Pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI)
O Imposto sobre Bens Inmobles é un tributo directo de carácter real que grava o valor dos Bens Inmobles sitos no termo municipal de Vigo, establecido con carácter obrigatorio no RDL 2/2004 de 5 de marzo (TR da Lei Reguladora das Facendas Locais).
A quen está dirixido
Os titulares dos seguintes dereitos sobre os bens inmobles rústicos e urbanos, e sobre os inmobles de características especiais:
a) Dunha concesión administrativa sobre os propios inmobles ou sobre os servicios públicos ós que estean afectados.
b) Dun dereito real de superficie.
c) Dun dereito real de usufructo.
d) Do dereito de propiedade.
Existen tipos de inmobles que están exentos e bonificacións no pago (Ver información nas ordenanzas fiscais)
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Este servicio permítelles aos cidadáns pagar os recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet:
1. Cubra os campos baleiros marcados en gris (emisora, referencia, identificación e importe) copiando exactamente os datos que aparecen escritos no recibo que se lle enviou á casa.
2. Comprobe os datos do recibo e inicie o pagamento a través da pasarela segura de Abanca facendo uso da súa tarxeta de crédito.
Presencialmente
Se non ten o pago domiciliado pode realizar o pagamento en calquera das entidades bancarias indicadas na carta de pago ou recibo. Debe facer o ingreso na entidade bancaria dentro do prazo de tempo que se establece cada ano.
Sancións
En todo o relativo a Infraccións tributarias e ás súas cualificacións, así como ás sancións que correspondan, estarase ó disposto na Ordenanza Fiscal Xeral, Lei Xeral Tributaria.
Oficinas
- Oficina do I.B.I.
Concello de Vigo
Administración de Tributos - Departamento de I.B.I.
Planta Baixa
Praza do Rei 1
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 116Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
- Impresión do Recibo para o Pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI)
- Consulta da Información Catastral
- Domiciliación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)
- Certificado de Ter Pago o Recibo do Imposto de Bens Inmobles (IBI)
- Bonificación do 50% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Vivendas de Protección Oficial
- Bonificación do 90% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Empresas de Urbanización, Construción e Promoción Inmobiliaria
- Bonificación do 90% ou 50% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e Exención da Taxa de Recollida de Lixo Vivendas por Familia Numerosa
- Exención do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Bens Comunais e os Montes Veciñais en Man Común
- Exención do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Centros Docentes
- Exención do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Entidades sen Fins Lucrativos
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo