Solicitude / Autoliquidación de Tratamentos de Desinfección, Desinsectación e Desratización
Tratamentos en vivendas, locais, vehículos, etc de propiedade privada para a eliminación de bacterias, insectos e roedores.
A quen está dirixido
A calquera persoa que, a título particular, desexe efectuar calquera dos tratamentos en instalacións da súa propiedade, previo abono das taxas correspondentes.
Son suxeitos pasivos, obrigados ao pagamento das taxas, as persoas físicas ou xurídicas que ostenten a condición de propietarios dos inmobles relacionados nos apartados a) a j) do artigo 1 da ordenanza 19, as persoas a quen beneficie o servizo prestado, ou o soliciten e aquelas persoas afectadas nos casos en que por precepto legal ou regulamentario, orde gobernativa ou cumprimento de resolucións do Alcalde ou Acordo do Concello, se verifiquen inspeccións e se presten os servizos sinalados na presente ordenanza.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Presentada a solicitude, o Servizo de Desinfección mediante chamada telefónica porase en contacto co interesado para concertar día e hora para facer a inspección previa das instalacións a tratar.
Unha vez adoptadas as medias adecuadas o Servizo de Desinfección levará a cabo o tratamento, entregando ao interesado o certificado da realización do mesmo.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Presentada a solicitude, o Servizo de Desinfección mediante chamada telefónica porase en contacto co interesado para concertar día e hora para facer a inspección previa das instalacións a tratar.
Unha vez adoptadas as medias adecuadas o Servizo de Desinfección levará a cabo o tratamento, entregando ao interesado o certificado da realización do mesmo.
Documentación requirida
- Solicitude / Autoliquidación Taxa de Desinfeccións e Similares
Oficinas
- Rexistro Xeral
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - VigoHorario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
- Servizo de Desinfección
Servizo de Desinfección
Parque Santa Cristina, S/N
36214 Vigo
Telf: 986 281 901
Email: ofi.desinfeccion@vigo.org
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo