Comunicación ou Notificación ao Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos
Trámite para realizar notificacións ou cambios na información recollida no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
A quen está dirixido
Persoas con animais rexistrados no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Cubrir o impreso de solicitude e envialo, xunto coa documentación requerida, se é o caso, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, a través da Carpeta do Cidadán.
Esta opción non é válida no caso de notificación de Baixa por Morte ou Sacrificio, xa que é imprescindible o certificado orixinal do veterinario ou autoridade competente.
Presencialmente
Cubrir o impreso de solicitude e entregalo, xunto coa documentación requerida, se é o caso, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Documentación requirida
- No caso de cambio de Concello de residencia do animal e cambio de propietario
- Copia da modificación no REGIAC
- No caso de esterilización
- Copia da certificación veterinaria acreditativa
- No caso de morte ou sacrificio
- Certificado do veterinario ou autoridade competente
- No caso de cambio de propietario que non implique cambio de Concello
- Copia da licenza municipal de animais potencialmente perigosos
Só se se obtuvo noutro Concello.
- Copia da licenza municipal de animais potencialmente perigosos
Oficinas
- Oficina de Medio Ambiente
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
2º Andar
36202 - Vigo
Teléfonos: 986 810 210 ; 986 810 204Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Trámites relacionados
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo