PO-001 Licenza de Primeira Ocupación

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Terminadas as obras ou instalacións, autorizadas nas correspondentes licenzas previas, a persoa titular da licenza, no prazo máximo de quince días, porao en coñecemento do Concello de Vigo, mediante o oportuno escrito de solicitude de licenza de primeira ocupación.

A licenza de primeira ocupación acredita que as novas edificacións cumpren os requisitos esixidos para ser destinado ao uso para o cal se autorizou a licenza de obras, nomeadamente que a obra está completamente executada e se axusta á licenza urbanística outorgada.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Presencialmente

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Certificado final de obra orixinal
    Expedido polo/s técnico/s director/es da obra e visado polo colexio profesional correspondente.
  • No caso de variacións de detalle na obra executada
    • Memoria e planos da situación final da obra
      Nos que queden perfectamente recollidas, descritas e identificadas as variacións introducidas.
  • No caso de edificacións de uso residencial
    • Acta de Recepción
      Da obra executada, se se outorgase expresamente, ou a acreditación da recepción tácita.
  • Documento acreditativo de que a obra ou instalación se deu de alta para os efectos do imposto de bens inmobles de natureza urbana
  • Certificado de homologación que acredite a resistencia ao lume das portas RF
    Expedido por un laboratorio homologado (excepto vivendas unifamiliares).
  • Certificado acreditativo do cumprimento das prescricións establecidas no capitulo I do Titulo III da Ordenanza Municipal de Protección do Medio contra a Contaminación Acústica
    Expedido pola empresa ou entidade homologada para estes fins. Na certificación deberá constar expresamente o cumprimento dos requisitos acústicos esixidos.
  • Boletín de Instalación das Infraestructuras Comúns de Telecomunicacións
    No seu caso. En edificios de máis de 20 vivendas ou uso non residencial, certificado final de obra (expedido polo Enxeñeiro ou Enxeñeiro técnico de Telecomunicacións), selados pola Xefatura de Inspección de Telecomunicacións.
  • Se a edificación ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade. No caso de proxectos achegados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS ou do acceso telemático ao Colexio Profesional, unicamente deberá aportar o código
    • Certificación de fin de obra das instalacións
      Conforme estas se executaron de acordo co proxecto e licenzas que se autorizan, asinada polo técnico director e visada polo correspondente colexio profesional.
    • Medicións sonométricas acreditativas do illamento acústico conseguido no local
      Se é o caso e de acordo co disposto ao respecto no manual de procedementos da vixente Ordenanza municipal de ruídos. Todo elo en cumprimento do apartado 2 do artigo 15 da Ordenanza Municipal de Ruídos e punto 2 do apartado: Valores de Referencia e táboa 4 do seu Manual de Procedementos. As medicións deberán ser realizadas por empresa homologada pola Xunta de Galicia, asinadas por técnico competente a empresa homologada.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.