Modificación Datos Persoais no Padrón
O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para tódolos efectos administrativos.
A quen está dirixido
Toda persoa que viva en España ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio onde reside habitualmente.
Este trámite vai dirixido a aquelas persoas inscritas que queren actualizar ou modificar os seus datos persoais.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Presencialmente
Deberá solicitar a corrección nas oficinas do Concello mostrando o documento que acredite o dato correcto.
Documentación requirida
- Documento acreditativo do dato correcto
ORIXINAL, referente ó dato que se modifica.
Observacións
- Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.
- O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.
- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.
Oficinas
- Estatística - Vivendas
Concello de Vigo
Planta Baixa - Praza do Rei nº1
36202 - Vigo
Teléfono: 986 810 132
Lexislación relacionada
- Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento de poboación e demarcación das Entidades Locais
- Real Decreto 2612/1996, de 20 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais aprobado polo Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo
- Real Decreto 3425/2000, de 15 de decembro, sobre inscrición dos españois nos Rexistros de Matrícula das Oficinas Consulares no estranxeiro
Trámites relacionados
- Alta no Padrón Municipal de Habitantes
- Comprobación da Validez dos Xustificantes / Volantes de Empadroamento Emitidos por Internet
- Consulta do estado da tramitación dos certificados de empadroamento emitidos por Internet
- Modificación no Padrón por Cambio de Domicilio dentro do Mesmo Municipio
- Solicitude de Certificado de Empadroamento
- Solicitude de Xustificante / Volante de Empadroamento Familiar
- Solicitude de Xustificante / Volante de Empadroamento Individual
- Consulta do Censo Electoral
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo