Domiciliación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)
Este trámite permite domiciliar na conta bancaria o pagamento dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI).
A domiciliación bancaria supón o cargo, o último día do período voluntario, na conta indicada polo contribuinte, do importe do recibo emitido anualmente.
A quen está dirixido
Aqueles obrigados ao pago dun tributo de cobro periódico por recibo.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Dende a Carpeta do Cidadán ten acceso a tódolos seus recibos e pode facer a domiciliación de forma sinxela indicando o número de conta e titular onde quere facer a domiciliación.
Debe facer a domiciliación antes da data fixada polo servizo de recaudación para cada tributo para que a domiciliación sexa efectiva nese ano; se non quedará operativo no seguinte ano e sucesivos. Pode ver as datas dos períodos de pagamento e domiciliación no Calendario do Contribuinte.
Presencialmente
Cubrindo o impreso de orden de domiciliacións de pago e entregándoo, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Cando a conta designada para o cargo dos recibos non sexa de titularidade do obrigado ao pago, o titular da conta debe autorizar expresamente a domiciliación.
Este impreso deberá presentarse antes da data fixada polo servizo de recaudación para cada tributo para que a domiciliación sexa efectiva nese ano. Con posterioridade a este prazo a domiciliación terá efectos para o ano seguinte e sucesivos. Pode ver as datas dos períodos de pagamento e de domiciliación no Calendario do Contribuinte.
Documentación requirida
- Orden de domiciliacións de pago Asinado polo obrigado ao pago (titular do recibo) ou polo titular da conta si é distinto do obrigado ao pago.
- Fotocopia da conta no que figure como titular
Só no caso de facer o trámite presencialmente.
Observacións
As domiciliacións terán validez por tempo indefinido, en tanto non sexan anuladas polo interesado, rexeitadas pola Entidade de depósito ou a Administración dispoña expresamente a súa invalidez por razóns xustificadas (modificación do titular do recibo,...).
Oficinas
- Tesourería - Recadación
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 100 (ext. 1283)Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza Nº 01: Ordenanza Fiscal Xeral
- Ordenanza Nº 02: Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles
Lexislación relacionada
- Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Reglamento Xeral de Recaudación artigo 38
Trámites relacionados
- Domiciliación do Imposto de Actividades Económicas (IAE)
- Domiciliación da Taxa pola Recollida de Lixo Vivendas
- Domiciliación do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)
- Impresión do Recibo para o Pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI)
- Modificación dos datos bancarios para a domiciliación dos tributos municipais de cobro periódico
- Domiciliación da Taxa de Exaccións Unificadas Industriais (EUI)
- Certificado de Ter Pago o Recibo do Imposto de Bens Inmobles (IBI)
- Pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI)
- Impresión do Recibo para o Pagamento da Taxa de Exaccións Unificadas Industriais (EUI)
- Bonificación do 50% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Vivendas de Protección Oficial
- Bonificación do 90% ou 50% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e Exención da Taxa de Recollida de Lixo Vivendas por Familia Numerosa
- Bonificación do 90% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Empresas de Urbanización, Construción e Promoción Inmobiliaria
- Baixa da domiciliación de impostos e taxas
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo