Exención das Taxas pola Prestación dos Servizos de Control de Pragas, Desinfección, etc. (Familias Numerosas)
Trámite para, no caso de familias numerosas, quedar exento do pago das taxas pola prestación dos servizos de sanidade preventiva, desinfección, desinsectación, desratización e destrucción de calquera clase de materias e productos contaminantes ou propagadores de xermes nocivos para a saúde pública prestados a domicilio ou por encargo (Ordenanza 19).
A quen está dirixido
Estarán exentos do pagamento das taxas reguladas nesta ordenanza as familias que teñan a condición de familias numerosas, con ingresos brutos anuais, per capita, no exercicio da solicitude inferiores a cantidade establecida no artigo 3 da ordenanza 19.
Para a determinación dos ingresos brutos anuais, per capita, aos exclusivos efectos deste apartado, dividiranse os ingresos brutos computables a efectos do IRPF de tódolos membros da familia entre o número daqueles. Nos casos excepcionais ?por razón de minusvalía- de familias numerosas con dous fillos, computaranse tres fillos en lugar de dous a efectos do cálculo do rendemento bruto per capita.
Como facelo
Presencialmente
Entregar o impreso de solicitude cuberto, xunto coa documentación requerida, no Rexistro Xeral do Concello.
Documentación requirida
- Título de Familia Numerosa
(Fotocopia)
vixente no momento da solicitude.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo