CP-004 Comunicación Previa para Obras Menores Exentas de Licenza
Mediante a comunicación previa as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración Pública competente os seus datos identificativos e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 70.1 da lei 30/1992, de 23 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Relación de obras menores suxeitas ao réxime de comunicación previa
1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e solares:
1a. Limpeza e desbroce interior de parcelas e solares, sen movementos de terras nin tala de arboredo.
1b. Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
2. Mantemento de fachadas dos edificios:
2a. Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta ( canalóns, baixantes e varandas)
2b. Limpeza e pintado de fachadas.
2c. Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.
3. Mantemento de cubertas dos edificios:
3a. Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.
4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:
4a. Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local ( auga, gas, electricidade, desagüe ou similar)
4b. Novas instalacións non encastradas en elementos estruturais ( vigas, pilares, paredes mestras, etc.)
4c. Mantemento de instalacións comúns do edificio ( ascensor, caldeiras, etc.)
5. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:
5a. En paredes, solos e falsos teitos.
5b. Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.
O resto das obras menores nas que é necesario achegar documentación técnica tramitaranse tamén polo procedemento de comunicación previa descrito para obras maiores, peches e rótulos.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Importante: Non poderá completar a solicitude se non achega toda a documentación requirida. Teña preparada devandita documentación en formato dixital para achegala no momento en que se lle pida.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da lei Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, ou solicitar o impreso na Xerencia de Urbanismo, e presentar o impreso de solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento.
Unha vez feito o pago, presente o impreso, xunto coa documentación requirida, no Rexistro da Xerencia de Urbanismo de Vigo.
Prazos
A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.
Documentación requirida
- Solicitude de comunicación previa de obras menores No caso de facer a solicitude neste impreso e non a través do formulario web, deberá solicitar o impreso de autoliquidación no Rexistro da Xerencia de Urbanismo para facer o pagamento correspondente.
- Datos identificativos da persoa solicitante
- Persoas físicas
DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). - Persoas xurídicas
1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. - Comunidade de propietarios
DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
- Persoas físicas
- Plano de situación e localización
A escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente.
Admítese en substitución, a Consulta Descritiva e Gráfica de Datos Catastrais do ben inmoble.
https://www1.sedecatastro.gob.es/CYCBienInmueble/OVCBusqueda.aspx
- Orzamento desglosado
Da obra ou actuación a realizar.
- Reportaxe fotográfica
Da fachada da edificación e da zona da obra.
- Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos
(copia). Xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
- No caso de edificacións situadas nos ámbitos das Ordenanzas 1 e 2 do PXOM vixente
- Memoria xustificativa
Do cumprimento das condicións estéticas, que deberá conter a seguinte documentación:
1. No caso de actuacións dentro do ámbito do PEPRI Casco Vello: Xustificarase o cumprimento do artigo 3.6 da Normativa Urbanística do PEPRI do Casco Vello de Vigo no que se indican as condicións estéticas das edificacións (aprobación definitiva 12.04.07-DOG 6.06.07).
2. No caso de actuacións dentro do ámbito do PEPRI de Bouzas: Xustificarase o cumprimento do capítulo VII: Regulación das condicións estéticas (artigo 50 e seguintes) da Normativa Urbanística do PEPRI de Bouzas (aprobación definitiva 30.09.02-BOP 11.11.02).
3. No caso de actuacións en zona de ordenanza 2: Indicaranse os acabados (materiais, cor e texturas) que se axustarán ó regulado no artigo 8.2 Normas estéticas e de composición das normas urbanísticas do Plan especial de edificios, conxuntos e elementos a conservar, PEEC (aprobación definitiva 25.10.90-BOP 17.01.91).
4. Presentaranse fotografías da fachada e o entorno da edificación, e se se actúa sobre as fachadas incluirase un plano de alzado co estado actual e reformado. Xustificarase a integración dos materiais propostos na fachada existente.
- Memoria xustificativa
- Nos casos de obras en fachadas que necesitan andamios
- Certificado de técnico/a competente
No que se indique que a colocación dos andamios se fai baixo a súa dirección e que reuniran as debidas condicións de seguridade unha vez instalado.
- Certificado de técnico/a competente
- No caso de presentar documentación técnica
- Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
No que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
- Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
Observacións
En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.
Oficinas
- Xerencia Municipal de Urbanismo
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 349Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativaaprobada o día 28/10/2013 (BOPPO 235, de 09/12/2013), e adaptación dos anexos e dos modelos normalizados á 15/03/19 (BOPPO de Pontevedra 101, de 29/05/2019)
- Nota Informativa: Efectos das Comunicacións Previas
Trámites relacionados
- CP-002 Comunicación Previa de Obras de Adaptación de Locais para Actividades
- CP-003 Comunicación Previa de Cambio de Titularidade da Actividade
- CP-007 Comunicación Previa de Inicio de Obra Nova Autorizada (Presentación Proxecto de Execución)
- CP-009 Comunicación Previa de Estacións ou Instalacións Radioeléctricas
- CP-006 Comunicación previa de cambio de titularidade de licenzas de obra
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo