Certificado de Ter Pago o Recibo de Exaccións Unificadas (EUI)

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

O certificado de ter pago o recibo de Exaccións Unificadas é un documento que xustifica ter efectuado o pago do tributo a todolos efectos.

A quen está dirixido

Aquelas persoas obrigadas ao pago que precisen por calquer motivo un xustificante de ter realizado o pago dun tributo municipal.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Pode imprimir directamente desde Internet o certificado de forma inmediata e gratuita.

Para emitir un certificado de pagamento de recibos dos impostos municipais na súa propia casa, ten que cubrir os campos baleiros: DNI, código tributario e tipo de imposto a pagar. O código tributario pode copialo do recibo. Pode tamén facelo dende a Carpeta do Cidadán sen necesidade de coñecer o código tributario.

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Pode obtelo directamente na oficina de "Recadación Voluntaria" de forma inmediata e gratuita.

Documentación requirida

  • Impreso de pagamento da taxa pola expedición de documentos
    Para uso na tramitación presencial.
  • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte do solicitante

Oficinas

  • Tesourería - Recadación

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 100 (ext. 1283)

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.