Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Gran Cala
Terán a consideración de grandes calas todas as aperturas de solo ou pavimento que non tendo carácter lineal as súas dimensións e características superen os máximos establecidos para as calas.
A quen está dirixido
Calquera persoa ou entidade.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Documentación requirida
- Memoria
A memoria, subscrita por técnico competente, deberá referirse en todo caso aos seguintes aspectos:
a) Descrición das obras a realizar.
b) Relación de materiais a empregar.
c) Localización exacta da beirarrúa ou calzada da obra.
d) Se se prevé actuar sobre cruzamentos de rúas, indicación dos mesmos, datas e duración prevista.
e) Duración estimada da obra.
f) Ocupacións adicionais que se prevean con contedores de escombros, casetas de obras ou similares, debidamente superficiadas.
g) Plan de sinalización e balizamento da obra de acordo co previsto no anexo desta ordenanza.
- Plano de situación
Plano en formato A4 ou A3 sobre a cartografía municipal, subscrito por técnico competente.
- Planos parciais de planta, E1:500
Plano en formato A4 ou A3 sobre a cartografía municipal, subscrito por técnico competente.
- Planos de planta E: 1/2000
Plano en formato A4 ou A3 sobre a cartografía municipal, subscrito por técnico competente, no caso de que fose máis de un os planos do punto anterior.
- Planos do perfil lonxitudinal EH1:1000 EV1:100. Seccións tipo.
Plano en formato A4 ou A3 sobre a cartografía municipal, subscrito por técnico competente, no caso de obras de saneamento.
- Planos de detalle da obra
Plano en formato A4 ou A3 sobre a cartografía municipal, subscrito por técnico competente.
- Plano dos servizos afectados
Plano en formato A4 ou A3 sobre a cartografía municipal, subscrito por técnico competente.
- Orzamento de execución material
Subscrito por técnico competente.
- Estudo de Seguridade e Saúde
- Cando a obra non se execute pola compañía de servizos
- Copia de alta no IAE da empresa que se encargará dos traballos
No caso de terse contratado. En caso contrario, deberá comunicarse ao Concello previamente ao inicio das obras.
- Copia de alta no IAE da empresa que se encargará dos traballos
- Designación de Facultativo Director das obras e Coordinador de seguridade e saúde
- Estudo de xestión e producción de residuos
Trámites relacionados
- Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público. Arranxo de Avarías (Obra menor)
- Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Realización de Cala
- Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Canalizaciones
- Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Obras diversas
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo