Solicitude / Autoliquidación de Renovación do Carné de Taxi (Permiso Municipal de Conductor)

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Solicitude de renovación do permiso municipal de conducir.

A quen está dirixido

Persoas en posesión dun carné de taxi e desexen renovalo.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Prazos

A solicitude de renovación deberá ser presentada de conformidade co artigo 26 da Ordenanza Municipal de Taxis.

Documentación requirida

  • Pago das Taxas por renovación de permiso municipal
  • Unha fotografía actualizada en cor
    Deberá entregarse sen ningunha marca de grampa
  • Carné de Conducir (Fotocopia)
  • Certificado expedido polo Ministerio de Xustiza, que acredite a carencia de antecedentes penais. (modelo 790)
    (considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do anuncio).
  • Certificado médico
    Expedido nos termos expresados no artigo 25 da Ordenanza Municipal de Taxi (considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do anuncio).
  • Vida Laboral
    Para o caso de ser o titular da licenza ou estar de alta como asalariado

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Servizo de Transportes

    Concello de Vigo Praza do Rei 1. 36202 Vigo. Teléfono: 986 810 353

    Horario: De 9 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.