CP-007 Comunicación Previa de Inicio de Obra Nova Autorizada (Presentación Proxecto de Execución)
O inicio das obras de nova edificación, ampliación ou reestruturación xeral autorizadas mediante a correspondente licenza urbanística, esixe a presentación no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo da comunicación previa de inicio das obras achegando ademais o correspondente Proxecto de execución, no caso de que non se tivese presentado previamente, e a documentación complementaria que proceda.
No caso de proxectos de execución que modifiquen o proxecto básico autorizado, o interesado deberá solicitar previamente a oportuna licenza, coa documentación esixida e non poderá iniciar a obra en tanto non obteña nova licenza. Considerase que se altera significativamente o proxecto cando se produzan cambios de uso, cando se vexan afectadas as condicións de volume e forma dos edificios, a posición e ocupación do edificio na parcela; a edificabilidade; alturas; recuados e separación a lindeiro; número de vivendas; condicións de seguridade e outras similares.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Presencialmente
Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.
Documentación requirida
- Datos identificativos da persoa solicitante
- Persoas físicas
DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). - Persoas xurídicas
1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
- Persoas físicas
- Proxecto de execución
No caso de que non se tivese presentado previamente.
- Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións
Redactado polo técnico competente de acordo co RD. lei 1/1998, no caso de que non se tivese presentado previamente (edificacións con división horizontal)
- Estudo de Seguridade e Saúde
Segundo RD 1627/1997 redactado polo técnico competente, no caso de que non se tivese presentado previamente.
- Proxecto técnico da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria
Redactado por técnico competente. Se é o caso e non se tivese presentado previamente.
- Oficio da dirección da execución da obra
No caso de que non se tivese presentado previamente.
- Estudio de xestión de residuos
Segundo R.d. 105/2008
- Nomeamento do contratista e xustificación de alta para os efectos do imposto de actividades económicas
No caso de que non se tivese presentado previamente
- Documento de declaración responsable
Asinado polo técnico redactor do proxecto onde sinale que o proxecto técnico de execución se axusta e desenvolve ás determinacións do proxecto básico que serviu para a concesión da licenza sen introducir modificacións substanciais.
Oficinas
- Xerencia Municipal de Urbanismo
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 349Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativaaprobada o día 28/10/2013 (BOPPO 235, de 09/12/2013), e adaptación dos anexos e dos modelos normalizados á 15/03/19 (BOPPO de Pontevedra 101, de 29/05/2019)
- Nota Informativa: Efectos das Comunicacións Previas
Trámites relacionados
- CP-002 Comunicación Previa de Obras de Adaptación de Locais para Actividades
- CP-003 Comunicación Previa de Cambio de Titularidade da Actividade
- CP-004 Comunicación Previa para Obras Menores Exentas de Licenza
- CP-009 Comunicación Previa de Estacións ou Instalacións Radioeléctricas
- CP-006 Comunicación previa de cambio de titularidade de licenzas de obra
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo