Transmisións Hereditarias de Nichos, Cinceiros ou Panteóns en Propiedade
Trámite para obter a titularidade da propiedade de nichos, cinceiros ou panteóns en cemiterios municipais por herdanza.
A quen está dirixido
O propietario.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Presencialmente
Presentando a solicitude en documento normalizado xunto coa documentación requirida e o pagamento da taxa correspondente no Rexistro Xeral do Concello.
Na solicitude deberá facer constar os datos persoais do titular, da persoa ou persoas a quen se lle van a transmitir as bocas e os datos destas (cemiterio, libro e folio).
Prazos
O prazo de resolución é de 2 meses aproximadamente.
Documentación requirida
- Título/s de Propiedade
- Impreso de Solicitude de Transmisión Hereditaria de Nichos, Cinceiros ou Panteóns en Propiedade (5 copias)
- Testamento
Se existe, en caso contrario, a Declaración de Herdeiros.
- Escritura de Adxudicación e Aceptación de Herdanza
- Renuncia en favor dos Adxudicatarios
No caso de que existan máis herdeiros que número de bocas.
Observacións
- Ao importe a satisfacer pola taxa correspondente, deberase engadir a cantidade especificada na Ordenanza Reguladora dos Cemiterios Municipais en concepto de expedición do título.
- Non se pode rexistrar a propiedade a nome de varias persoas e só unha boca por herdeiro.
Oficinas
- Oficina de Cemiterios
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
Teléfono: 986 810 112
Fax: 986 437 085
Email: ofi.cemiterios@vigo.orgHorario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo