Pago do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO): Liquidación Provisional

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Pago do imposto que grava a realización en todo o termo municipal de calquera construcción, obra ou instalación para a que se esixa licenza urbanística.

A quen está dirixido

As persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos das construccións, instalacións ou obras, sexan ou non propietarios dos inmobles sobre os que se realicen aquelas.

A estes efectos, terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou custes que supoña a súa realización.

No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do mesmo os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da obriga tributaria satisfeita.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Presencialmente

No caso de solicitude de licenza de obra menor :

Deberá facer o pagamento do imposto no momento de presentación da solicitude de licenza.

No caso de solicitude de licenza de obra maior :

Primeiramente fará a solicitude sen ter que pagar nese momento o imposto ( non confundir coa taxa pola concesión de licenza ,que sí terá que facer o pagamento no momento da solicitude ).

Xunto coa concesión de licenza urbanística remitiráselle o impreso de autoliquidación provisional cuberto.

Terá de prazo un mes, desde dita notificación de concesión de licenza, para realizar o pago, en calquera entidade colaboradora na Recadación Municipal, e entregar o correspondente xustificante no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Tamén poderá fraccionar o pagamento das cotas provisionais da seguinte forma:

- 50% da liquidación provisional no prazo dun mes dende a notificación da licenza.

- O resto no prazo de 7 meses desde a notificación daquela.

Esta autoliquidación ten carácter provisional debendo o/a contribuinte, o rematar as obras, presentar certificación do custo real das mesmas co fin de esixir ou reintegrar, no seu caso, a cantidade que corresponda da liquidación definitiva.

Documentación requirida

  • Impreso Autoliquidación Provisional do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

  • Administración de Tributos: Taxas Vía Pública

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 115

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.