Servizo de Asesoramento Xurídico a Mulleres

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Mediante este servizo, as mulleres reciben asesoramento e orientación xurídica referida a calesquera procedementos xurídicos e xudiciais que teñan en trámite, e calquera tipo de información e consulta xurídica referidas o dereito de familia, penal e civil. Asimesmo se lles informa do dereito á xustiza gratuíta, e acerca de outras cuestións ou servizos relacionados con estes temas.

Tamén, dende este servizo se lles deriva a aqueles outros que procedan e conveñan á usuaria.

A quen está dirixido

A mulleres que acudan ao Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, ou que pidan consulta telefónica.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Pode solicitar a cita previa (deste modo o asesoramento pode facerse máis tranquilo e pormenorizado) a través do correo electrónico info.muller@vigo.org, ainda que tamén atendense as urxencias de modo directo.

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Persoalmente, previa cita se é posible (deste modo o asesoramento pode facerse máis tranquilo e pormenorizado), ainda que tamén se atenden as urxencias de modo directo.

Dirección: C/Romil, nº 20

Por teléfono

Asimesmo, se respostarán consultas telefónicamente cando sexa oportuno.

Teléfono: 986 293 963

Observacións

Neste servizo de asesoramento, ademáis de informar de calesquera cuestións xurídicas de dereito de familia, penal e civil que afecten ou interesen ás mulleres, tamén se fan determinadas xestións, como redacción de informes, xestións cas/os avogadas/os que levan os asuntos, e outras que procedan. Tamén é o paso que da inicio o servizo de teleasistencia móvil para víctimas de malos tratos cando procede.

A principal función deste servizo é a orientación á muller para que atope o mellor camiño para acadar os seus dereitos en aquelas cuestións que lle tinxen, principalmente relacionadas coa sua situación familiar.

Dependendo de cada caso particular, e sempre cunha atención personalizada e coidando de modo especial á verdadeira demanda da muller, se lle informa dos dereitos que lle competen e o modo de acadalos nas situacións de malos tratos, e/ou de separación/divorcio, cuestións económicas relacionadas coa sua situación familiar, procedementos xudiciais relacionados con violencia de xénero (durante ou posteriormente á vida en parella, ordes de protección, incumprimentos de sentenzas,...), cuestións relacionadas coa violencia de calquera índole (agresións ou abusos sexuais, acoso sexual, agresións...) procedementos posteriores ao divorcio (impagos de pensións, incumplimento de visitas, posibilidade de modificación das sentenzas de divorcio, liquidacións,...), e tamén outras cuestións como herdanzas, alugueres, conflictos veciñais, conflictos con terceiras persoas, débedas, etc.

Preguntas frecuentes:

¿Podo irme do meu domicilio? ¿é delito? ¿que teño que facer para non perder dereitos?

¿Que é a custodia dos fillos? ¿quen a otorga? ¿poderían quitarma?

¿Que son malos tratos físicos? ¿Cal é o significado xurídico dos malos tratos psicolóxicos? ¿podo denuncialos?

¿Podo/debo denunciar as ameazas que sufro, se non teño probas?

¿Que é a orde de protección? ¿a quen se lle otorga?

¿Como é o procedemento por malos tratos?

¿Como é o procedemento de divorcio?

¿Poden quitarme a custodia por non ter ingresos propios?

¿Como se regulan as visitas paterno-filiales? ¿podo pedir algún tipo de control?

¿e se non me paga as pensions, que fago?

¿Que son as pensións alimenticias e compensatorias, e cando se dan?

¿éisto abuso sexual?

¿Teño dereito a avogado de oficio?

¿Que medidas para protexerme teño?

¿As débedas do meu home son miñas tamén?

¿Podo cambiar a pechadura de casa?

¿Se traballo, perdo as pensións do meu ex marido? ¿en que casos sucede?

¿Teño dereito a pensión de viudedade do meu ex marido?

¿Teño que manter ó meu fillo maior de idade, que nin estudia nin quere traballar?

¿Onde debo dirixirme para...?

Oficinas

  • Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

    C/ Romil 20
    36203 Vigo
    Teléfono: 986 293 963
    Fax: 986 201 153
    Email: info.muller@vigo.org

    Horario: De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
    O xoves ademáis de 17:00 20:00 horas.

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.