Exención do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Bens Comunais e os Montes Veciñais en Man Común

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Os Bens Comunais e os Montes Veciñais en Man Común están exentos do pago do imposto de bens inmobles.

Son bens comunais ou procomún aqueles cuxa propiedade está atribuída a un conxunto de persoas en razón do lugar onde habitan e que teñen un réxime especial de enaxenación e explotación.

Montes en man común son montes de natureza especial que, con independencia da súa orixe, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas e veñan aproveitándose consuetudinariamente en man común polos membros daquelas na súa condición de veciños.

A quen está dirixido

Titulares de bens comunais e montes veciñais en man común.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Presentando a solicitude e a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

  • Certificación expedida pola Administración Autonómica na que se faga constar que cada unha das parcelas a que se refiren as concretas referencias catastrais para as que se solicita a exención, forman parte do monte en man común
  • De existir unha certificación que inclúa o conxunto das fincas
    • Plano coa delimitación completa do monte en man común
      Marcando a situación das diferentes fincas catastrais no citado plano.

Oficinas

  • Oficina do I.B.I.

    Concello de Vigo
    Administración de Tributos - Departamento de I.B.I.
    Planta Baixa
    Praza do Rei 1
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 116

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.