Transmisións Hereditarias de Nichos, Cinceiros ou Panteóns en Concesión

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Trámite para obter a titularidade da concesión de nichos, cinceiros ou panteóns en cemiterios municipais por herdanza.

A quen está dirixido

O propietario.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Presencialmente

Presentando a solicitude en documento normalizado xunto coa documentación requirida e o pagamento da taxa correspondente no Rexistro Xeral do Concello.

Na solicitude deberá facer constar os datos persoais do titular, da persoa ou persoas a quen se lle van a transmitir as bocas e os datos destas (cemiterio, libro e folio).

Écondición indispensábel que a concesión teña máis de 5 anos.

Prazos

O prazo de resolución é de 2 meses aproximadamente.

Documentación requirida

  • Testamento
    Se existe, en caso contrario, a Declaración de Herdeiros.
  • Escritura de Adxudicación e Aceptación de Herdanza
  • Renuncia en favor dos Adxudicatarios
    No caso de que existan máis herdeiros que número de bocas.
  • Título de Concesión

Observacións

- Ao importe a satisfacer pola taxa correspondente, deberase engadir a cantidade especificada na Ordenanza Reguladora dos Cemiterios Municipais en concepto de expedición do título.

- Non se pode rexistrar a concesión a nome de varias persoas e só unha boca por herdeiro.

Oficinas

  • Oficina de Cemiterios

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
    Teléfono: 986 810 112
    Fax: 986 437 085
    Email: ofi.cemiterios@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.