Denuncias Limpeza Pública e Residuos Sólidos Urbanos
A tipicación de infraccións administrativas veñen recollidas no artigo 50 (parcialmente derogado) da Ordenanza Municipal correspondente.
Ademais débese ter en conta:
1. Establécese a obrigación dos propietarios de terreos, urbanizacións de iniciativa particular, edificacións e carteis , de mantelos nas condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino, e con arranxo ás normas de protección do medio ambiente, do patrimonio histórico e rehabilitación.
O Concello ordenará, de oficio ou a instancia de calquera interesado, mediante o correspondente expediente e previa audiencia dos interesados, a execución das obras necesarias para conservar estas condicións, con indicación do prazo de realización. En caso de incumprimento da orde de execución, o Concello procederá á execución subsidiaria da mesma ou á imposición de multas coercitivas ata dobregar a vontade do infractor. (Vid. Art. 199 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia).
2. O abandono, vertedura ou eliminación incontrolado de residuos urbanos (Vid. Art. 3.b da Lei 10/1998 e art. 3 da Lei 10/19997) sen que se producira un dano ou deterioro grave para o medio ambiente ou se puxo en perigo grave a saúde das persoas constitúe unha infracción grave (Vid. Art. 34.3.b en relación co art. 37.2 da Lei 10/1998) segundo a Lei 10/1998.
Sancións: Vid. art. 35.1. b) da Lei 10/1998
3. A non recollida das defecacións de animais na vía pública sanciónase segundo o previsto na Ordenanza Municipal para a protección e tenencia de animais (BOP, nº 119, de 22/06/2000).
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Cubrindo o impreso de denuncia e entregalo no Rexistro Municipal do Concello.
Documentación requirida
- Impreso de Denuncia (2 copias)
Oficinas
- Oficina de Medio Ambiente
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
2º Andar
36202 - Vigo
Teléfonos: 986 810 210 ; 986 810 204Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza Municipal de Limpeza Pública e Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos
- Ordenanza Municipal para a Protección e Tenza de Animais
Lexislación relacionada
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo