Inscrición para as Persoas Interesadas nos Talleres de Avellentamento Activo
O departamento de Pólitica de Benestar vai realizar diversas actividades ao longo do ano co obxectivo de potenciar as capacidades e habilidades nas persoas maiores para un bo avellentamento e unha prevención da dependencia.
O avellentamento é unha etapa máis da vida. Nesta etapa igual que noutras prodúcense cambios físicos, psicolóxicos e sociais.
Aínda que durante moito tempo equiparouse o avellentamento a un período de perdas, comprobouse que hai funcións ou capacidades que mantañen a súa actividade ou incluso poden chegar a mellorar gracias á posta en práctica de determinados estilos de vida.
A quen está dirixido
Poden participar as personas con 65 anos ou máis con autonomía total para realizar o taller solicitado, empadroadas no Concello de Vigo independentemente de que sexan socios ou non do centro no que se imparte o taller.
Como facelo
Presencialmente
As persoas interesadas en participar presentarán a súa solicitude, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello.
Prazos
Durante todo o ano ata o mes de setembro.
Documentación requirida
- Fotocopia do DNI
Do solicitante e do seu conxuxe ou parella.
- Fotocopia da última declaración da renda
Positiva ou negativa, correspondente ao último período impositivo do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. (Se asina a autorización do Anexo II, esta información solicitarase directamente polo Concello á Agencia Tributaria)
- Fotocopia da/s pensión/s actual ou prestación/s (INSS, MUFACE,...) que perciba
- No caso de non percibir pensión
- Certificado negativo
- No caso de que a persoa solicitante tivera cónxuxe ou parella de feito
- Achegará a mesma documentación anterior
Entenderase como renda persoal a metade da suma dos ingresos de ambos os membros da parella
- Achegará a mesma documentación anterior
Observacións
Obxectivo dos talleres: O principal obxcetivo é a prevención da dependencia.
- En cada taller participarán un número máximo de 25 persoas. En ocasións o monitor, e para o bo desenvolvemento do taller, poderá axustar o grupo.
- Realizaranse de mañá ou de tarde un día á semana, nun tempo máximo de hora e media.
- A duración será dende o primeiro trimestre do ano ata decembro con vacacións dende o 15 de xuño ao 15 de setembro.
- Corresponde ao Departamento de Pólitica de Benestar facer a selección dos participantes.
No caso de que existan máis solicitudes que prazas será a técnica da Concellería de Política de Benestar a responsable de facer a selección dos participantes, tendo en conta o seguinte orden de criterios:
1ª Ingresos do solicitante: Priorizaranse os ingresos mensuais brutos por orden inverso á contía, é dicir terán preferencia as contías mais baixas.
2º A idade do solicitante: Neste apartado primará a maior idade
3ª En caso de empate: Terase en conta a data e hora da solicitude no rexistro xeral do concello
En caso de que o solicitante e a súa parella queiran participar na actividade, farase a media dos ingresos mensuais brutos e da idade.
Altas, baixas e listas de espera de cada taller.
Corresponde ao Departamento de Politica de Benestar a xestión das baixas e altas nos talleres; nin os centros nin os monitores poderán autorizar a participación nos talleres de novas persoas.
Oficinas
- Rexistro Xeral
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - VigoHorario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo