Xunta de Galicia

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións dirixidas ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

    2. Nesta orde regúlanse os seguintes dous programas de subvencións:

    Programa A .Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico.

    Programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas.

    3. Así mesmo, ten por obxecto convocar as ditas subvencións para o ano 2019.

    No desenvolvemento desta orde observarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:

    a) Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.

    b) Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas.

    c) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    d) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    e) Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia.

    f) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma.

    g) Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

    E, suplementariamente:

    h) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, reguladora dos requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que resultan de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta orde de convocatoria.

    i) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

    j) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

    k) Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    As entidades locais de Galicia.

    Obrigas dos beneficiarios.

    1. As entidades locais beneficiarias destas axudas quedan suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    2. As entidades locais beneficiarias das subvencións quedarán obrigadas a destinar os fondos bibliográficos recibidos para a súa incorporación á súa colección bibliográfica e a súa posta á disposición das persoas usuarias das súas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura. A Consellería de Cultura e Turismo poderá comprobar, cando o considere conveniente, a correcta execución das axudas.

    3. Tamén quedan obrigadas a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

    4. As entidades locais beneficiarias deberán dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

    5. Os fondos bibliográficos obxecto da presente convocatoria deberán cumprir a vixente normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego, fixada pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003, tal e como se establece na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG núm. 84, do 14 de xullo). Así mesmo, respectarán a toponimia oficial nos termos previstos no artigo 10 desta lei.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais de Galicia que:

    a) Sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

    b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

    c) Teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

    2. Tamén poderá ser beneficiaria destas axudas a agrupación de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. A dita agrupación deberá estar debidamente acreditada, e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos na presente orde.

    3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que estean nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Requisitos de participación.

    1. As bibliotecas ou axencias de lectura pública municipais receptoras dos fondos bibliográficos deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Estar integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia (capítulo V do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas) antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvención reguladas nesta orde.

    b) Ter un horario de apertura ao público dun mínimo de 15 horas semanais.

    c) Ter cuberta a estatística de bibliotecas do ano 2017 e remitida á Secretaría Xeral de Cultura.

    d) Ter informatizada a xestión da biblioteca ou da axencia de lectura.

    e) Ter remitido ao Consello de Contas de Galicia a conta xeral do exercicio 2017.

    f) Ademais, dos anteriores requisitos, as entidades locais que soliciten o Programa B ”subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas” deberán ter realizado no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018, un investimento na adquisición de fondos bibliográficos con destino á/s biblioteca/s ou axencia/s de lectura pública municipal/is, con cargo aos orzamentos do concello. Este investimento deberá ser igual ou superior ao 20% da cantidade máxima que se pode conceder segundo o establecido no artigo 37 desta orde.

    2. Queda excluída deste investimento a adquisición de fondos bibliográficos con destino á biblioteca ou axencia de lectura pública municipal realizada cos fondos procedentes doutras axudas ou subvención públicas.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

    Servizo do Sistema de Bibliotecas

    Cidade da Cultura, Monte Gaiás, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881999773

    Fax: 981545065

    Email: sxc-subdireccion-bibliotecas.cceou@xunta

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

    Servizo do Libro e Publicacións

    Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545804 / 981544845

    Email: servizo-libro-publicacions.cultura@xunta.gal

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 3 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 245 de 26 de decembro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 3 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 245 do 26 de decembro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 30 de abril de 2019 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 26 de decembro), pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia (DOG nº 89 do 10 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 10/01/2017 - 09/02/2017.

    Os concellos que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Á solicitude xuntaráselle a documentación que a seguir se relaciona:
      • a) Certificado expedido polo/a secretario/a ou interventor/a do gasto realizado con fondos propios do concello, na adquisición de fondos bibliográficos comprendido entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2016.
      • b) Certificado expedido polo/a secretario/a ou interventor/a do concello da media semanal de horas de apertura ao público da biblioteca ou bibliotecas e/ou axencias de lectura.
      • c) Copia do certificado da remisión ao Consello de Contas de Galicia da conta xeral do exercicio 2015.
      • d) No caso de que a axencia de lectura ou biblioteca municipal non estean integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, copia da solicitude de integración (segundo o modelo do anexo IV do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro).
    • A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) de conformidade co establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
      (https://sede.xunta.gal/chave365)
    • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
      No caso de que algún dos documentos que debe presentar a persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos.
      Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación.
      Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados.
      Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada.
      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o últimodía do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    SECRETARÍA XERAL DE CULTURA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE BIBLIOTECAS

    SERVIZO DO SISTEMA DE BIBLIOTECAS
    Cidade da Cultura, Monte Gaiás, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 881999773Fax: 981545065
    Email: sxc-subdireccion-bibliotecas.cceou@xunta

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras da subvención para a adquisición de fondos bibliográficos con destino ás bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia para o ano 2017.
    A finalidade é posibilitar a mellora dos fondos bibliográficos que configuran as coleccións das bibliotecas públicas municipais de Galicia, mediante a adquisición de novidades bibliográficas, co fin de colaborar na súa actualización e mantemento e, deste xeito, dar cumprida resposta ás demandas dos usuarios.

    Fondos bibliográficos obxecto de subvención e exclusións.
    1. Será obxecto desta axuda a compra de monografías (tanto libro infantil como libro dirixido ás persoas adultas), material sonoro (CD e vinilo), videogravacións (DVD, Blu-Ray), recursos electrónicos (CD-ROM, DVD-ROM ou calquera outro formato para videoxogos), partituras e material cartográfico (mapas e planos). Estes materiais deberán estar dirixidos ao mantemento ou renovación da colección e terán por obxectivo o préstamo a domicilio ou a consulta dentro das instalacións da propia biblioteca.
    2. O número máximo de exemplares que se poderán adquirir por título será de 3.
    3. Un 25 % do importe concedido destinarase á adquisición de fondo bibliográfico editado en lingua galega.
    4. Non serán obxecto desta axuda reproducións facsimilares, gravados, grandes obras de consulta (enciclopedias en varios volumes, repertorio de xenealoxía e heráldica, etc.), pinturas, publicacións periódicas (revistas, xornais, boletíns?) ou calquera outro material non mencionado no punto 1.
    No desenvolvemento desta orde, observarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:
    a) Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.
    b) Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas.
    c) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    d) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    e) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma.
    f) Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
    E, suplementariamente:
    g) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, reguladora dos requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que resultan de aplicación á normativa desta comunidade autónoma, e consecuentemente, a esta orde de convocatoria.
    h) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
    i) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
    j) Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas.

    Beneficiarios:

    Os concellos de Galicia, titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.
    Obrigas dos beneficiarios.
    1. Os beneficiarios desta axuda quedan suxeitos ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    2. Os beneficiarios das subvencións quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos para o obxecto concreto para o cal fosen concedidos. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución das axudas.
    3. Os beneficiarios quedan obrigados a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
    4. Co obxecto de apoiar o crecemento competitivo e equilibrado de todo o territorio galego, os provedores dos materiais obxecto destas axudas deberán ser, preferentemente, empresas de comercio retallista da contorna municipal.

    Requisitos:

    1. O concello deberá ter realizado, no período comprendido entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de decembro de 2016, un investimento na adquisición de fondos bibliográficos con destino á biblioteca ou axencia de lectura pública municipal, con cargo aos orzamentos do concello. Este investimento deberá ser igual o superior ao 20 % da cantidade máxima que se pode conceder segundo o establecido no artigo 7 desta orde.
    Quedan excluídos deste investimento a adquisición de fondos bibliográficos con destino á biblioteca ou axencia de lectura pública municipal realizada cos fondos procedentes doutras axudas ou subvencións públicas.
    2. A biblioteca ou axencia de lectura pública municipal debe estar integrada na Rede de bibliotecas de Galicia ou ter solicitado a súa integración (capítulo V do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas) antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvención reguladas nesta orde.
    3. O cumprimento dun mínimo de 15 horas semanais de apertura ao público da biblioteca ou axencia de lectura.
    4. Ter cuberta a estatística de bibliotecas do ano 2015 e remitida á Secretaría Xeral de Cultura.
    5. Ter informatizada a xestión da biblioteca ou axencia de lectura.
    6. Ter cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
    7. Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
    Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 5 do 9 de xaneiro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro

    A quen vai dirixido?

    Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as entidades que a continuación se sinalan, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019:

    A. Artes escénicas .

    Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia.

    Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Requisitos:

    – Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

    – Ter asinado no momento da solicitude o/s contrato/s/ convite/s con contido económico.

    Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.

    Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas en feiras e festivais fóra de Galicia.

    Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos en feiras e festivais fóra de Galicia.

    – Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

    – Ter asinado no momento da solicitude o/s contrato/s ou convite/s con contido económico.

    Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas e fóra de Galicia.

    Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega.

    Requisitos:

    – Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

    – Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.

    – Acreditar a relación de vinculación dos/as asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.

    Modalidade A.4: subvencións para a distribución interior de espectáculos escénicos no territorio da comunidade autónoma.

    Beneficiarios: persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas. Só se terán en conta e serán funcións subvencionables aquelas programadas en espazos que non formen parte da Rede galega de teatros e auditorios.

    En ningún caso, máis de catro representacións nun mesmo espazo.

    Requisitos:

    Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

    Ter asinado no momento da solicitude o/s contrato/s/ ou cesións.

    B. Música .

    Modalidade B.1: subvencións para a distribución de espectáculos musicais fóra de Galicia.

    Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Requisitos:

    – Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

    – Ter asinado no momento da solicitude o/s contrato/s/ convite/s con contido económico.

    Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres concertos e, en ningún caso, máis de oito no mesmo espazo.

    Modalidade B.2: subvencións para a representación musicais en feiras e festivais fóra de Galicia.

    Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de actividades musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a realización de concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

    – Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

    – Ter asinado no momento da solicitude o/s contrato/s ou convite/s con contido económico.

    Modalidade B.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados musicais fóra de Galicia.

    Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos musicais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados musicais fóra da Comunidade Autónoma galega.

    Requisitos:

    – Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

    – Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.

    – Acreditar a relación de vinculación dos/as asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996077 / 881996078

    Fax: 881996080

    Email: agadic@xunta.es

    Órgano responsable

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 101 do 29 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 101 do 29 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto establecer e aprobar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para o fomento da estabilidade e consolidación das salas de artes escénicas de titularidade privada e para o desenvolvemento das súas programacións artísticas de carácter profesional e aprobar a súa convocatoria para o ano 2019.

    Gastos subvencionables .

    1. Só se admitirán como gastos subvencionables os efectivamente pagados con anterioridade ao remate da xustificación, que indubidablemente sexan custos vinculados ao funcionamento da sala e ao desenvolvemento do proxecto de programación presentado con data comprendida entre o 1 de novembro do ano anterior 2018 ata o 31 de outubro do ano 2019 correspondente, e que se inclúan entre os seguintes:

    – Gastos do persoal contratado (salarios e cotizacións sociais) vinculado ao proxecto e das persoas socias ou traballadoras, cun límite global do 40 % do gasto total do proxecto, e con límite por persoa traballadora de 2.000 euros brutos mensuais.

    – Gastos xerais do funcionamento da sala: alugamentos, subministracións, gastos correntes e de servizos, seguros, gastos de xestoría, os gastos financeiros recollidos no artigo 29.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, cun límite global do 40 % do gasto total do proxecto.

    – Gastos de investimentos vinculados á programación (remuneración por espectáculos, gastos por servizos asociados á programación, dereitos de autor, gastos de difusión e publicidade).

    2. Non serán subvencionables os gastos relativos:

    – Aos xuros debedores das contas bancarias.

    – Ao imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.

    – A calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto da subvención.

    3. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

    4. En canto á subcontratación estarase ao disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán acceder ás axudas as persoas físicas e xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 150 localidades que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2019, debendo probar a dispoñibilidade da sala mediante copia de escritura, contrato de alugamento ou calquera documento válido en dereito, así como estar en posesión da licenza de apertura para a cal solicita a axuda e que realizasen un mínimo de 60 representacións no ano 2018.

    2. Poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou as entidades enumeradas no parágrafo anterior que se atopen na situación que fundamenta a concesión da subvención e concorran as circunstancias previstas na presente convocatoria.

    Obrigas específicas dos beneficiarios.

    A persoa ou entidade subvencionada asume a obriga de cumprir a presente convocatoria e, en concreto, as obrigas seguintes:

    1. Facer constar os logotipos da Agadic e da Xunta de Galicia, segundo a súa normativa básica de identidade corporativa, en todos os elementos de difusión relacionados coa actividade subvencionada, inseríndoos nun lugar preferente ou, cando menos, en igualdade de condicións que a entidade subvencionada.

    2. Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

    3. Inscribir a programación da sala na plataforma de xestión www.galescena.gal, nos prazos establecidos pola Axencia.

    4. Cumprir coas exixencias establecidas e publicadas na páxina web da Agadic en canto ao funcionamento e programación da RGS dado que como beneficiarios destas axudas conformarán a Rede galega de salas (RGS).

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou as entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

    - Exclúense salas cuxa titularidade pertenza a asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Dirección da Axencia Galega de Industrias Culturais

    Departamento de xestión

    Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996070

    Fax: 881996080

    Email: agadic@xunta.es

    http://www.agadic.info

    Órgano responsable

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 20 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 61 do 28 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 20 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 61 del 28 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 24/12/2016 - 23/01/2017.

    Un mes, desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Ademais da solicitude, os interesados nestas subvencións presentarán a seguinte documentación, mediante copia compulsada ou debidamente autenticada:
    • Documentación xeral:
      • DNI ou NIE do solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.
      • Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual, só no caso de que o interesado denegue expresamente a súa consulta.
      • Se o solicitante e unha persoa xurídica:
        • Copia compulsada ou cotexada do NIF ou documento equivalente, só no caso de que o interesado denegue expresamente a súa consulta.
        • DNI ou NIE do representante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.
        • Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
        • Copia compulsada ou cotexada dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.
        • Documentación que acredite de forma suficiente a representación de quen asina a solicitude.
      • Documentación específica:
        • Copia da escritura de propiedade, contrato de aluguer ou outros documentos válidos en dereito que acrediten a dispoñibilidade da sala por parte do solicitante.
        • Licenza de apertura do espazo.
        • Contratos laborais do persoal vinculado ao proxecto.
        • Ficha do proxecto de programación (anexo II).
        • Plan de comunicación e xestión de públicos coa explicación detallada do plan de accións de comunicación e márketing correspondente.
        • Plan económico financeiro (anexo III).
      • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
        A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas representantes delas.
        Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
        Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
      • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos logo da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamen poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
      • A documentación poderá ser entregada en soporte papel, CD-Rom ou en memoria USB. En calquera dos soportes que se presente deberán figurar os mesmos ficheiros e con igual contido. Todos os ficheiros deberán incorporar un índice do seu contido. Os formatos dos ficheiros poderán ser PDF ou Excel. Se se inclúen ficheiros con fotografías ou debuxos, serán en formato JPG.
        A documentación complementaria presentarana por vía electrónica aquelas persoas obrigadas a ista. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
        A documentación complementaria, e só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, tamen poderá presentarse por vía electrónica ou en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
        Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS (AGADIC)

    Departamento de xestión

    Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
    15707Santiago de Compostela
    Teléfono: 881996070Fax: 881996080
    Email: agadic@xunta.es
    Información web: http://www.agadic.info

    Versión en formato PDF

    1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para fomentar a estabilidade e consolidación das salas de artes escénicas de titularidade privada que desenvolvan programacións artísticas de carácter profesional.
    2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas para o mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou de calquera organismo dependente.
    3. Estas subvencións son compatibles con outras axudas para o mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo da actividade subvencionada.
    4. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
    5. No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:
    a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    c) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
    E, supletoriamente:
    d) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.
    e) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
    f) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
    Na concesión das subvencións seguirase un procedemento de concorrencia competitiva.
    Gastos subvencionables.
    Só se admitirán como gastos subvencionables os efectivamente pagados con anterioridade ao remate da xustificación, que indubidablemente sexan custos vinculados ao funcionamento da sala e ao desenvolvemento do proxecto de programación presentado con data comprendida entre 1 de novembro de 2016 ata o 31 de outubro de 2017, e que se inclúan entre os seguintes:
    - Gastos do persoal contratado (salarios e cotizacións sociais) vinculado ao proxecto e dos socios traballadores, cun límite global do 40 % do gasto total do proxecto, e con límite por traballador de 2.000 euros brutos mensuais.
    - Gastos xerais do funcionamento da sala: alugueiros, subministracións, gastos correntes e de servizos, seguros, gastos de xestoría, cun límite do 40 % do gasto total do proxecto.
    - Gastos vinculados á programación (remuneración por espectáculos, gastos por servizos asociados á programación, dereitos de autor, gastos de difusión e publicidade).
    Non serán subvencionables os gastos relativos:
    - Ao imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.
    - A calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto da subvención.
    Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

    Beneficiarios:

    Poderán solicitar as subvencións as persoas físicas ou xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 250 localidades que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2017. Exclúense salas cuxa titularidade pertenza a asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro. O solicitante deberá probar a dispoñibilidade da sala mediante copia da escritura de propiedade, contrato de aluguer ou outros documentos válidos en dereito, e deberá estar en posesión da licenza de apertura da sala para a cal solicita a axuda na actividade correspondente.
    A entidade subvencionada asume a obriga de cumprir a presente convocatoria e, en concreto, as obrigas seguintes:
    1. Facer constar os logotipos da Agadic e da Xunta de Galicia, segundo a súa normativa básica de identidade corporativa, en todos os elementos de difusión relacionados coa actividade subvencionada, inseríndoos nun lugar preferente ou, cando menos, en igualdade de condicións coa entidade subvencionada.
    2. Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

    Requisitos:

    Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 16 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases de subvencións para salas de artes escénicas e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 244 do 23 de decembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 31/12/2016 - 30/01/2017.

    Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • 1. Ás solicitudes dos interesados xuntaranse os documentos e informacións previstos no parágrafo seguinte, salvo que a documentación exixida xa estivese en poder da Agadic; neste caso, o solicitante poderase acoller ao establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e quedará eximido da súa presentación, sempre e cando así o faga constar e especifique a data e o órgano ou a procedencia en que foron presentados ou emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan; todo isto de conformidade co estipulado no artigo 20.3 da Lei de subvencións de Galicia.
      2. Ademais da solicitude, os interesados nestas subvencións presentarán a seguinte documentación:
      2.A. Con carácter xeral, a seguinte documentación, mediante fotocopia compulsada ou debidamente autenticada:
      1º. Copia do DNI ou NIE do solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
      2º. Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda (empresas de espectáculos), no exercicio actual, só no caso de que o interesado denegue expresamente a súa consulta.
      3º. DNI ou NIE do representante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
      3º. Se o solicitante e unha persoa xurídica:
      ? Copia compulsada ou cotexada do NIF ou documento equivalente, só no caso de que o interesado denegue expresamente a súa consulta.
      ? Copia compulsada ou cotexada dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda;
      ? Documentación que acredite de forma suficiente a representación de quen asina a solicitude.
      ? Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
      No suposto de se tratar de sociedades civís e comunidades de bens ?ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia?, deberán nomear un representante ou apoderado legal único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación (deberán facer constar tal circunstancia tanto na solicitude como na aceptación da concesión da axuda, debendo igualmente facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se lle aplicará a cada un).
      Así mesmo, deberáselle exixir a este tipo de agrupacións sen personalidade xurídica propia o compromiso de non disolución destas ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
      2.B. Documentación específica:
      2.B.1. Memoria do proxecto (en tamaño A4 e sen encadernar), que inclúa separadamente o tratamento, por parte dos solicitantes, dos seguintes puntos:
      2.B.1.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos.
      2.B.1.2. Estratexias de difusión e promoción do proxecto.
      2.B.1.3. Repercusión do proxecto na creación e fomento de públicos para as artes escenicas.
      2.B.1.4. Viabilidade tecnica e económica do proxecto proposto tendo en conta especialmente o orzamento, os recursos empresariais implicados e a adecuación do proxecto e do orzamento aos obxectivos que se perseguen.
      2.B.1.5. Memoria de dirección.
      2.B.2. Certificación acreditativa da titularidade dos dereitos de autor. Nun primeiro momento (e durante o trámite de presentación da solicitude da subvención), poderase achegar unicamente a acreditación da súa solicitude. Non obstante, a dita titularidade deberase acreditar con anterioridade ao aboamento da subvención.
      2.B.3. Memoria da empresa (anexo II).
      2.B.4. Memoria das actividades realizadas pola compañía (anexo III). Non se terán en conta os espectáculos ou funcións non recollidos no anexo.
      2.B.5. Ficha de produción (anexo IV).
      2.B.6. Historial do elenco artístico (anexo V). Só se terán en conta os meritos que xunten a debida acreditación.
      2.B.7. Plan económico financeiro (anexo VI).
      2.B.8. Compromiso de contratación dos integrantes do elenco artístico, asinado tanto pola empresa como polo traballador, coa declaración expresa de non participación en máis de tres proxectos escenicos e referidos os salarios ao convenio en vigor (anexo VII).
      2.B.9. Acreditación documental dos premios á compañía do anexo II, da memoria das actividades realizadas do anexo III e do historial do elenco artístico do anexo V.
      A documentación complementaria presentarase por vía electrónica por aquelas persoas obrigadas a esta. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
      A documentación complementaria, e só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, tamen poderá presentarse por vía electrónica ou en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A documentación poderá ser entregada en soporte papel, CD-Rom ou en memoria USB. En calquera dos soportes que se presenten deberán figurar os mesmos ficheiros e con igual contido. Todos os ficheiros deberán incorporar un índice do seu contido. Os formatos dos ficheiros poderán ser PDF ou Excel. Se se inclúen ficheiros con fotografías ou debuxos, serán en formato JPG.
      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS (AGADIC)

    Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
    15707Santiago de Compostela
    Teléfono: 881996077 / 881996078Fax: 881996080
    Email: agadic@xunta.es

    Versión en formato PDF

    Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da produción da actividade escénica, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para este ano 2017.
    A finalidade das subvencións é o fomento da produción escénica, en calquera das súas modalidades e disciplinas artísticas, por parte de compañías profesionais con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, estreada entre o 1 de abril de 2017 ata o 31 de marzo de 2018. A produción deberá iniciarse no exercicio 2017.

    Beneficiarios:

    1. Dentro dos límites orzamentarios e, de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas, físicas ou xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens ?ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia?, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, quedando exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
    No suposto da modalidade 1 (empresas de nova creación), ademais dos requisitos anteriores, é preciso que a antigüidade da compañía non sexa superior aos 5 anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizarase desde a última data da alta no IAE, na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.
    2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

    Requisitos:

    No suposto da modalidade 1 (empresas de nova creación), ademais dos requisitos anteriores, é preciso que a antigüidade da compañía non sexa superior aos 5 anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizarase desde a última data da alta no IAE, na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.
    Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 23 de decembro de 2016 pola que se aproban as bases de subvencións á produción escénica e se convocan para o ano 2017. (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a promoción e difusión do cinema a través da participación de filmes galegos en festivais e mostras de cinema de prestixio nacional e internacional que teñan lugar fóra de Galicia, dentro do marco das competencias deste organismo, e realizar a súa convocatoria para o ano 2019.

    Gastos subvencionables .

    1. Serán gastos subvencionables aqueles gastos inherentes á participación de películas galegas nalgún dos eventos da base que consistan en:

    a) Gastos en campañas de publicidade e promoción da participación no festival.

    b) Gastos de material promocional (folletos, carteis, carpetas de prensa…) realizado en exclusiva para o evento.

    c) Gastos de contratación de empresas de relacións públicas ou axentes de prensa para realizar exclusivamente o labor durante o evento.

    d) Gastos de transporte para o envío e retorno do material promocional.

    e) Gastos de desprazamento, aloxamento e axudas de custo do equipo da película, debidamente xustificado con facturas dos provedores dos servizos (establecementos, empresas de transportes ou axencia de viaxes), para un máximo de cinco persoas.

    f) Gastos de tiraxe e/ou subtitulado das copias exixidas para participar en cada evento conforme o seu regulamento.

    g) Gastos varios (ata un 5 % do importe da subvención).

    2. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de maneira indubidable, respondan á realización do proxecto. Só se admitirán aqueles gastos que sexan realizados dentro do período comprendido entre o 1 de decembro de 2018 e a fin da data de xustificación establecida nesta convocatoria.

    3. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán optar a estas axudas as persoas físicas e xurídicas, dedicadas profesionalmente á actividade de creación e produción no ámbito audiovisual galego, que leven a cabo algunha das actividades descritas como subvencionables na cláusula seguinte.

    So poderán participar nesta convocatoria aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual. En canto á participación de entidades produtoras, será preciso que a empresa estea dada de alta no IAE na epígrafe 96.1.1. Só se poderá presentar unha única solicitude por obra para cada un dos festivais de cinema que se describen na base quinta desta Resolución.

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    A persoa beneficiaria deberá cumprir as seguintes obrigas:

    a) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos (anexo III).

    b) Levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado.

    c) Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

    d) Facer constar os logotipos da Agadic e da Xunta de Galicia, segundo a súa normativa básica de identidade corporativa, en todos os elementos de difusión relacionados coa actividade subvencionada, excepto no suposto de que a actividade se iniciase antes da presentación da solicitude.

    e) A persoa beneficiaria deberá dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

    f) Xustificará os gastos de conformidade co disposto no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións.

    g) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se fixese antes da solicitude da subvención.

    h) Outras obrigas establecidas na normativa de subvencións.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Será subvencionable a participación de obras audiovisuais galegas en festivais e mostras de cinema de carácter nacional e internacional de recoñecido prestixio e ampla capacidade de difusión que cumpran os seguintes requisitos:

    – O festival ou mostra de cinema debe ter lugar entre o 1 de decembro de 2018 e o 30 de novembro de 2019.

    – O festival ou mostra de cinema corresponderase con algún dos relacionados na cláusula quinta e con algunha das seccións que se especifican.

    2. Unha mesma produción poderá optar á axuda correspondente nun máximo de dous certames.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996077 / 881996078

    Fax: 881996080

    Email: agadic@xunta.es

    Órgano responsable

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 20 de marzo de 2019 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción e difusión do audiovisual galego en festivais e mostras nacionais e internacionais, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 58 do 25 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 20 de marzo de 2019 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción e difusión do audiovisual galego en festivais e mostras nacionais e internacionais, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 58 del 25 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 05/08/2016 - 15/11/2016.

    O prazo para a presentación para os eventos celebrados será dun mes desde o día seguinte ao da publicación no DOG, e para os demais será dun mes desde que se produza a comunicación oficial, non poderá exceder o 15 de novembro de 2016.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • 1. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación administrativa:
      1.1. Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda (9611 produtora audiovisual) no exercicio actual, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
      1.2. Se o solicitante e unha persoa física, DNI ou NIE do solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
      1.3. Se o solicitante e unha persoa xurídica:
      1.3.1. Copia compulsada ou cotexada do NIF ou documento equivalente, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
      1.3.2. Copia compulsada ou cotexada dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.
      1.3.3. Documentación que acredite de forma suficiente a representación de quen asina a solicitude
      1.3.4. Copia compulsada ou cotexada do DNI ou NIE do representante, só no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.
      1.3.5. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
      2. Ademáis, as solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación tecnica:
      2.1. Copia da comunicación de selección no festival ou festivais emitida pola organización en que conste a sección ou categoría.
      2.2. Orzamento de gastos da presenza da produción no festival (anexo II).
      2.3. Copia en DVD da produción obxecto da solicitude.
      3. Esta documentación poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
      No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
      Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS (AGADIC)

    Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
    15707Santiago de Compostela
    Teléfono: 881996077 / 881996078Fax: 881996080
    Email: agadic@xunta.es

    Versión en formato PDF

    Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción e difusión do cine galego a través da participación de filmes galegos en festivais e mostras de cine de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016.

    Beneficiarios:

    Poderán optar a estas axudas todas as persoas físicas ou xurídicas, dedicadas profesionalmente á actividade de creación e produción no eido audiovisual galego, que leven a cabo algunha das actividades descritas como subvencionables na cláusula seguinte.
    Só poderán participar nesta convocatoria aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual. En canto á participación de entidades produtoras, será preciso que a empresa estea dada de alta no IAE na epígrafe 9611.

    Requisitos:

    1. Será subvencionable a participación de obras audiovisuais galegas en festivais e mostras de cine de carácter nacional e internacional de recoñecido prestixio e ampla capacidade de difusión, que cumpra os seguintes requisitos:
    ? O festival ou mostra de cine debe terse celebrado entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2016.
    ? O festival ou mostra de cine corresponderase con algún dos relacionados na cláusula terceira e con algunha das seccións que se especifican.
    2. Unha mesma produción poderá optar a axuda correspondente a un máximo de dous certames.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 19 de xullo de 2016 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións para a promoción e difusión do cine galego en festivais e mostras de cine de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia, e se convocan para o ano 2016. (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 19/01/2017 - 20/02/2017.

    Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

    Prazo de resolución: Catro meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:
      • Copia do proxecto asinado pola persoa coordinadora do equipo de dinamización, co visto e prace do director ou directora do centro. O proxecto deberá analizar a realidade concreta do centro e, a partir dela, establecer os obxectivos e deseñar as actividades que permitan modificar a situación de partida. Desenvolverá os seguintes puntos:
        • a) Breve estudo sociolingüístico actualizado en que se tocarán os puntos que se indican a continuación:
          - A contorna sociolingüística do centro.
          - A situación do profesorado.
          - A situación do alumnado.
          - A situación lingüística do centro.
        • b) Descrición dos obxectivos adecuados a cada un dos catro puntos anteriores.
        • c) Descrición detallada das actividades de dinamización lingüística para cada un dos obxectivos propostos.
      • Cadro resumo das actividades asinado polo director ou directora do centro. No cadro teñen que constar de forma resumida a temporización, o nome da actividade, a persoa ou persoas responsables e o departamento ou departamentos correspondentes, os destinatarios e destinatarias, así como o orzamento previsto e o material necesario para a realización das actividades. O modelo deste cadro resumo figura no anexo II desta orde.
    • A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
    • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
      No caso de que os documentos presentados de forma electrónica pola persoa solicitante ou o seu representante superen os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, os protocolos e o tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DE LUGO

    GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70
    27071Lugo
    Teléfono: 982294162Fax: 982294152

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DE PONTEVEDRA

    GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE PONTEVEDRA

    R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar
    36003Pontevedra
    Teléfono: 986805971Fax: 986805045

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA CORUÑA

    GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA CORUÑA

    R/ Vivente Ferrer, 2
    15008Coruña, A
    Teléfono: 981184720Fax: 981544785

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DE OURENSE

    GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE OURENSE

    R/ Concello, 11
    32003Ourense
    Teléfono: 988386659Fax: 988386600

    Versión en formato PDF

    A presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos de ensino de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega e polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2016/17, e o establecemento de axudas que apoien o seu financiamento.
    As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva.

    Beneficiarios:

    Os centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario.

    Requisitos:

    - Os proxectos e as actividades desenvolvidos ao abeiro desta convocatoria deberanse presentar e desenvolver de acordo coa vixente normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego, fixada pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003, tal e como se establece na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG núm. 84, do 14 de xullo). Así mesmo, respectarán a toponimia oficial nos termos previstos no artigo 10 desta lei.
    - Quedan excluídos das axudas reguladas nesta orde aqueles centros que non xustificasen as axudas recibidas ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2015 pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2015/16 (ED101C) (DOG do 30 de decembro de 2015).
    - Para cumprir coa obriga da axeitada publicidade que impón o artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os centros que reciban axudas para elaborar os proxectos de fomento do uso do galego ao abeiro desta convocatoria están obrigados a integrar o logotipo oficial dos equipos de dinamización da lingua galega tanto nos seus espazos web como nos documentos que difundan as actividades destes equipos. Para poder facelo, a coordinación territorial dos equipos de dinamización da lingua galega remitiralles aos centros o correspondente arquivo. Da mesma forma, a páxina web do centro deberá incluír, entre a información das súas instalacións, imaxes e unha descrición mínima do equipo de dinamización da lingua galega, así como dos seus principais recursos e servizos á comunidade educativa.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 29 de decembro de 2016 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2016/17 (DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2016/17, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican no anexo IV.

    Os cursos impartiranse entre setembro de 2016 e maio de 2017, en horario de mañá ou de tarde.

    *
    O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día seguinte á data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 9 de setembro de 2016, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 12 de decembro de 2016 ata o 2 de xaneiro de 2017, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

    A quen vai dirixido?

    Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

    A onde acudir

    Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

    Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

    S.X. DE APRENDIZAXE PERMANENTE E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

    SERVIZO DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL.

    San Caetano, s/n - Bloque 2, 2º Andar

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546511

    Fax: 981546551

    Órgano responsable

    SERVIZO DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL.

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 4 de agosto de 2016 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. (DOG nº 156 del 19 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.