Autorización de Acceso ao Casco Histórico para Usuarios de Garaxe

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Para poder circular polo Casco Vello Alto con seus vehículos polas rúas Cruz Verde, Ferrería, San Sebastián, Subida ao Castelo, Herba, Praza de Arguelles e a rúa de Santiago, deberán obter autorización municipal (distintivo e máis tarxeta magnética intelixente), previa solicitude do interesado nas oficinas administrativas da Policía Local, achegando a documentación que se indica nos apartados seguintes.

A autorización de acceso da dereito a entrar e circular na zona afectada polo sistema de control e tamén a estacionar o vehículo por tempo non superior a cinco minutos.

A quen está dirixido

Ser usuarios de garaxes, situados no casco vello alto

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

A documentación a achegar é a mesma tanto se realiza a solicitude por primeira vez como se é unha renovación.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Presencialmente

Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e presentalo, xunto coa documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello.

Por correo

Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e envialo, xunto coa documentación requirida ao Rexistro do Xeral Concello..

Sancións

Os titulares de autorizacións están obrigados a comunicar ao Concello de Vigo, no prazo máximo de quince días hábiles, calquera modificación respecto á titularidade do vehículo, residencia do propietario e demais datos e circunstancias tidas en conta na concesión da autorización. De non se comunicar as modificacións operadas, o Concelleiro Delegado poderá denegar a súa renovación por un período máximo de tres anos.

Documentación requirida

  • Permiso de Conducir
  • DNI
  • Documento que acredite ser propietario/arrendatario dunha praza de garaxe situada na zona delimitada

Observacións

Se se produce un cambio de vehículo deberá realizar novamente a solicitude coa documentación pertinente.

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.