OB-006 Licenza de intervencións menores en Edificios Catalogados
Son obras caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza, de edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
Inclúense as obras enumeradas na seguinte relación:- Mantemento de partes non edificables de parcelas e soares:
- Limpeza e roza interior de parcelas e soares, sen movementos de terras nin tala de arborado
- Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
- Mantemento de fachadas dos edificios:
- Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta ( canalóns, baixantes e varandas)
- Limpeza e pintado de fachadas.
- Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.
- Mantemento de cubertas dos edificios:
- Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.
- Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:
- Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local ( auga, gas, electricidade, desaugadoiros ou similar)
- Novas instalacións non encastadas en elementos estruturais ( vigas, pilares, paredes mestras, etc.)
- Mantemento de instalacións comúns do edificio ( ascensor, caldeiras, etc.)
- Mantemento dos acabados interiores dos edificios:
- En paredes, solos e falsos teitos.
- Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica.
Como facelo
Por Internet
Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, ou solicitar o impreso na Xerencia de Urbanismo, e presentar o impreso de solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento.
Unha vez feito o pago, presente o impreso, xunto coa documentación requirida, no Rexistro da Xerencia de Urbanismo de Vigo.
Documentación requirida
- Impreso de solicitude de licenza de intervencións menores en Edificios Catalogados No caso de facer a solicitude neste impreso e non a través do formulario web, deberá solicitar o impreso de autoliquidación no Rexistro da Xerencia de Urbanismo para facer o pagamento correspondente.
- Datos identificativos da persoa solicitante
- Persoas físicas
DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). - Persoas xurídicas
1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. - Comunidade de propietarios
DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
- Persoas físicas
- Plano de situación e localización
A escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente
- Orzamento desglosado
Da obra ou actuación a realizar
- Reportaxe fotográfica
Da fachada da edificación e da zona da obra.
- Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos
- No caso de edificacións situadas nos ámbitos das Ordenanzas 1 e 2 do PXOM vixente
- Memoria xustificativa
Do cumprimento das condicións estéticas, que deberá conter a seguinte documentación:
1. No caso de actuacións dentro do ámbito do PEPRI Casco Vello: Xustificarase o cumprimento do artigo 3.6 da Normativa Urbanística do PEPRI do Casco Vello de Vigo no que se indican as condicións estéticas das edificacións (aprobación definitiva 12.04.07-DOG 6.06.07).
2. No caso de actuacións dentro do ámbito do PEPRI de Bouzas: Xustificarase o cumprimento do capítulo VII: Regulación das condicións estéticas (artigo 50 e seguintes) da Normativa Urbanística do PEPRI de Bouzas (aprobación definitiva 30.09.02-BOP 11.11.02).
3. No caso de actuacións en zona de ordenanza 2: Indicaranse os acabados (materiais, cor e texturas) que se axustarán ó regulado no artigo 8.2 Normas estéticas e de composición das normas urbanísticas do Plan especial de edificios, conxuntos e elementos a conservar, PEEC (aprobación definitiva 25.10.90-BOP 17.01.91).
4. Presentaranse fotografías da fachada e o entorno da edificación, e se se actúa sobre as fachadas incluirase un plano de alzado co estado actual e reformado. Xustificarase a integración dos materiais propostos na fachada existente.
- Memoria xustificativa
- Nos casos de obras en fachadas que necesitan andamios
- Certificado de técnico/a competente
No que se indique que a colocación dos andamios se fai baixo a súa dirección e que reuniran as debidas condicións de seguridade unha vez instalado.
- Certificado de técnico/a competente
- No caso de presentar documentación técnica
- Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
No que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
- Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
Observacións
En edificios non catalogados as obras menores están suxeitas a comunicación previa.
Oficinas
- Xerencia Municipal de Urbanismo
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 349Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa aprobada o día 28/10/2013 (BOP de Pontevedra número 235, do 9 de decembro de 2013), e adaptación dos anexos e dos modelos normalizados á
Trámites relacionados
- OB-007 Licenza de Obra (Varios)
- OB-001 Licenza de Obra Nova
- OB-002 Licenza de Obras de Ampliación / Reestructuración
- OB-003 Licenza de Obras de Reforma e Consolidación
- OB-004 Licenza de Obras de Movemento de Terras
- OB-005 Licenza de Parcelamento ou Informe de Innecesidad de Parcelamento
- OB-008 Licenza de Obra de Reforma Comercial (Edificios Catalogados)
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo