Certificado de Non Ter Débedas co Concello de Vigo
Documento que acredita non ten débedas de calquera tipo co Concello de Vigo.
A quen está dirixido
Calquera persoa.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Unha vez que cubra os datos prema no botón de tramitar e imprima o resgardo da solicitude.
Unha vez feito o pago e rexistrada a solicitude, o certificado solicitado estará dispoñible na súa carpeta cidadá cando estea realizado (aproximadamente 1 día hábil).Presencialmente
Deberá facer a solicitude en impreso normalizado e entregalo, xunto co xustificante do pagamento da taxa por expedición de documentos, no rexistro xeral do Concello.
Pode consultar o importe da tarifa da taxa na Ordenanza nº 10.
Documentación requirida
- Impreso de pagamento da taxa pola expedición de documentos
- No caso de que o solicitante actúe a través de representante, ademais:
- Acreditación da representación para solicitar o certificado de non ter débedas co Concello de Vigo
- Fotocopia do DNI (do representante)
Oficinas
- Rexistro Xeral
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - VigoHorario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
- Tesourería Municipal - Caixa
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Pranta Baixa
36202 - Vigo
Teléfono: 986 810 124
Email: ofi.tesocaixa@vigo.orgHorario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
- Certificado de non ter débedas polo Imposto de Vehículos (IVTM)
- Certificado de non ter débedas polo Imposto do IAE
- Certificado de estar ao corrente de pago dos tributos municipais para contratos
- Certificado de estar ao corrente de pago dos tributos municipais para subvencións
- Certificado de non ter débedas pola taxa de recollida de Lixo Vivenda
- Certificado de non ter débedas pola taxa de Exaccións Unificadas Industriais (EUI)
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo