Solicitude / Autoliquidación de Duplicado de Carnés ou Licenzas de Taxi
Solicitude de duplicado do permiso municipal de conducir ou das licenzas de taxi.
A quen está dirixido
Persoas en posesión dun carné ou licenza de taxi e desexen un duplicado por perda ou deterioro.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Prazos
A solicitude de renovación deberá ser presentada de conformidade co artigo 26 da Ordenanza Municipal de Taxis.
Documentación requirida
- Pago das Taxas por duplicado de permiso municipal
- Unha fotografía actualizada en cor
Deberá entregarse sen ningunha marca de grampa
- Carné de Conducir (Fotocopia)
- Vida Laboral
Só para o caso de ser titular dunha licenza ou estar de alta como asalariado.
Oficinas
- Rexistro Xeral
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - VigoHorario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
- Servizo de Transportes
Concello de Vigo Praza do Rei 1. 36202 Vigo. Teléfono: 986 810 353
Horario: De 9 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza Nº 11: Ordenanza Fiscal Reguladora das Taxas relativas ao servizo de transporte urbano de viaxeiros en automóbiles e lixeiros de aluguer con conductor (taxis e vehículos especiais ou de abono)
- Ordenanza Reguladora do Servizo de Taxi da Cidade de Vigo
- Disposición complementaria sobre definición distintivos vehículos adscritos a licencias de taxi no concello de Vigo
- Disposición complementaria bis sobre definición distintivos vehículos adscritos a licencias de taxi no concello de Vigo
Lexislación relacionada
- Lei 4/2013, de 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia
- Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Trámites relacionados
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo