Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público. Arranxo de Avarías (Obra menor)
Considéranse obras menores en terreos de dominio público, aquélas de conservación, mantemento e arranxo de avarías, sempre que cumpran as seguintes condicións:
a) Xeométricas:
No solo: Lonxitude máxima: 6 metros.
No subsolo: Ademais, profundidade máxime: 4,5 metros.
b) Temporais: O prazo de execución non poderá superar os 5 días hábiles.
En todo caso, a obra menor, non poderá sobrepasar os 20 metros cadrados.
A quen está dirixido
Calquera persoa ou entidade.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Documentación requirida
- Memoria
Presupostada na que se indicarán as características xeométricas da obra. No caso de obras no subsolo deberá incluírse a profundidade, así mesmo, e no caso de que se pretenda a ocupación temporal do solo durante a obra, un breve resumo sobre o cumprimento do Capítulo V da O.X.V.P.
- Plano de situación
Folla correspondente do P.X.O.U a escala 1:2000 en formato A3. (Deberá incluirse, no seu caso, a superficie adicional á da obra, que se pretenda ocupar temporalmente con casetas ou outros elementos afectos á mesma, deslindándose claramente ámbalas dúas superficies).
- Autorizacións sectoriais
O solicitante deberá presentar as autorizacións sectoriais que se precisen legalmente, especialmente a dos titulares do dominio público distinto ao municipal.
Oficinas
- Departamento de Vías e Obras
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 2º Andar
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 271Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Trámites relacionados
- Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Realización de Cala
- Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Gran Cala
- Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Canalizaciones
- Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Obras diversas
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo