polo grupo: polo menos 1 acordo ou EBT. Poderán ser empresas creadas antes do 1 de xaneiro de 2016, sempre que teñan actividade probada desde esa data ata o momento da solicitude.

    c.6 Participación, como líder de proxecto ou de workpackage, en proxectos de programa marco da UE: polo menos 1 liderado de proxecto.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

    Secretaría Xeral de Universidades

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA

    SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881999541

    Fax: 881999135

    Email: sxu@edu.xunta.es

    Órgano responsable

    Secretaría Xeral de Universidades

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 31 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 31 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 14 de xuño de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas da Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 123 do 1 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Axudas a grupos de investigación para apoiar o desenvolvemento dun plan de actuacións en rede que permita conformar novas capacidades científicas e abordar con maior efectividade novos obxectivos en investigación.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A, B, C e D as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, ás redes que se conformen e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos nos anexos I, II, III e IV (segundo cada caso).

    a) As universidades do SUG.

    b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

    c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos Institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do SERGAS que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.

    d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    O beneficiario único será unha das entidades enumeradas no artigo 2 desta orde que presente como candidato o grupo de investigación coordinador da rede, que serán responsables do cumprimento de todas as obrigas establecidas nesta convocatoria e na demais normativa aplicable.

    A rede ten que estar formada polo grupo coordinador e contar coa adhesión de polo menos outros tres grupos e ter como obxectivo o desenvolvemento dun plan de actividades conxuntas e complementarias no marco da rede. Estes outros tres grupos poderán pertencer a entidades diferentes das que presenta a solicitude, sempre que estean comprendidas dentro das enumeradas no artigo 2 desta convocatoria.

    No caso das universidades do SUG o grupo coordinador deberá de ter acadado unha axuda coa mesma condición na convocatoria do ano 2015 na modalidade de REDES e non ter acadado unha axuda nesa modalidade ao abeiro da convocatoria do ano 2016.

    Un mesmo grupo non poderá participar en mais de dúas redes con independencia da súa institución de procedencia e do ano de convocatoria.

    A onde acudir

    Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

    Secretaría Xeral de Universidades

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA

    SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957649

    Fax: 881999135

    Email: sxu@edu.xunta.es

    Órgano responsable

    SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 8 de xuño de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017 (DOG nº 115 do 19 de xuño de 2017).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 09/07/2015 - 08/08/2015.

    Un mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) , de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
      O formulario da solicitude (anexo III) estará dispoñible na dita sede electrónica da Xunta de Galicia, e os formatos da documentación sinalada nas alíneas a), b) e c) deste artigo, que deben achegarse coa solicitude, atópanse na internet no enderezo http://www.edu.xunta.es .
    • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • A solicitude, así como toda a documentación definida na alínea a) deste artigo, irá asinada pola autoridade que representa legalmente a universidade correspondente. A memoria descritiva que inclúa unha descrición actual da suma de capacidades e o programa da actuación, sinaladas nas alíneas b) e c), irá asinada polo coordinador ou coordinadora da agrupación estratexica que executará a axuda. Toda esta documentación que acompaña a solicitude deberá fornecerse segundo os modelos dispoñibles na internet no enderezo http://www.edu.xunta.es
    • a) Presentación da agrupación, incluíndo: (i) nome e acrónimo, (ii) certificación da universidade propoñente dos grupos que a integran e a súa dependencia institucional (desagregando nominalmente e segundo a súa categoría profesional a totalidade de persoal que os compoñen) e/ou investigadores/as individuais que se adscriban, (iii) nomeamento dunha persoa que liderará a agrupación e que actuará como coordinadora da actividade e contacto coa Administración durante a vixencia da axuda, (iv) resumo dos obxectivos da agrupación e da xustificación da súa existencia.
    • b) Descrición da situación actual da suma das capacidades dos integrantes da agrupación, incluíndo para cada un dos grupos:
      • 1º. Liñas de investigación actuais e futuras, coa visión do seu desenvolvemento a medio e longo prazo (e en relación coas prioridades de Galicia ou institucionais).
      • 2º. Actividade investigadora (por liñas de investigación): proxectos activos. Título, fonte de financiamento, orzamento, período e investigador/a principal.
      • 3º. Transferencia e valorización: contratos de I+D, prestación de servizos tecnolóxicos, patentes, patentes en explotación, ingresos por licenzas, creación de spin-off.
      • 4º. Produción científica: resumo de indicadores de produción científica (número de publicacións en WOS/SCOPUS, citas recibidas, publicacións en revistas Q1 y Q2), outras publicacións destacadas.
      • 5º. Contribucións en conferencias científicas nacionais e internacionais.
      • 6º. Formación: participación en programas de doutoramento e máster (indicar aqueles con mención de calidade), número de teses lidas, indicando data, título, nome do/da doutor/a e nome do/da director/a.
      • 7º. Descrición da relación existente cos outros grupos propostos para a agrupación (se e o caso): proxectos en que se colaborou, publicacións en coautoría, actividades conxuntas de formación, utilización conxunta de infraestruturas, etc.
      • 8º. Outra información de interese: proxección internacional do grupo.
      • 9º. Fitos destacables na historia do grupo: premios, postos das persoas integrantes do grupo en sociedades científicas, participación en comites editoriais, etc.
    • c) Programa de actuación da agrupación, co seguinte contido mínimo:
      • 1º. Xustificación da razón de ser da agrupación e propósito da súa existencia e actividade para a universidade propoñente e no contexto do SUG.
      • 2º. Estratexia da agrupación que detalle os obxectivos da agrupación e o seu interese científico e tecnico, así como os mecanismos que se aplicarán para mellorar a calidade e produtividade da súa actividade investigadora, mellorar o impacto dos seus resultados de investigación sobre a contorna socioeconómica, así como para paliar os puntos febles dos grupos.
      • 3º. Modelo de xestión:
        • Organización científica e funcional da agrupación en unidades de investigación ou nos seus grupos, así como os criterios de adscrición de persoal investigador á agrupación.
        • Organización de xestión da agrupación.
      • 4º. Planificación de actividades para o período 2015-2020 atendendo a:
        • Política de persoal da agrupación: deseño dos cadros de persoal referidos a investigadores/as, tecnicos/as e persoal de laboratorio ou similar, e persoal de xestión, así como o establecemento dos mecanismos de incorporación deste persoal (contratación, adscrición temporal, etc.).
        • Programas de doutoramento; organización de actividades de carácter científico-tecnico; actividades de formación distintas do doutoramento.
        • Instalacións e medios: detalle dos medios actuais que se incorporan á nova estrutura así como das instalacións e dos medios novos que serán necesarios.
        • Estratexias de I+D orientadas a convocatorias públicas; estratexias ou actividades de I+D de especial relevancia orientadas a empresas.
      • 5º. Memoria económica, indicando:
        • Orzamento de execución da axuda para o período 2015-2017, desagregado por anualidades.
        • Orzamento detallado para a elaboración do plan estratexico.
        • Previsión de orzamento, incluíndo os fondos que se espera captar para o período 2015-2020, valorando a capacidade da agrupación para obter recursos económicos e a súa correlación cos seus gastos.
      • 6º. Mecanismos de avaliación:
        • Indicadores definidos nos modelos de solicitude, cos seus valores de referencia iniciais e unha previsión de desenvolvemento nos anos 2016 e 2017 (final da axuda) e ata o 2020 (vixencia do plan estratexico).
        • Outros mecanismos externos de monitorización e avaliación periódica.
      • d) Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas ou dos seus organismos ou sociedades (que se inclúe no anexo III).
      • e) Copia do DNI ou NIE da persoa representante da universidade, só no suposto de que non autorice a súa verificación no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde do 7 de xullo de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA

    SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA
    San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981957649 / 881999541Fax: 881999135
    Email: sxu@edu.xunta.es

    Versión en formato PDF

    A presente orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o acceso ás axudas para o desenvolvemento de agrupacións estratéxicas dentro do SUG, entendidas como novas estruturas organizativas de investigación máis eficientes mediante a integración estable dos recursos, capacidades e obxectivos dos actuais grupos de investigación. Estas agrupacións, definidas como tales pola universidade propoñente, cun nivel de agregación superior ao grupo de investigación, terán por obxecto desenvolver unha actividade colaborativa estable e planificada con obxectivos de I+D e transferencia propios.
    A necesidade da agrupación quedará xustificada cando a súa actuación achegue unha contribución significativa aos seguintes obxectivos:
    a) Carácter estratéxico ou singular da agrupación no contexto galego tomando en consideración o valor engadido que supón a súa creación e a contribución aos obxectivos fixados no marco da Estratexia de especialización intelixente para Galicia (RIS3).
    b) Combinación das capacidades e dos recursos dos grupos de investigación coa finalidade de acadar mellores resultados científicos e tecnolóxicos.
    c) Realización de investigación en colaboración e interdisciplinar de calidade estratéxica no contexto da Comunidade Autónoma.
    d) Establecemento de estratexias comúns de xestión e transferencia de resultados de investigación.
    e) Aproveitamento conxunto de infraestruturas, equipamento e espazos dispoñibles ou de nova creación do SUG.
    f) Incorporación de novo persoal investigador en áreas que pola súa actividade científica e tecnolóxica, pola súa competencia na captación de recursos e polo seu valor estratéxico institucional así o requiran.
    g) Incorporación racional e sustentable de persoal de apoio para o desenvolvemento de tarefas de xestión, comerciais, informáticas, de laboratorio ou outras similares que sexan necesarias para a realización máis eficiente da actividade investigadora.
    h) Maior presenza de investigadores/as do SUG en programas de investigación e intercambio internacionais.
    A axuda destinarase á elaboración dun plan estratéxico para o período 2015-2020, que incluirá os obxectivos que pretende conseguir a agrupación a curto prazo (2017) e a medio prazo (2020), e á posta en marcha e ao funcionamento ordinario da agrupación para o período 2015-2017.
    Os importes das axudas irán destinados a financiar os seguintes conceptos, sempre que se relacionen coa actividade da agrupación:
    1. Custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar. Inclúese o custo de persoal dedicado de xeito específico ás funcións de xestión da agrupación.
    2. Pequeno equipamento inventariable e material funxible. O material funxible, de oficina ou informático, non poderá exceder o 5 % da axuda debidamente xustificada anualmente.
    3. Formación dos membros da agrupación relacionada coa actividade obxecto da axuda mediante estadías curtas cunha duración mínima de quince días e máxima de tres meses. Non se considerarán neste número os/as colaboradores/as externos/as dos grupos que integran a agrupación.
    4. Viaxes e axudas de custo de membros da agrupación para a actividade obxecto da axuda, sempre que a contía non exceda o 20 % da axuda debidamente xustificada anualmente. Non se considerarán neste número os/as colaboradores/as externos/as dos grupos que integran a agrupación.
    5. Investigadores/as visitantes.
    6. Organización de actividades de difusión, así como presenza en medios de comunicación.
    7. Ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, etc.
    8. Consultoría e asesoramento externo para deseñar e aplicar á estrutura de desenvolvemento e ao plan estratéxico da agrupación.
    9. Gastos derivados da elaboración dun informe de auditoría por cada agrupación que obteña financiamento.
    10. Custos indirectos ou gastos xerais que regulamentariamente exixe a universidade á agrupación solicitante, que non superarán o 20 % da axuda debidamente xustificada anualmente. Desa porcentaxe, 5 puntos destinaranse a financiar as subscricións de cada universidade ás publicacións electrónicas.

    Beneficiarios:

    As universidades do SUG e destinaranas ás súas agrupacións estratéxicas, recoñecidas como tales pola súa universidade.

    Requisitos:

    1. Que a agrupación que se pretende crear inclúa, cando menos, 5 grupos de investigación do SUG ou un mínimo de 10 investigadores/as. Cada grupo, ou investigador/a, só poderá formar parte dunha solicitude. A inclusión na agrupación de grupos, persoas ou capacidades doutras universidades do SUG distintas á da universidade propoñente, así como doutros organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, será valorada positivamente. As agrupacións que se propoñan non poderán integrar grupos de investigación ou investigadores/as individuais que formasen parte das agrupacións estratéxicas financiadas con cargo a axudas para a mesma finalidade da Xunta de Galicia dos anos 2008, 2009 ou 2012.
    2. Que presente un programa de actuación da agrupación con base en hipóteses viables que serán conformadas ou reformuladas durante o exercicio de planificación estratéxica e que incluirá o contido que se detalla no artigo 4 desta orde.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Corrección de erros. Orde do 26 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2015 (DOG nº 128 do 9 de xullo de 2015).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 26 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2015 (DOG nº 127 do 8 de xullo de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    A presente orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o acceso ás axudas para o desenvolvemento de agrupacións estratéxicas dentro do SUG, entendidas como estruturas organizativas de investigación máis eficientes mediante a integración estable dos recursos, capacidades e obxectivos dos actuais grupos de investigación. Estas agrupacións, definidas como tales polas universidades propoñentes, cun nivel de agregación superior ao grupo de investigación, terán por obxecto desenvolver unha actividade de investigación colaborativa estable e planificada con obxectivos propios.

    Para tal fin establécense dúas modalidades:

    Modalidade A: mellora das agrupacións estratéxicas de investigación recoñecidas e que xa foron obxecto das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia.

    A axuda destinarase a apoiar un programa de accións relacionadas coa axenda científica da agrupación, o fortalecemento da súa estrutura interna e o fomento da súa proxección cara ao exterior, a integración e o fortalecemento de sinerxias para unha mellor consecución dos seus fins.

    Modalidade B: creación de novas agrupacións estratéxicas de investigación:

    A necesidade da creación dunha nova agrupación quedará xustificada cando a súa actuación achegue unha contribución significativa aos seguintes obxectivos:

    a) Carácter estratéxico e/ou singular da agrupación no contexto galego tomando en consideración o valor engadido que supón a súa creación e a contribución aos obxectivos fixados singularmente no marco da Estratexia de especialización intelixente para Galicia (RIS3) e noutras prioridades que poidan ser estratéxicas no contexto da comunidade autónoma. Nesta convocatoria a singularidade configura un parámetro básico de importancia no baremo das propostas, ao obxecto de evitar duplicidades e solapamentos que mingüen as capacidades do sistema.

    b) Combinación e integración efectiva das capacidades e dos recursos dos grupos de investigación coa finalidade de acadar mellores resultados científicos e tecnolóxicos.

    c) Realización de investigación estratéxica, colaborativa e interdisciplinar de calidade no contexto da comunidade autónoma e mellora da súa proxección no ámbito internacional.

    d) Establecemento de estratexias comúns de xestión e transferencia de resultados de investigación.

    e) Aproveitamento conxunto de infraestruturas, equipamento e espazos dispoñibles ou de nova creación do SUG.

    f) Incorporación de novo persoal investigador en áreas que pola súa actividade científica e tecnolóxica, pola súa competencia na captación de recursos e polo seu valor estratéxico institucional así o requiran.

    g) Incorporación racional e sustentable de persoal de apoio para o desenvolvemento de tarefas de xestión, comerciais, informáticas, de laboratorio ou outras similares que sexan necesarias para a realización máis eficiente da actividade investigadora.

    h) Maior presenza de investigadores/as do SUG en programas de investigación e intercambio internacionais.

    A axuda destinarase á elaboración dun plan estratéxico para o período 2018-2022, que incluirá os obxectivos que pretende acadar a agrupación a curto prazo (2020) e a medio prazo (2022), e ao desenvolvemento dun programa de actuacións para a posta en marcha e funcionamento ordinario da agrupación para o período 2018-2020.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias das axudas desta orde as universidades do SUG e destinaranas ás súas agrupacións estratéxicas, recoñecidas como tales polas propias universidades.

    Requisitos

    Modalidade A:

    1. Que a agrupación xa fose obxecto de axuda na convocatoria do ano 2015 e que estea incluída no convenio do ano 2017 de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o financiamento de agrupacións estratéxicas de investigación.

    2. Que a composición da agrupación respecte o ámbito temático, a pluralidade de liñas de actuación, a capacidade, a calidade e a coherencia coas que foron avaliadas ao remate da axuda do ano 2015.

    3. A agrupación poderá aumentar ou minorar a masa crítica preexistente sempre que existan razóns científicas ou estratéxicas que así o aconsellen. Calquera destas opcións deberá estar debidamente xustificada na documentación que se presente. No caso de minoración da masa crítica deberá contarse ademais cun informe favorable dun órgano asesor externo e a produción científica xerada durante o período de actividade polo persoal investigador que abandona a agrupación non se terá en conta neste proceso de concorrencia competitiva.

    Modalidade B:

    1. Que a agrupación que se pretende crear inclúa, cando menos, 5 grupos de investigación do SUG.

    O grupo deberá figurar inscrito nos rexistros da universidade na data de publicación desta convocatoria. A totalidade das persoas que compoñen o grupo integrarase na agrupación non admitíndose excepcións individuais.

    Poderán integrarse na agrupación grupos e persoal investigador individual que non pertenza ás universidades do SUG.

    A inclusión na agrupación de grupos ou capacidades doutras universidades do SUG distintas á da universidade propoñente, así como doutros organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia será valorada positivamente.

    Cada grupo ou investigador/a só poderá formar parte dunha solicitude.

    As agrupacións que se propoñan non poderán integrar grupos de investigación ou investigadores/as individuais que formen parte dun centro de investigación singular ou dunha agrupación estratéxica consolidada financiadas con cargo á convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para estas unidades de investigación supragrupais no ano 2016. Tampouco poderán integrarse grupos ou persoas que estean incluídos en centros que teñan o recoñecemento Severo Ochoa ou María de Maeztu.

    2. Que presente un programa de actuación da agrupación, baseado nunha visión e misión claramente definidas, que manifesten credibilidade e viabilidade suficientes. Este programa será conformado ou reformulado durante o exercicio de planificación estratéxica e incluirá o contido que se detalla no artigo 6 desta orde.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

    Secretaría Xeral de Universidades

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA

    SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881995150 / 881995156

    Fax: 881999135

    Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal

    Órgano responsable

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE UNIVERSIDADES

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 4 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 134 do 13 de xullo de 2018).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 4 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 134 do 13 de xullo de 2018).

    Ligazón á normativa

    Orde do 9 de outubro de 2018 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 198 do 17 de outubro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 24 de outubro de 2018 pola que se conceden as axudas da Orde do 4 de xullo de 2018, modificada pola Orde do 9 de outubro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 210 do 5 de novembro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Resolución do 24 de outubro de 2018 pola que se conceden as axudas da Orde do 4 de xullo de 2018, modificada pola Orde do 9 de outubro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 214 do 9 de novembro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.